Pois si, o tÃtulo non está errado, volverá a haber un agosto con algo máis que orquestas neste rinconciño do mundo onde o máis parecido a unha actividade deportiva nos últimos 10 anos foi a homenaxe a Freire (con "iluminación" incluÃda, como ben recolle o reporteiro Alex na noticia anterior a ésta). Sen embargo, non hai que entusiasmarse, aclarar que será só durante un fin de semana, e non durante todo o mes como ocurrÃa con torneos tan añorados como o San Roque. Que tempos nos que o Parrillada Carlos, Capitol ou Casa Segundo facÃan fronte ás hordas chegadas de Teixeiro ou Cesuras. Pero non hai que deixarse levar pola morriña, senón que haberá que conformarse con ese fin de semana que nos ofrece agosto, con actividades de kick boxing e a xa tradicional carreira popular.
Abrirán cartel os rapaces do Clube Caneiros kick Boxing de VicHente Fernández, o sábado dÃa 20, a partires das 18 no pavillón municipal. Ademáis de combates de kick boxing (onde combatirán os mellores kickboxeadois da vila), haberá exhibición de Taikondo e Kapoeira. Dende logo algo moi recomendable en que pasar a tarde, sobre todo despois de coñecer os bos resultados que se acadaron en distintas categorÃas por rapaces do clube brigantino e, por se non fora suficiente, haberá diversos sorteos durante a velada.
![]()
Unha posible participante do torneo do dÃa 20 "acariñando" un saco
O outro aliciente do fin de semana será a 16 carreira popular de Betanzos (como adianto á media maratón de novembro). Arrincarán as distintas categorias a partir das 11 do dÃa 21 de agosto. A evento, en championchip no apartado de calendario, e as bases da inscripción na mesma páxina. Polo que se pode ler nos detalles da información, hai que andar prestos, que a inscripción está limitada a 150 participantes. Todos os participantes recibirán agasallos, e os tres primeiros de cada categorÃa acadarán trofeos. O recorrido presumiblemente será o de outros anos, 4 voltas (8800 metros) a un recorrido, que a grosso modo é Praza GarcÃa Irmáns- Rúa travesa- PescaderÃa- Rúa Nova- Valdoncel- Sta. MarÃa- Ponte Vella (Tolerancia)- Os Ãnxeles e de novo Praza GarcÃa Irmáns.
O rival a bater: Manute, o gañador da última edición
Será polo tanto un curto pero intenso fin de semana deportivo betanceiro, onde se agarda participación da pobo betanceiro tanto nas probas como animando, que falta fará.
E brigantio estará alà para contalo.....
Comentarios
"Nas festas do 77, do 13 ó 25 de agosto, participaron nos desfiles varias agrupación locais e doutros lugares de Galicia, as majorettes betanceiras e as de Mollet del Vallés, un grupo scout e unha banda infantil. No programa incluÃanse tamén actividades de tiro ao plato, xogos florais infantÃs, o trofeo San Roque de fútbol, un encontro de balonmano, outro de baloncesto, cucuñas e regatas no Mandeo, unha carreira ciclista, boxeo amateur e dúas festas infantÃs. Os Caneiros dese ano foron o 20 e o 25 para que un deles fora a sábado e puidera acudir máis xente".
Onde se quedou todo eso?? Repasando o programa de éste ano, ademáis dos actos deportivos deste artigo, hai unha competición de piragüismo o 20, e despois ata 3 (!!!!) trofeos de fútbol: o trofeo San Roque o 16, o trofeo San Roque... de veteráns o 20 e o trofeo Muebles caloto o 21. Gran variedade, sobre todo para os que non lles gusta o fútbol....
Eso si, a quen lle guste o deporte ten que andar áxil: o dÃa 20, ás 18, están programados a metade dos actos deportivos. Unha gran coordinación. Para que despois se diga que non se atende ó deporte en Betanzos.
E bueno, destacar tamén o cambio do dÃa dos Caneiros do 77, do 18 ó 20, cousa que hoxe en dÃa se considera tabú, porque parece que os dÃas caneirÃsticos son sagrados e inamobibles.
O dito, unha gran INvolución....
+1
que sabios eran os nosos ancestros...
-----
Edito por 3ª vez para matizar que o cambiaron de xoves a sábado: http://kalender-365.de/calendario-es.php?yy=1977
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.