Inicio


 
 

Resultados 11 - 15 de 279
Autor : xpab

Unha reunión pacífica e de bo ambiente. Así se resume a xornada do sábado 17 na nave abandoada de Eroski da zona do pasatempo. Ainda que a policía fixo amago de desmontar todo, finalmente permitíu que se levase a cabo durante todo o día. Ata 200 persoas de pico según  a organización se deron cita no Karre representando a tódolos grupos da fauna betanceira e da comarca. Tamén houbo unha pequena recaudación para axuda á construcción de novos módulos de Skate e para cubrir os gastos do evento. A pesar de que a algún non lle importaría que houbese algunha pequena incidencia para poder entoar el "ya te lo dije", finalmente e felizmente, non pasou NADA, dando outra vez exemplo de civismo a rapazada autóctona, algo que escasea tanto na xente nova hoxe en día.

Antes de pasar á crónica máis "técnica" de Javi do que pasou neste primeiro Woodstock betanceiro en "Leer Más" onde se poden ver máis fotos, é necesario citar que todo esto ocorreu gracias á iniciativa propia de Jovendemente e Jasava, ademáis da colaboración de moita xente, dende Estela no posto de bebidas ata Ezequiel na mesa de mezclas e moitos outros que o que escribe non ten o gusto de coñecer. Tamén habería que agradecer á poli por non cargarse todo e pola súa comprensión, e á xente da praza do concello que colaborou co acto, é decir, Bugarín.


Ambiente co primeiro grupo da tarde: Sra / sr / sra

18/04/2010 | 461 Hits | 3 comentario(s) | Read more...

Autor : xpab

A pesar de que as máximas autoridades políticas do pobo aseguran que autoridades eclesiásticas lles din que os anos de máxima afluencia no camiño de Santiago son os inmediatamente anteriores e os inmediatamente posteriores ós anos santos, desde Brigantio estamos lixeiramente en desacordo, e por eso neste ano tan sinalado decidimos facer unha reportaxe do camiño inglés hacia Santiago durante o seu paso polo concello de Betanzos. Coa colaboracíon de Juanito, dous dos administradores de Brigantio e a bici do terceiro deles, conseguimos cubrir nunha tarde o percorrido peregrín. Se alguén quere ver un resumo, pulsar en LEER MÁS.

 

Comezamos o camiño en Viñas, na estrada Ferrol-Betanzos 

11/04/2010 | 352 Hits | 6 comentario(s) | Read more...

Autor : xpab

O que se viña rumoreando todas estas semanas semanas sobre o gran concerto no karre, por fin ocurrirá. Como algúns xa hai moito tempo que se cansaron de que os concelleiros só se movan para ir a cobrar a nómina, tiraron de contactos, xeneradores e algún centro comercial abandonado e organizaron o KARRE 4 LIFE. En concreto, os pais da criatura son os colaboradores habituais da páxina, os semi-administradores Jasava e Jovendemente. Será o vindeiro sábado 17 e terá actividades de skate e concerto, con barra para quen desexe tomar un piscolabis. O acceso será de balde. O cartel é o seguinte....

 


Para os que desexen comentar algo do evento, ademáis desta propia páxina (quizáis a oficial do acto), teñen un enlace nesa trapallada chamada facebook, pinchando aquí.

E para os máis  despistados, unha axuda para atopar o evento (preguntar polo pasatempo, o acto será detrás, ou simplemente guiarse polo barullo).

 


Ver Karre Skatepark en un mapa más grande

Aquí unha imaxe cos lugares máis destacados, para asegurarnos que ninguén se nos perda:

 

 

Dende aquí só nos queda desexar que saia todo ben, que non pase nada, que non acabe todo como no macrobotellón de informática, onde a xuventude desquiciada e imbécil mostrou de que é capaz. Esperemos ver a outra xuventude, a solidaria, participativa e constructiva, para que den ganas de repetir o evento e a nós de dar outra noticia do mesmo. Que Betanzos siga sendo un exemplo do que o pobo pode facer se hai ganas cando non hai ninguén disposto a facelo por él.

07/04/2010 | 421 Hits | 9 comentario(s)

Autor : xpab

Aparentemente no concello non fan nada para entreter ó persoal. Aparentemente estamos nun concello sen vida, sen nada que facer máis que ir ás terracitas e rezar para que non choiva. Pero non. Estamos nun concello onde a aventura prima por enriba de todo. A continuación detállase a descripción do concurso "Arriesga tu vida en Betanzos", cuxo gañador podrá despilfarrar os euros do concello nunha viaxe turística a Collepasso. Trátase dun concurso onde só os máis fortes fisica e moralmente acadaran a meta. Pulsa "Leer Más..." para coñecer en que consiste.

Moi poucos chegarán ó final....

03/04/2010 | 207 Hits | 1 comment | Read more...

Autor : valen

 

Fai moito tempo atrás, nunha lonxana vila dun lonxano país, tivo lugar un feito que a moitos deixou coa boca aberta. O monarca que dominara a cidade durante séculos con man de ferro foi derrotado e derrocado por un grupo de xente heteroxéneo e de humilde estrato, por campesiños, por costureiras e por afiadores. Todos eles xuntos, coa única forza da ilusión, conseguiron o que nin os mais vellos do lugar crian posible: cambiar as cousas.  (Segue tras o Leer mas...)

18/03/2010 | 306 Hits | 3 comentario(s) | Read more...

  

Powered by AlphaContent 3.0.4 © 2005-2010 - All rights reserved