Inicio arrow Contenido
Contenido

 
 

Resultados 21 - 25 de 295
Autor : alex

Lejos quedan ya aquellos tiempos en los que Brigantio.com era la página de referencia para todos los asistentes a esta ya tradicional evento que es la Patacada.

 

De hecho, hace justo 3 años que nació este espacio "libre", y lo hizo, en parte para promocionar y promover la II edición de la Patacada. Fue en 2007, y podéis ver lo que se comentaba en esa época en las primeras noticias de esta página.

 

Eran otros tiempos, tal y como se muestra en la imagen.

Juan y Ángel Carro en el Pleistoceno

Como hemos dicho, el tiempo ha pasado, pero los tradicionales eventos se mantienen...por eso, este Sábado 18 se celebra, en la ciudad olímpica de Illobre, la V o VI (el Alzheimer...) edición de la Patacada, evento gastronómico - cultural promovido por Pablo Seoane y patrocinado por Brigantio.com. El evento, que comenzará a las 8 de la tarde (aunque las principales estrellas del mismo no llegarán hasta las 9.30, según las previsiones más optimistas), se caracteriza este año por batir récords de participación y contar, pese a la crisis mundial existente, con el presupuesto más elevado de todas las ediciones.

Dale a "LEER MÄS" si quieres conocer, con más detalle, una breve historia de la Patacada


18/06/2010 | 141 Hits | 3 comentario(s) | Read more...

Autor : xpab

Ainda que pareza mentira, aínda sigue habendo en Betanzos asociacións que se adican a organizar cousas para o lecer da xente. Unha delas é  o Club Btt Caimanes Betanzos que organiza ruteiros para facer en bicicleta de montaña. 

Un deles será a terceira edición da Ruta da Auga o próximo domingo 18 de xullo, que transcorre polos concellos de Paderne, Coirós, Irixoa e Betanzos e que ten tres variades de dificultade e dureza: Iniciación (22km), Ruta (43km) e Maratón (67km).

O precio de inscripción é de 15 euros ata o 12 de xullo (cifra que se incrementa 5 euros se a inscripción se fai máis tarde) máis os 8 euros do seguro. Contarase coa colaboración da policía e protección civil e avituallamento. Máis datos na páxina dos Caimanes, aquí

Pois nada, a animarse e así, ademáis de facer deporte e pasar un día polos nosos montes, contribuiredes a que organizacións como os Caimanes sigan facendo actividades deste tipo, vendo que poden contar coa participación da xente. Aquí deixo o carteliño.


12/06/2010 | 107 Hits

Autor : xpab

Outra vez o patín e outra vez o Gales ofrecerán unha alternativa para saír da monotonía o venres 11 de xuño.

Un par de vídeos de B&B (Betanzos e Barcelona, dúas das mecas do Skate) farán as delicias dos aficcionados ó deporte das táboas con rodas. O evento está organizado polo brigantiono Jasava, que non cansa de facer o que os políticos de verdade deste pobo teñen prohibido para que a vida dos veciños sexa un pouco máis levadeira: traballar. 

Aquí deixo o cartel, por se alguén se decide finalmente a pasar polo Gales a ver uns vídeos de skate con sabor a Harley.



08/06/2010 | 107 Hits | 1 comment

Autor : xpab

Que mellor ano que un ano Xacobeo para facer un dos camiños menos transitados (a lo menos ata agora) de Santiago. Trátase da Vía da Prata, que orixinalmente unía (cousas de romanos) Sevilla con Astorga. Hoxe en día toma un desvío para chegar á capital de Galicia.

Jovendemente e quen escribe fixemos unha parte do traxecto entre os meses de abril e maio, o correspondiente ó tramo andaluz-estremeño, entre Sevilla e Grimaldo (norte de Cáceres).En xeral pódese decir que se trata dun traxecto duro, onde o sol castiga á pel e a mochila ós pés e ós hombreiros. A ausencia de albergues nos primeiros tramos fai que as etapas non sexan moi configurables, elexindo, en ocasións, entre facer tramos minúsculos ou xigantescos. Nós fixemos dende 10 km nun día ata 45 km, pasando por tramos de 20, 30, 15, etc...

Non se trata dun camiño moi saturado. Hai sobre todo xente maior, extranxeira e "madurita". A maioría tamén con marcada tendencia relixiosa. A partir da zona de Mérida parece que se empeza a heteroxeneizar un pouco máis o tipo de xente. Pero eso é algo que non tivemos moito tempo a ver... nesta viaxe.

A continuación en "Leer Más" describo un pouco como foi e poño unhas cantas fotos. Espero que guste.

 

Empezando a ruta en Sevilla, ós pes da Giralda 


02/06/2010 | 169 Hits | 3 comentario(s) | Read more...

Autor : xpab

Había moito que un vídeo non "triunfaba" tanto na xente brigantio. A verdade é que é moi gracioso e o vin varias veces dende que Angelito nolo descubríu. Supoño que en parte porque moitos nos sentimos identificados co que vemos. Como se di nalgún dos comentarios, hoxe en día non é normal ver o que mostra o vídeo (un par de rapaces -quizáis irmans?- xogando con cocheciños de plástico) senón que é máis normal velos diante dunha pantalla xogando á consola ou chateando.

Ambientado nalgunha aldea de Galicia, o final é apoteósico. A disfrutalo.

 

29/05/2010 | 237 Hits | 4 comentario(s)

  

Powered by AlphaContent 3.0.4 © 2005-2010 - All rights reserved
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Hay 7 invitados en línea