Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Que alguén mo explique.. que fai Pepe?
Escrito por xpab   
sábado, 22 de septiembre de 2007

O outro día (sábado) leín unha noticia na voz de Galicia que non entendín. Como non quero criticar ou apoiar sen entender do que falo, pido colaboración do escaso (pero selecto) público desta páxina para aclarar unha proposta do grupo de goberno de Brigantio, motivo da comentada noticia.

Parece ser que se está a elaborar un "plan de movilidad" para a praza García Irmáns. Fala de "reestructuración de espacios"(?) en tal praza, unha "mejor distribución" dos mesmos. Tamén dí que o plan "trate de evitar que se produzcan las concentraciones en un punto determinado"(?)

Para rematar, a noticia dí que "El objetivo de este proyecto es el de crear nuevas zonas de paso y de comunicación, tanto interna en la propia plaza como entre este lugar y su entorno."(?)

Prefiro gardarme a miña interpretación persoal do que significa esto, pero dende logo eu digo... ¿que prioridade ten esto?... ¿vai ser gratis?, porque, senón... ¿non haberá outras cousas mellores onde empregar os (tan escasos) cartos?

Por se esto soou a crítica, quero decir que aí atrás tamén leera no mesmo medio que se pretendían poñer os postos de mercados imitando algún modelo de cidades italianas, onde os propios postos se recollen unha vez acabada a acción comercial de tal forma que quedan "convertidos" en bancos onde antes había un posto. Eso sí me parecía unha boa idea.

Pero bueno, retomando a parte principal da noticia, quero acabar coa petición-título, así que, por favor, con respecto a ese tema, que alguén mo explique.