Inicio


 
 

Resultados 41 - 45 de 279
Autor : xpab

Agora que se fala tanto dos coches eléctricos e de hidróxeno para tratar de darlle un respiro á terra (ou para facer negocio de forma politicamente correcta, dirían os mal pensados), algunhas vilas cercanas poñen os seu graíño de area con propostas realmente interesantes. En concreto, a curmá grande de Brigantio, tamén famosa por un faro disque romano, puso en marcha un alugueiro de bicis. Ata hai unha páxina (www.bicicoruna.com)  onde se recolle toda a información. Se queres saber algún detalle máis, amplía.



 

16/09/2009 | 545 Hits | 11 comentario(s) | Read more...

Autor : valen

Suele pasar que cuando uno busca algo, ya sea físicamente o dentro del virtual mundo de los bits, acaba encontrando otra cosa distinta que creía perdida para siempre. Este es el caso de los siguientos documentos recolectados en este artículo, todos ellos testigos mudos del paso del tiempo y de la caida de pelo de muchos. Tras el Leer más, el resto.

 

09/09/2009 | 459 Hits | 1 comment | Read more...

Autor : valen

     

Esta vez as gradas non estiveron cheas de bandeiras de partidos políticos, si non de xente. As bancadas ateigadas de persoas de toda condición e idade preocupadas tan só en animar e arroupar a un equipo de fútbol máxico, de outro planeta, doutra galaxía.

Un cheo absoluto en Riazor como xa fai tempo que que non ocorría convertiu un simple evento deportivo en todo un espectáculo, nunha sinfonía de fútbol brilante e inmortal ante a que moitos quedaron coa boca aberta.

Unha das cabezas pensantes de Brigantio.com, ademais de eu mismo, tivemos o pracer e o privilexio de acudir a esta auténtica festa do deporte o pasado sábado, polo que a continuación paso a relatar un pouco o alí sucedido cunhas cantas fotos e algún que outro video que quedarán como testemuñas desta nova demostración de poderío da selección. Tras o Leer más, coma sempre.

08/09/2009 | 599 Hits | 7 comentario(s) | Read more...

Autor : xpab

Chegou o momento para a nosa selección. Partido clave hoxe en Riazor. Máis de 30000 ánimas irán a animar ós paisanos asturianos, cataláns ou brasileiros que representan á ROJA. Bueno, á que esta noite será roja, porque o rival tamén o é na maioría das veces que xoga.

En frente á ROJA, a temible Bélxica. Todo un partidazo: o equipo que perdeu 0-2 coa temible EEUU vs o cuarto clasificado dun grupo con potencias como Bosnia ou Estonia. Dende logo merecerá a pena pagar os prezos "populares" de ata 60 euros para ver ese desplegue de figuras. Por se houbera xa poucos alicientes, se se rebusca un pouco nas gradas tamén se poderá atopar á parte galega da selección. Todos os galegos nas gradas. Ese será o importante lugar a ocupar por Diego López na selección.

O espectáculo estará asegurado. Cun pouco de sorte, o representativo Manolo del Bombo deixará a imaxe de ESPAÑA ben alta. Antes de comezar o partido, a cantar os himnos. Bueno, perdón, para cantar un himno hai que saber francés ou  holandes ou alemán ("O Belgique, ô mère chérie, A toi nos coeurs, à toi nos bras..."). Pero non preocuparse, para o himno español tamén un se pode poñer a tarear como galo na corte. Para eso temos o "canta con Espe". Véndoo un sinte orgullo de pertencer a esta gran nación.

Pois eso, quería formar parte da festa, neste lugar -Coruña- ideal para un partido da selección. Neste lugar onde por ir a ver a once paisanos galegos xogar ó fútbol es tan nacionalista como por non ir a ver á tomatina. Neste sitio onde está tan mal visto ser rojo como non ser da roja. Neste sitio onde ir a ver á selección galega é  un acto político pero ir a ver á selección española é só ir a ver fútbol.

De seguro que a delegación brigantiona que estará no partido fará unha interesante crónica do partido (hai que aproveitar, xa que os estadios galegos non soen ser os elexidos para  "vestirse" de vermello e amarelo). Esperemos que esta noite se lembren de sacar fotos onde se vexa como o campo anima ós nosos representantes. En fin, que sorte poder animar a Sergio Ramos.....

 

 

05/09/2009 | 551 Hits | 13 comentario(s)

Autor : xpab

Primeira participión na carreira betanceira da xente Brigantio. Os catro participantes do equipo Brigantio -Alexito, Óscar, Pablo e Juan M (alias "Diego Villaverde") remataron a carreira e ningún acabou de último. A categoría dos catro, a máis competitiva, xa que era a masculina de entre 20 e 39 anos. Pódense ver varios links ás fotos da carreira aquí e aquí (creo que van a poñer máis, se tal amplío a noticia ou poño un comentario co novo link -actualización 08/09/09 aquí-) ,e a clasificación aquí (hai que seleccionar a carreira e a categoría correspondente). Se queres ver as fotos exclusivas Brigantio e unha pequena descripción da carreira, amplía a noticia.


Os Espartanos de Brigantio. As "nenazas" quedaron en casa.


30/08/2009 | 639 Hits | 6 comentario(s) | Read more...

  

Powered by AlphaContent 3.0.4 © 2005-2010 - All rights reserved