Como se de cousa de meigas se tratase, foi poñer aquí a noticia de que non ía haber fútbol praia este anos e ó pouco enterarnos que sí ía haber. No equipo haberá representación consina, ainda que menos que noutros anos. Os PabloS consinos son os elexidos. Vémonos en Sada.
Parece que non haberá Brigantio
Enviada por:xpab||25-6-2008 ||
Tras estar rematando Xuño e non ter noticias dos organizadores do fútbol praia Sada, parece que este verano o entorno Conse vai a ser tan seco futbolisticamente como climatoloxicamente. Os xogadores do antigo conse que xogaban en tal equipo (Seoane Brother, Sera e Argui) mantiñan en igual porcentaxe a intención clara de participar e a incertidumbre da súa participación. A ver que sucede nos próximos días.
¿Día de pachangas?
Enviada por:xpab||14-1-2008 ||
Estívose retomando estos días a posibilidade de alugar un día fixo tódalas semanas a pista do instituto. Habería unha base aceptable de xente (Valen, Villa, Félix, Pena, Sera, Bello...) algúns dependendo do díá en que se fixese. En principio hai que confirmar a uns poucos e despois só habería que poñer o día. Se alguén lee esto e lle interesa, que o comente ou o poña no foro.
Imposible facer pachangas
Enviada por:xpab||13-1-2008 ||
A pesar de que hai vontade para ir a xogar de bastante xente, segue sendo imposible ter garantías de pavillón para a práctica (seca) do fútbol sala. O finde de reises tivemos que acabar en Ois, i no finde do día 12 nin sequera nos molestamos en intentar nada en parte pola falta de efectivos (a día de hoxe, sen Álex Conse e cía. está moi compricado facer algo). A ver se hai sorte nos próximos findes.
E os xogadores do conse.... que?
Enviada por:xpab||6-10-2007 ||
Esta noticia trata de respostar a unha cuestión que todo aficcionado consino ten en mente: que pasa cos (xa) ex-xogadores do conse?
A parte das baixas xa mencionadas de Adri e Paulo, tamén causarían baixa obrigada Álex e Sera, por motivos docentes e laborais, respectivamente. Villa tomou a decisión de abandonar o fútbol polo badminton. Os demáis que acudían regularmente (é decir, Seoane Brothers, Aaron e Argui) terán outros equipos onde mostrar a súa calidade (no caso dos dous últimos) ou tomarán un obrigado ano sabático ó non recibir ofertas doutros equipos (no caso dos dous irmáns).
Páxina de pachangas
Enviada por:xpab||21-9-2007 ||
Dado que salvo miragre, esta páxina non volverá a representar a un equipo, vai sufrir unha pequena transformación en canto contido, non en canto a aspecto. O caso é que pouco a pouco o foro desta páxina foise convertindo nun dos medios máis utilizados para as convocatorias de pachangas. Polo tanto, aproveitando ese aspecto, a partir de agora as noticias estarán relacionadas coas quedadas e resumos de algunha pachanga interesante.
Polo tanto, co obxetivo de informar sobre as pachangas seguiremos poñendo noticias tan puntualmente coma sempre, utilizando o foro para coordinar, un foro libre onde todo o mundo pode decir o que queira. Agora, só queda que a xente o siga utilizando.
A esperanza apágase lentamente
Enviada por:xpab||20-9-2007 ||
Había esperanzas de que finalmente houbese liga en Betanzos, pero os días van pasando e non hai noticias que fagan presaxiar unha competición na cidade Brigantina. As posibilidades de saír do pobo antóxanse difíciles, xa que en Guísamo parece ser que o prazo acaba esta semana e non é factible apuntarse cunha base de 5 futbolistas, i en Coirós as opcións son practicamente nulas, xa que os posibles reforzos conxemalistas non serían posibles. Polo tanto, do décimo ano parece que non pasamos. Como diría o músico do Titanic ós seus compañeiros antes de afundir o barco: compañeiros, foi un pracer tocar con vós.
Unha luz entre a penumbra: Barral xogaría
Enviada por:xpab||20-8-2007 ||
Pois sí, en caso de que houbese equipo, o bravo xogador militaría nas filas do Conse. Con el xa hai 7 confirmados para xogar fixo, xa que se une a Argui, Dani, Pablo, Mauro, Alexito e Ramón (este último xogaría no caso de a liga a xogar fose en Betanzos).
Periga o futuro no conse... haberá 11ava temporada?
Enviada por:xpab||21-7-2007 ||
Dúas baixas únense ó carro das que había anunciadas ata agora. Villa é posible que se dedique semiprofesionalmente ó badminton, co cal causaría baixa, e Sera vai a currar a Ourense en principio ata Decembro. Co cal, dos que ían con regularidade o ano pasado só quedan os irmáns Seoane, Argui e Aaron. Demasiado pouco para formar un equipo de garantías.
Posible retorno de ramón
Enviada por:xpab||8-7-2007 ||
A estas alturas do ano, as únicas noticias que hai para poñer son as de fichaxes e baixas. Pero tamén hai retornos. Trátase dun retorno condicionado a xogar en Betanzos. O mítico cerre Ramón está disposto a xogar o ano que ven no Conse, sempre que haxa sitio, cousa bastante probable. O xogador volvería á disciplina tras botar varios anos sen xogar, debido ó desterro do Conse polas distintas ligas da comarca. Polo tanto, se hai liga en Betanzos, o bloque do Conse comezaría a ter forma.