Estívose retomando estos días a posibilidade de alugar un día fixo tódalas semanas a pista do instituto. Habería unha base aceptable de xente (Valen, Villa, Félix, Pena, Sera, Bello...) algúns dependendo do díá en que se fixese. En principio hai que confirmar a uns poucos e despois só habería que poñer o día. Se alguén lee esto e lle interesa, que o comente ou o poña no foro.
Imposible facer pachangas
Enviada por:xpab||13-1-2008 ||
A pesar de que hai vontade para ir a xogar de bastante xente, segue sendo imposible ter garantías de pavillón para a práctica (seca) do fútbol sala. O finde de reises tivemos que acabar en Ois, i no finde do día 12 nin sequera nos molestamos en intentar nada en parte pola falta de efectivos (a día de hoxe, sen Álex Conse e cía. está moi compricado facer algo). A ver se hai sorte nos próximos findes.
E os xogadores do conse.... que?
Enviada por:xpab||6-10-2007 ||
Esta noticia trata de respostar a unha cuestión que todo aficcionado consino ten en mente: que pasa cos (xa) ex-xogadores do conse?
A parte das baixas xa mencionadas de Adri e Paulo, tamén causarían baixa obrigada Álex e Sera, por motivos docentes e laborais, respectivamente. Villa tomou a decisión de abandonar o fútbol polo badminton. Os demáis que acudían regularmente (é decir, Seoane Brothers, Aaron e Argui) terán outros equipos onde mostrar a súa calidade (no caso dos dous últimos) ou tomarán un obrigado ano sabático ó non recibir ofertas doutros equipos (no caso dos dous irmáns).
Páxina de pachangas
Enviada por:xpab||21-9-2007 ||
Dado que salvo miragre, esta páxina non volverá a representar a un equipo, vai sufrir unha pequena transformación en canto contido, non en canto a aspecto. O caso é que pouco a pouco o foro desta páxina foise convertindo nun dos medios máis utilizados para as convocatorias de pachangas. Polo tanto, aproveitando ese aspecto, a partir de agora as noticias estarán relacionadas coas quedadas e resumos de algunha pachanga interesante.
Polo tanto, co obxetivo de informar sobre as pachangas seguiremos poñendo noticias tan puntualmente coma sempre, utilizando o foro para coordinar, un foro libre onde todo o mundo pode decir o que queira. Agora, só queda que a xente o siga utilizando.
A esperanza apágase lentamente
Enviada por:xpab||20-9-2007 ||
Había esperanzas de que finalmente houbese liga en Betanzos, pero os días van pasando e non hai noticias que fagan presaxiar unha competición na cidade Brigantina. As posibilidades de saír do pobo antóxanse difíciles, xa que en Guísamo parece ser que o prazo acaba esta semana e non é factible apuntarse cunha base de 5 futbolistas, i en Coirós as opcións son practicamente nulas, xa que os posibles reforzos conxemalistas non serían posibles. Polo tanto, do décimo ano parece que non pasamos. Como diría o músico do Titanic ós seus compañeiros antes de afundir o barco: compañeiros, foi un pracer tocar con vós.
Unha luz entre a penumbra: Barral xogaría
Enviada por:xpab||20-8-2007 ||
Pois sí, en caso de que houbese equipo, o bravo xogador militaría nas filas do Conse. Con el xa hai 7 confirmados para xogar fixo, xa que se une a Argui, Dani, Pablo, Mauro, Alexito e Ramón (este último xogaría no caso de a liga a xogar fose en Betanzos).
Periga o futuro no conse... haberá 11ava temporada?
Enviada por:xpab||21-7-2007 ||
Dúas baixas únense ó carro das que había anunciadas ata agora. Villa é posible que se dedique semiprofesionalmente ó badminton, co cal causaría baixa, e Sera vai a currar a Ourense en principio ata Decembro. Co cal, dos que ían con regularidade o ano pasado só quedan os irmáns Seoane, Argui e Aaron. Demasiado pouco para formar un equipo de garantías.
Posible retorno de ramón
Enviada por:xpab||8-7-2007 ||
A estas alturas do ano, as únicas noticias que hai para poñer son as de fichaxes e baixas. Pero tamén hai retornos. Trátase dun retorno condicionado a xogar en Betanzos. O mítico cerre Ramón está disposto a xogar o ano que ven no Conse, sempre que haxa sitio, cousa bastante probable. O xogador volvería á disciplina tras botar varios anos sen xogar, debido ó desterro do Conse polas distintas ligas da comarca. Polo tanto, se hai liga en Betanzos, o bloque do Conse comezaría a ter forma.
Participación en fútbol praia dos xogadores do Conse
Enviada por:xpab||14-6-2007 ||
Algúns dos xogadores do Conse foron invitados a xogar en prestixiosos equipos da comarca para o torneo de fútbol praia de Sada. Así, a representación principal do Conse nesta disciplina de fútbol estará no Brigantio, repetindo presencia Pablo, Sera, Bello e Dani. Por outro lado, Álex xogará nun novo equipo que se fará para a ocasión, ainda que non hai nada confirmado. Tamén hai rumores de que podería formar parte deste novo equipo o xogador consino (de alma, non de corpo) Juan M. Argui queda á espera de que haxa algunha vacante no Brigantio. Recordemos que no palmarés deste xove equipo está chegar ós oitavos de final na única participación no torneo mariñán.
Fotos Patacada.... para os despistados
Enviada por:xpab||3-6-2007 ||
Boas. Despois de este parón dende o final da liga, escribo para informar por se hai algún despistado que pense que as fotos da II Patacada se van a poñer na galería desta páxina. Finalmente as fotos (as de Valen e as miñas) poranse na páxina pai desta, en www.brigantio.com no apartado de galerías. Non sexades impacientes, xa que o día no que se publica esta noticia aínda non hai nada subido, pero garantizado que as fotos da patacada estarán publicadas nuns días.
Canarias, Pais Vasco...
Supoñendo que o Visitor locations non se equivoque, parece que recibimos visitas dende bastantes lugares do globo. Tendo en conta que hai algúns que se equivocan ou chegan por casualidade, e outros que sei perfectamente quen é quen nos visita, segue habendo algúns que non me cadran, como os de Canarias ou Pais Vasco. Así que se alguén de alí lee esto, que se anime a poñer algo no foro, polo menos para saber que o Visitor non se está equivocando.