¡¡O que da de sí unha saidiña en Coruña cos colegas (debidamente bañada en caña fresca)!! Xa se achega aí o fin de ano (é o que ten ser maior de 25 anos, que o tempo pasa voando....), e, como non, o cansino concurso de gigoló/gigolá/miss/mister brigantio 20xx.
Sen embargo, para darlle a benbida á nova década decidimos non seguir a política municipal de perpetuar as actividades das festas per seculum seculorum e imos tratar de dar un pouco de aire fresco á festa de fin de ano. Para iso, a (des)organización decidíu retirar definitivamente o concurso de gigoló ou sucedáneos. No seu lugar, nace o Enxendro Brigantio 2010.
Neste evento vai participar ó completo toda a dirección de Brigantio.com. Eu, señor Xpab, creador da critura baixo os efectos da rica spaten voume adicar á parte máis técnica, máis aburrida, para que Valen e Alexito poñan o arte. Eu vou a explicar en que consiste, falar das bases e tamén farei o reconto de votos (porque, sí, señores, esta vez tamén vai ter que haber participación). No seu debido momento explicarei que parte lles corresponde ós outros dous. Tamén destacar ó resto do pleno que argallou a idea, onde estaban ademáis dos compoñentes de brigantio alexito e xpab, as señoritas Laura e Leire (que sacaron o tema e tiraron da imaxinación) Xeme (co sufraxio xemístico de votacións) e, como non, Juan M. (coa súa gran idea de "presentación" do enxendro).
Pois ben, ó gran. A idea é sinxela. Trátase de crear duas personaxes (unha masculina e outra femenina) con "cachos" de "xente Brigantio". Cada "enxendro" terá uns ollos, un nariz, unha boca, unhas orellas, un pelo (ou zona cabelluda ou "ex"cabelluda) e un corpo de persoas distintas. Para decidilo, na sección de comentarios cada persoa (identificada, por favor) vai a dar o seu voto, do estilo:
ollos->leticia sabater
nariz->Rosi de palma
boca->risitas
orellas->ibarretxe
pelo->cristina pato
corpo->po zí
Por suposto as persoas elexidas serán xente brigantio. E para describilas precísase a un experto da prosa caricaturesca. E aí entra Alexito. Proximamente (e esto SI está garantizado que Alexito o faga e non caia en saco roto como todos os seus concertos, discos ou films) Alexito describirá con fotos a tódol@s candidatos. Entón, para facer unha cousa amena e non ter que facer miles de votos, elas elexiran os rasgos da enxendra e eles os rasgos do enxendro nos comentarios desa futura noticia. Outra cousa a ter en conta é que un home/muller só pode gañar nunha categoría. Se gaña en varias, elexirase aquela na que gañe por unha maior cantidade de puntos (sistema Alexito/Xeme). Nas outras nas que gañase, escollaríase o primeiro que non fora escollido xa para outra categoría.
¿E despois que? Pois aí entra o señor ValenEinstein, para construír ó noso enxendro e á nosa enxendra. Anos de experiencia no fotoxop fan que este home esté capacitado para facelo. Unha vez feito, os enxendros imprimiranse en papel ben grande e presentaranse, con ceremonia previa (as imaxes serán gardados con celo ata o gran momento), no gran finde ruinas palace 2010.
Así que ide preparando os votos. Esta vez a cousa vai con (moooooito) tempo. Que se prepare Brigantio. Está en marcha a creación de miss e mister Briganstein 2010.
