Escrito por xpab
Lunes, 12 de Septiembre de 2011 18:33

Espero poder publicar a resposta pronto:

 

Boas días. Somos un grupo de amigos de Betanzos que pretende xogar ó fútbol sá de forma habitual. Debido a horarios laborais só podemos practicar deporte a última hora do día, cando xa non hai luz natural e para máis inri, baixo condición climáticas adversas. Énos imposible (ou case) alugar pistas como a do polideportivo -sempre ocupada e por enriba, deteriorada- ou a do instituto que tamén é difícil de alugar cando non está xa ocupada. Sen embargo, existen outros recintos (pavillón de FP, o do colexio) que non se alugan por razóns que descoñecemos. Polo tanto nos vemos obrigados a emigrar a concellos veciños, onde dependemos de actividades e adestramentos de distintos clubes e asociacións. Así que, resumindo, gustaríanos saber se o concello está estudiando este tipo de problemas ou simplemente nos teremos que resignar a buscar un oco entre as axendas dos clubes ou rezar para que a climatoloxía non nos sexa adversa. Moitas gracias polo seu tempo.

Comentarios  

 
# RE: Carta ó alcaldeconxegal 14-09-2011 07:47
Home, o alcalde non ten culpa de que queiramos ir a xogar e as pistas estean ocupadas por outra xente, equipos federados ou por actividades (como é o caso do polideportivo, instituto ou as pistas doutros municipios). Se outros as collen pa facer algo non hay nada que facer nin reprochar, ¿ou queres ter preferencia? ¿Ter unha pista exclusiva para ti? Outra cousa son as pistas de FP ou o colexio (esta está case sempre tamén con actividades), pero ¿preguntaches algunha vez se se podía alugar? Non dis nada na carta, quizáis do máis importante que é a luz das pistas de fóra do polideportivo. Quizás sexa o único que recriminar, xa que as pistas dos colexios/institutos non teñen porque ter persoal propio para abrir as instalacions fóra do horario escolar (creo que o instituto é unha exepción, en ningún municipio fan tal). Pois iso, o único que é reprochable ó concello non o expos na carta. Saúdos.
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# pretensiónsxpab 14-09-2011 20:49
Home, está claro que se hai demanda, o que hai é que mellorar o servicio. Non é cuestión de preferencia ou exclusividade de cara a min, eu só pregunto se nos temos que resignar ou se se ten pensado mellorar o servicio. As pistas de FP e do colexio me consta que non se podían alugar, ou así era hai unha temporada.
Tamén preguntamos por encender as luces de fora do polideportivo (que parece que é a nosa única opción unha vez que, según ti "as pistas dos colexios/institutos non teñen porque ter persoal propio") e nos remitiron ó "responsable". A verdade é que despois de mil rodeos, ó final non fumos a falar con el. Pero entón se non hai obriga para as pistas de colexios... que nos queda?? A pista de dentro do poli (imposible de alugar por semana) e a de fora das luces, que sería o único factible de alugar nun concello de 14000 habitantes, e que nin siquiera ten 4 paredes....
Se cres que o servicio que hai é suficiente pois entón tes toda a razón, a miña carta era excesiva. Senón, creo que Betanzos ten un problema (o casco urbano, porque sempre se pode coller un coche -se o tes- e ir ata Guiliade -feito por un particular, por certo- ou Castro).
De todos xeitos, a carta non recibíu resposta e despois de dous días dubido que a reciba. Pero bueno, agora, para facerme quedar mal, recibirei a resposta.......
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# RE: Carta ó alcaldeKali 18-09-2011 14:34
Cónstame que no IES As Mariñas (FP) deixan "gratis" as instalacións,e son usadas por algúns colectivos. O compromiso é que teñen que deixar limpo e en bo estado as instalacións (contratar persoal de limpeza) e garantir a reparación dos posibles deterioros (aval), e está aberto o instituto ata as 22:30 da noite, agás os venres que é ata as 20:30, excepto que haxa clases (teñen ESO e bacharelato de nocturno).
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente
  • 1ª Protesta Mundial
    Las convocatorias locales más próximas serían estas: -Coruña 18h Plaza Pontevedr...
    12.10.11 17:44
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 3 invitados conectado(s)