Be conse, my friend

Conse F.S. Dende 1998

Seccións:
Noticias
Cronicas
Calendario
Plantilla
Estatísticas
Usuario:
Entrar

Foro

Actividades recentes

>> Zamora S. Santa 2007
>> Cumple Julia e Leti
>> Antroido 2007 Bastiagueiro
>> Fin de ano 2006-07


Locations of visitors to this page

Crónicas máis actuais:

Conse:5-Baña A.:4

Emocionante partido onde se impuso o máis resistente

Por: xpab , 29-3-2007
Formaron: Pablo(por1), Argui(por2), Adri, Aaron, Villa (Cliff, Sera, Dani)
Emocionante partido no que o Conse soubo xogar ben con factores como a limitación dun improvisado porteiro rival ou o cansancio na segunda parte dun equipo rival en cadro. Os primeiros minutos foron para o Conse. Non tardaría Villa en adiantar ós azulóns. Sen embargo, lonxe de sentenciar o Conse perdooulle a vida a un rival que, por pouco, non nola fixo pagar moi caro. Así, antes do descanso, o rival xa remontara ata poñerse nun axustado, 1-2. Tralo descanso, o Conse, lonxe de espabilar, recibía dous goles máis que poñían a obtención dos 3 puntos moi costa arriba. Sen embargo un tiro ó traveseiro de Pablo dixo que o partido aínda non acabara. Cunha ambición inaudita esta temporada, o Conse camiñou con firmeza ata a victoria. Dani acadaba o esperanzador 2-4. Pouco máis tarde, Villa, cunha xogada de astucia, poñía un 3-4 que facía soñar (só) co empate, un empate que chegou a falta de moi pouco tempo para rematar o partido nun gol de Dani tras un pase dun Sera que foi o máis incisivo en ataque. Sen embargo aínda habería tempo de pasar da euforia á tolería cando Sera, a falta de 4 segundo se prantou so diante do porteiro rival. Coa sangue fría propia de dito xogador, Sera acariciou o balón para poñelo suavemente nas redes dunha portería rival que xa tragara moitos goles nos últimos minutos. Coa victoria o Conse escapa definitivamente do derradeiro posto e deixa moi preto a copa a falta dun partido para o fin da liga.

Conse:2-Ouces:4

Por fin remata a liga!!!!

Por: xpab , 14-4-2007
Formaron: Dani(por1), Adri(por2), Argui, Pablo, Aaron (Sera, Clifford).
Realmente patético o espéctaculo ofrecido en Guísamo. De todos xeitos, o Conse puso máis da súa parte para facelo o máis patético posible. Pese a todo, na primeira parte aínda se mantivo minimamente o tipo e incluso se chegou ó descanso cun gol de ventaxe. As limitacións do rival non tardaron en aflorar, e ó pouco tempo xa gañabamos o partido 1-0 gracias a unha mala defensa rival, con gol de Argui. A partir de aí e ata o descanso, o único que buscaba facer algo era o equipo rival. Dentro desas centos de xogadas de perigo que o equipo rival levou a cabo, un tiro lixeiramente desviado por un boa parada de Dani foi introducido a gol por Sera, incapaz de apartarse ó vir en carreira en funcións defensivas. Pouco antes de finalizar a primeira parte, habería tempo para facer unha xogada, a derradeira da temporada do Conse, que acabou co gol de Aaron. Fin da Temporada para o Conse. Sen embargo aínda quedaba a segunda parte... desgraciadamente. Aí aflorou un caldo propio da casa Conse cuios ingredientes foron, todos en cantidades excesivas, a imprecisión, a desgana, o anticompañeirismo, os rosmos, os pases pataca, en resumo, que todos estábamos agardando a que se cumprise o trámite e ir a tirarnos no sofá de casa, pero, eso sí, a ser posible marcar antes un goliño (lema: o importante é que marque eu, o equipo que lle den...). Con tal panorama, o equipo rival tivo un escenario ideal para mostrar o mediocre que era ó ser campaz de meternos SÓ 3 goles na segunda parte. O increible é que se nos esforzáramos (jeje...) só un pouquiño, ata acadaríamos o empate e, quen sabe, ata quizais a victoria. Pero o esforzo mellor deixalo para outro día...

Conse:2-Conxegal:0

Ady-victoria contra un dócil rival

Por: xpab , 15-1-2007
Formaron: Sera, Dani, Villa, Pablo e Adry. (Álex, Bello, Argui).
Xogou sen dúbida o Conse o mellor partido de toda a tempada. Tamén hai que decir que o rival foi moito menos do que agardaba e deu moitas facilidades. A alta a última hora de Sera deulle ás ó equipo que en ningún momento temeu pola derrota. Nos primeiros minutos só houbo un equipo no campo, que (aínda que pareza mentira) fomos nós. Con xogadas ben trenzadas e xogadores frescos, o Conse ofreceu outra cara. Houbo varias ocasións ata que Adry, cunha sangue fría impresionante, pinzou a pelota nun un contra un diante do porteiro. Co 1-0 o Conse soubo marcar ben os tempos, e chegouse sen maiores apuros ó descanso. Na segunda parte, o rival seguía apenas sen apretar, e ademáis frustouse o seu ataque coa lesión do seu mellor punta. A partir de aí, só nos pararon a agarróns, gañándose algunha amarela e chegando a consumir as 5 faltas. Antes de sentenciar o partido Adry cun bo gol de cano ó porteiro, ainda Villa marcaría un gol que, por ser pantasma para o árbitro, non subíu ó marcador. Aínda apretaría algo o rival antes do final, con ocasións provocadas por... Sera(!), pero pese a que tuvo varias, non acadaron o ansiado gol.

Conse:1-Comercial Veiga:7

Paulo lesionado

Por: xpab , 27-12-2006
Formaron: Dani, Adri, Villa, Paulo, Pablo (Argui). Na segunda, trala lesión de Paulo, quedaron Villa(por),Argui, Adri e Pablo.
O único que se pode contar deste partido é un pouco a primeira parte. O rival, que xogou uns minutos con 4 xogadores (en seguida apareceron un par deles máis) empezou agazapado. O Conse presionaba i en ocasións levaba algunha contra de perigo. Adiantouse o rival nun córner mal defendido (como case todos) e despois foi o conse (en mellor forma física) o que tivo máis ocasións provocadas por un bo Argui. Adri empatou con fortuna cunha bolea-pase, e a falta dun par de minutos para o fin da primeira parte, acabouse o partido para o Conse coa lesión de Paulo. Dani fixo de improvisado chófer e o Conse, toda a segunda parte con catro, o único que lle quedaba agardar era non recibir moitos tantos.

Conse:2-A nosa Viña:6

Outra derrota cantada de antemán

Por: xpab , 27-12-2006
Formaron : Argui, Dani, Villa (porteiro 2ª parte), Adry e Pablo. Neste partido o conse non deu en ningún momento a sensación de poderse levar algo. O mal momento físico e anímico condicionou moito ós 5 que saltaron ó terreo de xogo. Non tardou o rival en adiantarse nunha das primeiras chegadas, chegadas sempre perigosas pola falta de intensidade de marcaxe consina. En canto veu o que había, o equipo contrario levantou o pe do acelerador e intentou xogar facendo espectáculo. Pouco a pouco ían caendo os goles, e ó descanso chegábase cun xusto 0-3. O cambio de Argui por Villa fixo que os ataques do conse levaran algo máis de perigo, pero a costa de convertir a defensa(?) nun caos. Pese ó bo traballo de Villa, os goles seguiron caendo ata a media ducia. A partir de aí puido pasar de todo, pero a relaxación rival fixo que o marcador non fose peor para nós e ata Pablo (de cabeza) e Argui marcaron un gol cada un que puideron ser máis.

Conse:2-Praia de Gandaría:8

Merecido castigo para un mal partido

Por: xpab , 27-12-2006
Formaron: Pablo, Dani (porteiro 2 parte), Adri, Villa e Argui (Aaron).
Ogallá houbese algo máis que contar (pola nosa parte deste partido) que que dimos unha lamentable imaxe. Foi deses partidos que che dan ganas de deixar de xogar. Os primeiros minutos foron (relativamente) igualados, aínda que o Conse en ningún momento deu sensación de poder levar algo do partido. En canto veu o baixón, non tardou en chegar a goleada. 0-5 ó descanso e partido acabado. Na segunda parte, a relaxación rival, e a calma no xogo noso (deixamos de dar pelotazos) fixo que o partido se igualase un pouco máis. De todos xeitos, pronto chegou o 6-0. Pablo acortaba de cabeza tras un pase de córner de Argui (igual que a semana pasada) e o mesmo Argui cerraba a conta para o conse (igual que a semana pasada). Antes aínda ocorreu o 1-7 para acabar finalmente 2-8. Próximo partido, obxetivo, non saír goleados.

Conse:0-Prosenosa:3

O conse saca un resultado non malo

Por: xpab , 27-12-2006
Formaron: Argui, Adri(port. 2 parte), Villa, Dani, Pablo (Aaron).
Funcionou relativamente ben o catenaccio ó principio. De feito foi o motivo de que non nos meteran máis goles. Eso e uns correctos Argui e Adri. Ata case finalizada a primeira parte non entrou o primeiro gol. Antes aínda tiveramos algunha oportunidade, pero o pau e a falta de puntería de Adri estragaron a máis clara. Na segunda parte, foi máis do mesmo, pero o Conse non xerou perigo real ata que o partido estivo sentenciado con dous goles máis. Ó final, primeiro partido no que non se anota, pero lixeira melloría en defensa.

Conse:2-Parrillada San Isidro:8

Outra goleada, para variar

Por: xpab , 27-12-2006
Formaron:Aaron, Villa(p2), Dani, Pablo e Adry (Argui, Álex).
Tristemente as crónicas están destinadas esta temporada a seguir un patrón penoso. Polo menos hoxe hai que contar que debutou Álex facendo un digno papel dentro do desastre global. Este partido sen embargo tivo a nota positiva de que se empezou ben, e o que é totalmente novo, creando perigo. Así que a clave estivo na primeira parte no primeiro gol que nos meteron. A partir de aí foron caendo pouco a pouco ata chegar ó 0-3 do descanso. Na reanudación seguían caendo os goles, en parte gracias a unha débil defensa consina. Cando xa non había nada que facer, Pablo meteu o 1-5 tras empuxar un pase de Argui. Éste repetiría como asistente para que Adry metera o 2-7. O 2-8 era a guinda a outra mala noite en defensa.

Conse:4-Baña A.:11

O conse toca fondo

Por: xpab , 27-12-2006
Formaron Pablo, Argui (porteiro 2º parte), Adry, Villa, Álex (Dani, Aaron).
Cada vez é máis penoso xogar nesta liga. A pesar de que comezamos palmando 0-2 e chegamos a empatar, a anarquía non se foi tralo empate. Pases e carreiras tolas, contrarios desmarcados, regates rivais a pracer... somos un exemplo de todo o que NON se debe facer. Ademáis neste partido, por se fose pouco, resulta que o árbitro era amiguito dos xogadores rivais, permitindo cortar o xogo de carquera maneira algunhas veces que facíamos amago de xogada. Xuntáronse a fame coas ganas de comer. O dito, ata o 2-2 máis ou menos tiñamos xeito, ata parecía que nos podíamos levar algo. Así, Adry á saída dun córner e Argui empataron os dous goles iniciais do rival. A partir de aí festín rival, e onde non a pifiaban os defensas, a pifiaba Pablo. 2-6 e acabouse, e todo nun intre. Álex acadaba o 3-6 antes do descanso, que (en condicións normais) ata sería esperanzador. Despois da reanudación aínda foi peor, e pronto a diferencia se fixo abismal. O conse acadaría un 4 º gol, feito en propia meta ó sacar un córner, pero o rival chegaría ós 11 e a acabar o partido incrédulo de encontrarse a un rival aínda máis malo que el.

Conse:3-Ouces:2

Por fin unha victoria, e ainda enriba, merecida

Por: xpab , 12-1-2007
Formaron:Dani, Adry(port2), Álex, Pablo, Aaron.(Villa, Bello, Argui).
Era un duelo por todo o baixo para ver cal dos dous equipos estaba en peor forma. Afortunadamente, a día de hoxe, non somos nós. As dúas peritas en dulce do campionato enfrontáronse entre si, cun xogo por momentos surrealista. Na primeira parte tivemos ocasión para sentenciar o partido, pero ese non é o noso estilo. Quizais 3 ou 4 un contra un xogador-porteiro. Os rivais, avisaban con contras e tiros lonxanos. Nun deses tiros veu o empate ó gol marcado por Aaron anteriormente nun bo remate case sen ángulo. Unha vez empatado o partido, as ocasións máis claras foron para nós. Argui, Álex, Villa... ninguén era capaz de meter un gol. Finalmente Argui, ó saque dun córner, metía a cachola volvendo adiantar ó conse, que non deixaría de ir por diante. Na segunda parte o rival achuchou ata que David meteu un gol ó estilo Deco, rebotando o seu remate nun defensa rival. Ó que parecía que ía ser un final dócil, encargouse o árbitro de darlle emoción ó (case que) mandar ó equipo rival tirar un dobre penalti que eles ían sacar dende o borde da súa area. Os últimos segundos foron de sufrimento, pero polo menos o que é seguro é que non nos iremos desta liga sen gañar un partido. Aaron veu amarilla por un agarrón na segunda parte.
1 2