Crónicas máis actuais:
Conse:3-Costa Dulce:1
A sorte alíase co Conse para dar a sorpresa
Por: xpab , 9-5-2007
Formaron: Aaron, Villa(por. 2), Dani, Pablo, Álex. (Argui, Adri, Sera).
Por unha vez na historia, o Conse soubo xogar coas circunstancias e impúxose nun choque no que en ningún momento houbo perigo de quedar fora. A eliminatoria quedou nas nosas mans ó chegar tarde o equipo rival. Se nós queríamos, simplemente estaríamos en cuartos con 3-0. Pero algúns dos xogadores prefiriron sen embargo xogar o partido. O rival, mermado, non deixaba de ser o segundo do outro grupo de liga (onde, en teoría, parece ser que había bastante menos nivel), así que as precaucións foron máximas. Sen embargo, o Conse apretou dende os primeiros minutos e sacou os seus froitos. Así, Sera non tardaría en adiantar ó conse cun tiro raso ladeado sorprendendo a un porteiro rival de circunstancias. Na mini-primeira parte (durou 9 minutos, xa que nos 11 primeiros non había rival, pero corrían igual) non deu tempo para moito máis. Nada máis comezar a segunda, Pablo culmina unha boa xogada de Álex, facendo o 2-0. Ó pouco de comezar a segunda parte, veu o quinto xogador rival, pero o Conse de este partido estaba moi seguro en defensa, cun moi bo Villa. A sorpresa culminaríase cun terceiro gol de Aaron, que mataba o partido contra un rival xa moi cansado. A partir de aí, estivo máis preto o cuarto gol do conse que o primeiro rival, xa que Dani, Argui (sobre todo) fallaron ocasións clarísimas. Faltando un par de minutos, o rival marcaría o gol da honra, e sen tempo para máis (Dani veu unha tarxeta amarela por agarrón), o representante rival tivo o bonito xesto de agradecer que agardáramos por eles, para así ter a lo menos unha oportunidade. En cuartos agarda S. Sidipal, onde probablemente xa non teñamos a sorte deste partido e onde realmente hai que dalo callo se queremos pasar. Pero o que está claro é que xa podemos decir:
Cuartos, alí estaremos
Conse:3-S. Sidipal:6
Bo final de campaña
Por: xpab , 17-5-2007
Formaron: Argui (foi sustituído por Iván no medio da primeira parte, con 0-2), Pablo, Álex, Villa, Sera (Dani, Clifford, Aaron).
O partido tivo tres partes perfectamente diferenciadas. En primeiro lugar está n a previa do partido e os primeiros minutos. Nesta parte parecía que sería un típico partido onde se vai a pasar o rato rozando o ridículo. Na previa, o montón de xogadores rivais que se estaban presentando, sumado á tardanza dos nosos propios xogadores, creou un clima de pesimismo. Nos primeiros minutos, o rival non tardou en adiantarse cun gol de fortuna nun tiro desviado por Álex. Só uns minutos despois, chegaría o 0-2 que poñía o partido moi costa arriba, nunha contra perfectamente definida. Mediado o primeiro periodo comezou a segunda parte da eliminatoria. Aí houbo un punto de inflexión provocado en parte pola inflada de moral que provocou a aparición de Iván. O partido igualouse máis, e Conse estaba decidido a meterse no partido. Uns minutos antes do descanso, Pablo acurtaba distancias nun remate algo forzado tras córner ben sacado por Argui. O bo xogo dos últimos minutos da primeira parte fixo que o Conse comezara a segunda coa moral polas nubes. Entón chegou o momento clave no que Álex estivo a punto de cambiar o rumbo do partido. En primeiro lugar cun tiro que saíu lamendo o pau tras un rexeite doutro tiro e co porteiro descolocado, e despois nunha internada pola banda na que o tiro final saíu rexeitado polo pau da portería. Inmediatamente na contra, o Sidipal non desaproveitaría un 3 contra 1 para sentenciar o partido co 1-3. Todo o traballo dos minutos anteriores foise polo chan. A partir de aí comezou a terceira e derradeira parte da eliminatoria. Nun par de xogadas inmediatamente posteriores o rival foise ata un inalcanzable 1-5 (se é que non o era xa o 1-3). Pese á pelea que seguíu dando o Conse, e a non baixar nunca os brazos, os minutos ían pasando e os intentos por acurtar eran infructuosos. Ó contrario do que desexaba a xente do Conse, o que marcou un gol foi o Semillas, para afundirnos un pouquiño máis. A partir de aí sí que houbo certa relaxación rival, o que nos permitíu acurtar distancias, primeiro nunha boa xogada de Aaron para o poñer o 2-6 e finalmente cun gol de Dani tras a saída dun córner para rematar a eliminatoria e a temporada.
Conse:1-S. Sidipal:3
Mal comezo, para variar
Por: xpab , 27-12-2006
Formaron: Pablo, Sera, Paulo, Dani, Adri (Villa, Clifford, Bello).
Foi este un partido de resistencia consina. A pesar da aparente superioridade rival, o conse mantivo as posibilidades de empatar ata o último segundo. Na primeira parte, adiantámonos gracias a un gol de Paulo, que estrea o seu casilleiro de goles. Ademáis hai que destacar a estrea de Adri, que estivo notable para ser o seu primeiro día. Ó descanso chegouse cun 1-2 adverso que ben poderían ser máis se non fora pola boa actuación de Pablo. Na segunda parte, quedou Adri. O Conse tivo boas oportunidades nos primeiros minutos desta parte, pero ó final o rival conseguiría nunha das súas numerosas contras bater a Adri a uns poucos segundos do final. Clifford veu unha amarela por dura entrada.
Conse:3-S. Sidipal:5
A derrota máis axustada
Por: xpab , 23-1-2007
Formaron: Sera, Aaron (port 2), Dani, Pablo, Argui (Adry, Villa, Bello).
A diferencia fundamental co resto de crónicas que se levan feito ata agora de tódalas derrotas con esta, é que en este partido houbo posibilidades reais de levar os 3 puntos. Non se tratou dunha parte pasaxeira do partido, senón que plantamos cara ata o final. O mesmo ocorrera na primeira volta contra este equipo, pero non se lles dera tanta guerra. Sorprendeu tamén a baixa de última hora de Álex, así como tamén sorprendeu, pero en outro sentido, a presencia de David. O principal artífice de que houbese partido ata o final foi Sera. Primeiro, facendo boas paradas de porteiro, e segundo, por facer dous fermosos goles. Comezando polo principio, decir que o rival non tardou en adiantarse no marcador. Un fallo de marcaxe típico neste equipo, propiciou que un xogador rival se plantase so diante de Sera para rematar a pracer. Lonxe de baixar os brazos, o Conse atacou e tuvo varias oportunidades para empatar, como un dobre disparo de Argui ou un remate de Dani que saiu lamendo o pau. Ó descanso chegábase con un axustado 0-1. Entón saíu Sera. Chegáronlle uns minutos para darlle a volta ó marcador e poñer un fermoso 2-1, tras unha falta e unha contra rematada maxistralmente. Pero a mala noticia é que o rival tampouco baixou os brazos, e fixo a remontada inversa: 2-3. Aínda David volvería a dar esperanzas tras marcar o empate cun forte tiro raso. Pero entón o Conse mostrou as carencias defensivas que leva mostrando toda a temporada personificadas nos Seoane Brothers. Unhas débiles e indecisas coberturas propiciaron que o rival sentenciase cun un par de goles, para facer dos últimos minutos unha búsqueda infructuosa do conse para recurtar distancias.
Conse:3-Conxegal:0
Unha parte para cada equipo
Por: xpab , 31-1-2007
Formaron: Iván, Pablo, Sera, Dani, Álex (Villa, Bello, Argui, Aaron(2 parte)).
Neste partido dous xogadores foron os protagonistas, repártíndose as partes. Na primeira, un excelente Iván sacou todo o que se achegou pola súa meta, e na segunda Sera marcou un dos goles desta liga. Na primeira parte xogamos contra un rival agazapado, que xogaba todas as súas bazas ó contragolpe. De feito, só a mala puntería final e un bo Iván, evitaron que se adiantasen no marcador. Aínda que nós dispusemos tamén das nosas, a débil presión en defensa e certa desgana fixeron perigar o partido. A clave estaría en marcar un gol. Véndonos arriba no marcador, e cun rival cansado, todo sería máis doado. E así foi. No descanso decidíuse que se ía presionar, xa que tiñamos (coa aparición de Aaron preto do descanso) 4 cambios(!!!). O que fai falar ás veces... E aí si que non houbo cor. Cunha asfisiante presión e uns ataques rápidos, comezaron a vir as acasións. Nunha veces os paus e noutras o porteiro, facían que non chegara o ansiado gol. Pero entón (e xa é o segundo partido no que pasa) apareceu Sera. Xa tuvera un par de ensaios antes, pero finalmente saíulle A XOGADA. Tras recurtar a varios defensores dentro da área e tumbar o porteiro, un pince sútil por enriba do cancerbeiro e golazo e obación xeral. Foi o gol que cambiou definitivamente o partido. Pronto sentenciaría Villa cun bo gol, nun balón que lle viñera á perna boa tras un reseite que el mesmo lanzara coa súa menos boa. Para poñer a guinda, cun rival xa entregado, apareceu David, que marcou o seu gol (soe acudir á cita) tras un rexeite, compensando o que fallara a portería valeira na primeira parte. Por fin este equipo ten pinta de equipo. A ver canto dura... ;-)
Conse:3-Comercial Veiga:4
O Comercial só tivo que esperar ós erros defensivos
Por: xpab , 8-2-2007
Formaron: Pablo, Dani, Villa, Sera, Álex (Argui, Aaron, Bello).
Con cinco xogadores xustos e tamén a xusta calidad, só hai unha cousa que se pode facer, agardar os erros do rival. Con esta idea tan sinxela foi o Comercial, e contra nós, como era de agardar, saíulle ben. Un par de contras e un par de erros garrafales foron suficientes para batirnos. A nosa presión de chiste e o rizado de rizo en certas xogadas foron os nosos pecados en defensa. Pese a que sempre fomos por diante no marcador, o rival nunha baixou os brazos. Así, Dani adiantaba ó Conse ó pouco de comezar o partido, tras un pase dun balón ben peleado por Villa. Parecía que pintaban ben as cousas, pero neste mundo de miseria futbolística no que vivimos, non temos nin un respiro. Tras varias ocasións para ambos equipos, Pablo era batido nunha (como non!!) contra cunha baselina. Sen embargo, o Conse seguíu xogando relativamente ben, e Villa remataba un gol de cabeza tras córner mal defendido polo rival e ben sacado por Argui. Con este resultado se chegaba ó descanso. Da segunda parte pouco máis co gol de Sera se pode salvar. No rexeite do lanzamento dunha falta, ninguén
quere (si, si, ninguén
quere ) despexar, e o rival aproveita o erro para volver a empatar. Non pasaba nada, quedaba moito partido e o gol de Sera. Éste chegou tras un caño a un rival e despois dun tiro cruzado. Non podía ser de outra maneira. Sen embargo a partir de aí, o Conse non soubo manexar o partido. Noutra contra, un rival gáñalle as espaldas a Argui e empata o partido. O Comercial, satisfeito co empate, limitábase a agardar outro erro. I este erro chegou, mezcla da nosa inocencia e dunha suposta fora non pitada ó noso favor. Con uns 40 segundo, hai un máis que probable córner ó noso favor. O árbitro non ve nada, o porteiro saca, 30 segundos, e gol. Final do partido. Foi así de triste, máis ou menos.
Conse:1-A nosa Viña:11
A previsible derrota contra A Nosa Viña foi esta vez de escándalo
Por: xpab , 12-2-2007
Formaron: Iván, Dani, Pablo, Aaron e Álex (Villa).
A pregunta neste partido era canto íamos aguantar antes do diluvio. A resposta foi sobre uns 10 minutos. A partir de aí, despiporre e pouco que contar na primeira parte. A aproximademente un gol por minuto, e cunha xogada stándar da que o Conse non se soubo defender (pase á banda e devolver ó medio para empuxar), a chosca non tardou en tomar forma. O resultado ó descanso mostraba un desesperanzador 0-8. Sen embargo, o Conse sacou a pouca dignidade que lle quedaba para non saír co resultado récord en contra da temporada (ademáis contra un equipo sen trocos), e funcionou relativamente ben,
tapando a xogada que nos volvera tolos na primeira parte. Incluso se estivo unha morea de tempo dende o descanso cun parcial de 1-1, tras o 1-9 marcado por Dani. Finalmente caeron un par de goles máis do equipo rival(nesta segunda parte con máis fortuna que gloria), ante un Iván que neste partido non puido facer gran cousa.
Conse:0-Praia de Gandaría:1
Faltou pouco para dar a sorpresa
Por: xpab , 1-3-2007
Formaron: Argui, Pablo, Aaron, Adri, Álex.(Dani, Clifford)
A falta de pólvora e de efectivos en ataque fixo que o Conse non levara algo positivo deste partido. Unha aceptable defensa cun bo Argui (que quedou todo o partido) alonxaron o perigo da portería durante unha boa parte do partido. Sen embargo, á hora de atacar non houbo ideas, e a pelota sempre afogaba na defensa rival. O
praias, moi inxenuo (esperou sempre, cando chegaba con que presionase un pouco para rematarnos) sempre nos deixou levar a iniciativa, unha iniciativa que non existía. O gol foi madrugador, e foi facilitado por unha pifia dun, aínda frío, Pablo, que non chegou a despexar un balón por alto. Con ese gol, o rival adicouse a agardar e na primeira parte apenas houbo ocasións nun aburrido ir e vir.
Na segunda máis do mesmo, pero os praieros non daban rematado o partido, o cal nos daba folgos para intentar conseguer, como fose, o gol que nos dera un punto e a vida na competición. Sen embargo, quitando algún barullo na área rival, as ocasións máis claras foron deles, cun balón lamendo o pau nun un contra un contra Argui e un tiro que sacou baixo paus Pablo. Como incidencia, decir que Álex veu un tarxeta amarela por un falta na primeira parte.
Despois deste partido queda como prato forte o P. San Isidro. Despois temos 3 rivais da
nosa liga:
Prosenorsa(próximo rival), Baña e Ouces.
Conse:5-Prosenosa:5
Partido embarullado que tivo de todo
Por: xpab , 8-3-2007
Formaron:Adri, Álex, Villa, Pablo e Aaron (Dani (port. 2ª), Argui, Bello, Sera).
O Conse deixou escapar 2 puntos na recta final que practicamente sentenciarían a súa presencia na copa. Ben é certo que o rival era moito mellor técnicamente, pero tamén é certo que non se pode empatar un partido cando se gaña de 2 a falta de poucos minutos. Foi un partido tolo onde o rival atacaba moito pero deixaba moi descoidada a defensa. Non tardaron moito en chegar os goles. O primeiro foi nun ataque rojillo que pillou a tódolos xogadores do Conse aínda fríos. A partir de aí, o protagonismo positivo e negativo recaería sobre Álex. Primeiro marcando un bo gol que nos daba esperanzas, e despois lesionándose nunha escordadura de xeonllo producida por un mal xesto. Co empate a uns reanudábase o que quedaba de primeira parte. Noutra mala defensa, o rival volvíase poñer por diante. Pero aí estaba Villa para poñer o empate no marcador coa colaboración dun porteiro rival de circunstancias. O árbitro perdoou un penalti cometido por Pablo que, chegando tarde á xogada, arrolla a un xogador rival na área. O árbitro só pita acumulativa. De todos xeitos, o Conse pagaría esta xogada o resto do partido. Con este resultado chegouse ó descanso. Un patrón similar seguíu a segunda parte. Aínda tuvo tempo o rival de acadar un terceiro gol, agora xa con Dani de porteiro, antes da reacción e dos mellores minutos do Conse. Así, Sera acadaba o SEU gol. Despois virían os goles de Aaron. O primeiro practicamente sen ángulo e o segundo ó saque dunha falta. A partir de aí, a arbitrase foi máis que rigurosa. Cada xogada na que había contacto remataba en dobre penalti rival. Un deles sacouno acertadamente Dani, e o outro saíu rozando o pau. Tamén houbo posibles mans nun par de xogadas do rival, unha das cales acabou en gol. Con 5-4 (xa nos recurtaran un gol) Sera veu unha amarela por desprazar o balón para perder tempo. Tal como estaba o partido, estaba claro que antes ou despois o rival empataría, e unha vez que o fixo, non tardou en soar a bocina salvadora para salvar un puntiño na nosa conta, que, quen sabe, podería ser importante no futuro.
Conse:4-Parrillada San Isidro:8
Inmericido castigo nun partido decente
Por: xpab , 22-3-2007
Formaron: Villa , Aaron(por. 2 parte), Dani, Pablo e Argui (Sera, Adry).
Foi este un partido que foi de menos a máis. Según ían pasando os minutos nos encontrábamos máis cómodos e creíamos en que podíamos sacar algo positivo. O rival, ó principio só con 5 xogadores (chegaría un sexto) en principio agardaba máis que atacaba. Unha correcta defensa nosa e un inxenuo ataque (tamén noso) fixeron que a primeira parte non tivera moito movemento. De todos xeitos, antes ou despois sempre ben o fallo, e nun par de xogadas o rival poñíase cun 0-2 para afrontar con tranquilidade a segunda parte. O principio da segunda parte foron os nosos mellores minutos. Nunha páxara rival, relaxado en exceso, Sera marcaba un gol dun bo tiro lonxano, e Argui marcaba un gol dun saque de córner de Villa, intelixente ante o despiste rival. Sen embargo, en canto o rival se concentrou, volveron as ocasión rivais, e os goles volveron a empezar a caer en contra. Segundo caían, o partido estaba un pouco máis sentenciado. Xa sen tempo para a reacción, Pablo marcaría dous goles, un roubando un balón a un relaxado defensa e outro tras rematar un pase de Sera, que lle deixou a pelota en bandexa.
1
2