Contenido
Todo | Visita real |
| Escrito por xpab | |
| sábado, 03 de noviembre de 2007 | |
|
¿Debe darse tanta importancia á visita a unhas cidades por parte dos seus actuais reises? Para Marrocos a resposta é contundente e clara. O pais veciño sureño non ve con bos ollos a visita dos soberanos a un territorio que teñen intención de recuperar como fixeron hai un anos con outros enclaves africanos que pertencian ó (daquela aínda) réxime. O que habería que intentar, na miña modesta opinión, era non seguir fomentando as friccións entre norte e sur, entre moros e cristiáns. Pero por outra parte, hoxe en día Ceuta e Melilla son tan españolas como Donosti ou Girona, así que ós habitantes dalí teñen tanto dereito a ser visitados polos seus reises como outro español calquera. Así que, aí está o dilema. Ceder ou non ceder. Pero a miña opinión está clara: por cousas menores empezaron conflictos, e os conflictos hainos que evitar ante todo. Dende logo o destas cidades é un tema complicado, pero débese chegar a unha solución pacífica e negociada. O ideal sería preguntarlles á xente deses lugares a que pais queren pertencer, e zanxar o asunto dunha vez. Pero xa se sabe que neste mundo o utópico e arranxar as cousas polas boas. O que é seguro é que os que saen na foto dabaixo e a súa camarillada son os que poden provocar conflictos, pero sangrar vailles tocar a outros. Se chegamos a ese extremo, que non conten conmigo.
|