Fútbol

O Brigantio volve á area

Fútbol playa

Escrito por xpab Miércoles, 25 de Julio de 2012 14:46

A sección de fútbol praia de Brigantio ven de clasificarse por segunda vez na súa historia (5 participacións 2006-2009 e 2012) trala primeira ronda do campionato de Sada deste ano 2012. Esta vez a competición está formada por dous grupos de sete equipos, onde se clasifican os catro primeiros para cuartos de final. Tras tres partidos gañados, dous perdidos e un empatado (e o abandono do primeiro clasificado do grupo), o Brigantio garantizou a súa presencia na fase final. Ademáis, o equipo fixo 30 goles a favor  (dos cales 12 foron obra de Moisés, un dos pichichis) e 28 goles en contra (4,67 por partido).

O equipo está formado por Valen, Moi, Alexito, Álex, Juan, David, Tiago, Sera, Dani, Manu, Víctor e Pablo (este ano, porteiro).

En ver máis, un resumo dos partidos xogados e nos comentarios porase información do resultado da fase final.

brigantioDe pé, Sera, David, Juan, Valen e Alexito. Agachados, Víctor, Moi e Álex.

   

O capítulo perdido da Odisea

Fútbol sala

Escrito por xpab Sábado, 09 de Julio de 2011 16:19

O que parece unha cousa sinxela noutros lugares civilizados, na vetusta brigantio convírtese en toda unha Odisea. Así, buscar un pavillón coa sa intención de  facer algo parecido a fútbol sá con compañeiros de traballo, converteuse nun penoso cúmulo de despropósitos.

No primeiro intento, ainda no mes de xuño, consultouse pola disponibilidade do pavillón municipal (jeje) que dende hai anos está baixo o monopolio de Aquagest. Entón, a empregada "1" puxo cara extraña, case como con medo, cando o paisano se dirixíu a ela comentando que quería alugar o pavillón. Ante o pánico de empregada "1" (a partir de agora "E1") veu o señor do pavillón. Éste, cortou tódalas esperanzas de aluguer, xa que había cursos e non se podía alugar. O paisano, resignado, amañouse como puido e tivo que abandonar o intento de alugar este pavillón. Tódolos demáis pavillóns do pobo son inalugables (a lo menos o paisano nunca sabía de ninguén que os conseguise alugar) a excepción do instituto. Alí, o bedel explicoulle amablemente que neste caso estaban a mercede de outro señor do pavillón (neste caso un coñecido profesor de Educación Física) así que houbo que abandoar tamén esta posibilidade. Finalmente, habería que xogar nalgún pavillón exterior, rezando para que non estivese ocupado e polo tanto non houbese que facer unha triste peligrinación polas pistas descubertas (eso, se non chovía) deste e doutros concellos.

Pero houbo unha segunda pachanga. Esta vez, a convocatoria era para o mes de xullo. Primeiro descartouse a posibilidade do instituto, xa que o amable bedel, felizmente recordado pola xente desta páxina, xa non se atopaba entre nós, e con el íase a posibilidade de alugar o pavillón do instituto de forma sinxela. Despois probouse con San Pantaleón, outro dos pavillóns clásicos. Neste caso, xa non había cursos e o encargado do lugar cominicou a disponibilidade para o día en que pretendíamos xogar. Así de sinxelo. Facía ben o seu traballo. Mirou un calendario e veu que estaba libre. Sen embargo, antes de reservar, decidimos darlle outra oportunidade ao pavillón brigantiono, comezando de novo a Odisea. Esta vez, había un empregado "2" (E2), que puxo a mesma cara que puxera no seu día a empregada "1", se cabe cun pouco máis de sorpresa porque esta vez o empregado era novato e parece que desconocía o concepto de alugar o polideportivo. Ante a ausencia do señor do pavillón, E2 recurríu a outra empregada (E3) que parecía algo máis enterada neste tipo de cousas. Pero non. Despois de dubidar sobre a posibilidade de poder alugar o lugar (a estas alturas o paisano xa comezaba a resultar molesto) o único que fixo foi darlle un papeliño ao paisano (a partir dagora "P") para que chamara ó señor do pavillón e, se tiña o que había que ter, se atrevese a tratar con el directamente. Pero P (que tamén podería ser de "Pesado") insistíu e foi outro día, a ver en persoa ó señor do pavillón (a partir dagora SP) para tratar o tema do aluguer, que se estaba convertendo para P nun casus beli persoal contra aquagest. Así, cal foi a sorpresa de P (que tamén podería ser de "Puteado"), que cando ao acudir alí por terceira vez atopou de novo a E3. Neste caso, E3 dixo que SP estaba de vacacións, co cal P pensou que se remataba toda a esperanza de alugar, que tería que emigrar a concellos lonxanos onde pasaban cousas extrañas, como que alugaban pavillóns cunha soa chamada. Cousas demasiado doadas, aburridas e que non supoñían ningún reto. Pero nese momento, E3, quizáis ante a cara desesperada de P (que tamén podería ser de "Pablo") decidíu que ese día tiñas ganas de traballar e dispúxose a ... chamar a SP!!. P case choraba da emoción pola solidariedade mostrada, do respeto que estaba mostrando E3 hacia un cliente. Tras lidiar un rato co SP, E3 chegou á conclusión que si se podía alugar. Na cabeza de P soaba o Hallelujah de Handel, pero xusto antes de empezar a soar vincherò, E3 dixo que tiña que preguntarlle ós encargados dos clubes se habería cursos no momento en que P pretendía alugar. Polo visto, non había calendario, nin ningún sitio onde se podían ver as reservas, nin ná. Profesionalismo puro ante P (que, por outro lado é socio das instalacións que SP e os E's xestionan tan "eficientemente"). Así que P tería que ir de novo ó día seguinte para ver se estaba a pista libre. Pero saber que se podía alugar xa era todo un logro.

Ó día seguinte P (que tamén podería ser de "Pardillo") acudíu de novo, e esta vez atopouse con un novo pupilo de SP, chamado E4. E4 tamén volveu mirar a P como se estivese tolo cando falou de alugar, xa que polo visto a comunicación entre os distintos "E" non incluía a anécdota do tolo que intentaba alugar o pavillón. Así que... a volver a empezar. De todos xeitos, E4 revisou todos os paneis de información (en forma de post-its) a ver se poñía algo sobre o alugamento, pero nada. P explicoulle que estaba "casi" alugado, pero que E3 ía ver se algún clube tiña o pavillón. E4 pasou directamente a acción chamando ó encargado do clube implicado, averiguando que non estaba reservado. Así que, agora si, por fiiiiin, o pavillón estaba alugado ó razonable precio de 20,53 euros a hora. Unha "ganga", tendo en conta que outros pavillóns da zona valen a metade. Un gran logro do concello deixar as instalación municipais (jeje) nas mans de tan xenerosa cuadrilla.

Quedaban 2 días para o gran día da pachanga, e unha chamada do pavillón fixo que a P se lle xease a sangue pensando que finalmente o pavillón non se podía alugar a instancias de SP ou dalgún amiguete dalgún clube. Pero non. A única pega é que non se podía reservar, así que había que chamar o mesmo día. Buf. P respirou. O hipercomplicado proxecto "pachanga en Betanzos en pavillón cuberto" seguía en pé. Chegado o día (a partir de agora día "D"), P chamou e confirmou (por fin!) que ese día se presentaría con outros voluntariosos 11 homes no pavillón de Betanzos para xogar a un sucedáneo de fútbol sá. Despois de só 4 visitas e 2 chamadas, P conseguía confirmar (esta vez definitivamente) o pavillón para esa mesma tarde.

A media tarde do día D, P presentouse no pavillón con outros 11 homes dispostos a sudar sobre o parquet. Aínda habería un novo susto, porque E5 (si, si, un novo secuaz estaba alí) volveu a poñer cara de medo cando P falou de que estaba reservado o pavillón, medo incrementado se cabe ao ver a P con 11 tíos máis con ganas de descargar adrenalina. Esta vez, gracias ó señor (non a SP, a outro), E4 decidíu que a reserva era o suficientemente importante como para comunicalo mediante un hipertecnolóxico post-it. Cando E5 o víu, calmouse e imprimíu o ticket recollendo os cartos previamente recolectados polos integrantes da pachanga. Pero aí concluíu o seu traballo. Ninguén abríu a porta do pavillón (para entrar, había que entrar polo piso de arriba) o cal deu problemas a algún que outro para entrar á pista, nin ninguén subíu as canastras de baloncesto que impedían a celebración da pachanga con normalidade, nin ninguén se preocupou por acender as luces que iluminaran (falta facía) o camiño ata as porterías. Se o cliente quería xogar con luces e sen canastras, el mismo tería que buscar e manexar os aparellos eléctricos que o permitían. Todo un self-service.

En resumen, P tivo que lidiar con ata 5 "E" que non sabían nin como se procedía para alugar un pavillón, do cal estaban ó cargo, nin tiñan ningún tipo de calendario que permitise saber se estaba libre, nin nada. Unha vergonza para un pavillón municipal (jeje). Pero... a quen lle importa? Ós homes que están ó cargo (os verdadeiros responsables) dálles igual, xa que están ó mando dun monopolio inamobible dende hai anos. Monopolio ó cargo dunhas instalacións públicas que pagamos todos. Unha verdadeira falta de respeto ós usuarios que non sexan amiguetes ou clubes asociados. Eso por non falar de que non hai descontos para aboados ou empadronados en Betanzos (ou quizáis si, pero o "E" de turno non sabía se había). Xa é mala sorte que tódolos "E" estaban empezando cando se intentou alugar o pavillón. Ou estaban empezando, ou como se estivesen, xa que aí parece que o único que ten todo a información é o Señor do pavillón. Ogallá algunha vez haxa un bo servicio de algo nesta vila. Unha vez tiven un sono....

 

ulises

 

   

Triunfo do fútbol

Fútbol 11

Escrito por valen Martes, 08 de Septiembre de 2009 11:37

 {mosthumbviewer: images/stories/espain/grandes/05092009096.jpg, images/stories/espain/miniaturas/05092009096.jpg, , center}    

Esta vez as gradas non estiveron cheas de bandeiras de partidos políticos, si non de xente. As bancadas ateigadas de persoas de toda condición e idade preocupadas tan só en animar e arroupar a un equipo de fútbol máxico, de outro planeta, doutra galaxía.

Un cheo absoluto en Riazor como xa fai tempo que que non ocorría convertiu un simple evento deportivo en todo un espectáculo, nunha sinfonía de fútbol brilante e inmortal ante a que moitos quedaron coa boca aberta.

Unha das cabezas pensantes de Brigantio.com, ademais de eu mismo, tivemos o pracer e o privilexio de acudir a esta auténtica festa do deporte o pasado sábado, polo que a continuación paso a relatar un pouco o alí sucedido cunhas cantas fotos e algún que outro video que quedarán como testemuñas desta nova demostración de poderío da selección. Tras o Leer más, coma sempre.

   

Tomatina... en Riazor

Fútbol 11

Escrito por xpab Sábado, 05 de Septiembre de 2009 14:38

Chegou o momento para a nosa selección. Partido clave hoxe en Riazor. Máis de 30000 ánimas irán a animar ós paisanos asturianos, cataláns ou brasileiros que representan á ROJA. Bueno, á que esta noite será roja, porque o rival tamén o é na maioría das veces que xoga.

En frente á ROJA, a temible Bélxica. Todo un partidazo: o equipo que perdeu 0-2 coa temible EEUU vs o cuarto clasificado dun grupo con potencias como Bosnia ou Estonia. Dende logo merecerá a pena pagar os prezos "populares" de ata 60 euros para ver ese desplegue de figuras. Por se houbera xa poucos alicientes, se se rebusca un pouco nas gradas tamén se poderá atopar á parte galega da selección. Todos os galegos nas gradas. Ese será o importante lugar a ocupar por Diego López na selección.

O espectáculo estará asegurado. Cun pouco de sorte, o representativo Manolo del Bombo deixará a imaxe de ESPAÑA ben alta. Antes de comezar o partido, a cantar os himnos. Bueno, perdón, para cantar un himno hai que saber francés ou  holandes ou alemán ("O Belgique, ô mère chérie, A toi nos coeurs, à toi nos bras..."). Pero non preocuparse, para o himno español tamén un se pode poñer a tarear como galo na corte. Para eso temos o "canta con Espe". Véndoo un sinte orgullo de pertencer a esta gran nación.

Pois eso, quería formar parte da festa, neste lugar -Coruña- ideal para un partido da selección. Neste lugar onde por ir a ver a once paisanos galegos xogar ó fútbol es tan nacionalista como por non ir a ver á tomatina. Neste sitio onde está tan mal visto ser rojo como non ser da roja. Neste sitio onde ir a ver á selección galega é  un acto político pero ir a ver á selección española é só ir a ver fútbol.

De seguro que a delegación brigantiona que estará no partido fará unha interesante crónica do partido (hai que aproveitar, xa que os estadios galegos non soen ser os elexidos para  "vestirse" de vermello e amarelo). Esperemos que esta noite se lembren de sacar fotos onde se vexa como o campo anima ós nosos representantes. En fin, que sorte poder animar a Sergio Ramos.....

 b_1280_0_0_0___images_stories_aficionados.jpg

 

   

O Brigantio volve á carga

Fútbol playa

Escrito por xpab Lunes, 29 de Junio de 2009 21:26

Por cuarto ano consecutivo, o Brigantio irá a tomar Sada. Este ano cambia o formato, xa que hai menos equipos pero todo parece indicar que se tratará dun sistema de liguilla. O incremento no precio da inscripción conleva un aumento sustancial tamén no número de partidos. 2 partidos por semana (ou quizais 3) porán a proba a resistencia dos bravos brigantionos. A machada increméntanse tendo en conta que a maioría delas están a disputar o torneo de fútbol sala de Betanzos. Premios de ata 2200 serán un aliciente para manter o ánimo.

A pregunta é que Brigantio nos atoparemos este ano. ¿Será o carismático do primeiro ano, o arrastrado do segundo ou o desafortunado bo equipo do ano pasado? A plantilla está composta por: J (porteiro), Mauro, Valen, Iago, Dani, Manu, Pablo, Moi, Sera, David Bello, Angelito e Tiago. Toda unha garantía para competir por algo. O cuarto ano debe ser o da confirmación. Xa non será sorpresa. Será consolidación.

A continuación a foto dos máis buscados de Brigantio, os xogadores do  asalto a Sada 2009
Advertimos de que esta foto pode ferir afectar ás sensibilidade dos espectadores:

b_500_500_16777215_0___images_stories_todos.JPG

 

b_1280_0_0_0___images_stories_futpla.jpg

 Un lance do xogo en Sada 


   

Unha bonita noite de Marzo

Fútbol 11

Escrito por xpab Viernes, 06 de Marzo de 2009 20:03

No día en que se escribe esta noticia, cúmplense 7 de anos dunha das xestas futbolísticas da historia do fútbol español. David contra Goliat. Coruña contra Madrid.

Ese día media españa (a españa non branca) era do dépor. Nunca tanta xente disfrutou cos goles branquiazuis. Ese día un rey español lle daba o trofeo a un Ribeirense contra todo pronóstico. A veces o opio do pobo tamén ten moralexa. Que tempos. Que grande.

 

 


   

El grupo de la muerte y pico

Fútbol playa

Escrito por valen Domingo, 06 de Julio de 2008 21:23

Miercoles 2 de julio. Cafetería de la Casa de la Cultura de Sada, en plena celebración del sorteo para el campeonato de Fútbol Playa de esa localidad. El grupo rojo tiene ya cinco equipos, sólo queda un hueco por completar, el marcado con el número 16. Nadie lo quiere.

Aun faltan muchos equipos por obtener su lugar en el cuadro. Hay esperanza. Grupo verde. Grupo Blanco. Grupo Azul. El rojo no sale, el 16 no aparece. Y el Brigantio todavía espera su turno.Cada vez más cerca, y no hay forma. Y llega el turno. Bueno, en realidad no. La organización tiene un lapsus y se salta un equipo, para justo pasar a sacar bolita para el Brigantio.

Como no. El 16.

b_500_500_16777215_0___images_stories_munch.jpg

Y lo que en su momento ya parecía malo, revisando datos de otros años se ha convertido en una auténtica pesadilla. Y es que en el grupo Rojo, el Brigantio deberá verselas con:

-Los campeones del año pasado, del anterior, y del anterior a ese, están en el grupo rojo.

- Los cinco rivales de los azules pasaron a octavos el año pasado.

- Tres de ellos estuvieron entre los 5 equipo menos goleados del torneo.

- Tres de los 5 máximos goleadores del torneo pertenece a equipos del grupo rojo.

- Dos equipos del grupo llegaron a semifinales el año pasado.

Mañana, a las 20:45, empezará el show. Brigantio contra todos, Brigantio contra el mundo. En el grupo de la muerte. Y pico.

   

Brigantio fútbol praia. Comeza o espectáculo.

Fútbol playa

Escrito por xpab Sábado, 05 de Julio de 2008 13:43

O luns 7 de xullo ás 20:45 hai unha cita en Sada na que se tratarán de respostar ás seguintes preguntas: ¿Con que nos atoparemos este ano? ¿Seremos o equipo desganado que defraudou o ano pasado ou seremos como aquel equipo debutante que se clasificou para os oitavos contra todo pronóstico hai dous anos?

Pase o pase, será con caras novas e sen algúns dos que fixeron o mellor e o peor nestes dous anos de Brigantio fútbol praia. Así, este ano non contaremos con Bello, Juan M., Álex, Dani ou Argui e daremos a benvida a Tiago, Álex III e (quizáis) ó carismático e polémico Jhota, á espera de ter o visto bo do médico tras unha operación. O resto, pois os de sempre: Valen, Moi, Mauro, Pena, Sera, Angelito e Pablo. Dende logo o hándicap principal á espera da confirmación de Jhota vai a estar en quen ocupe o posto de porteiro. Da actual plantilla, Pena e Pablo ocuparon a portería nalgunha ocasión, con distinta sorte según o partido.

En canto ó grupo que nos tocou, un par de campións de edicións pasadas, outro par de descoñecidos e nós. Estamos no grupo "Rojo", onde os que completan a lista ata chegar ós seis equipos somos Brasukas, Dush/Vagalume, Morrisey, Carcosa, Webplanet e Brigantio.

Os dous primeiros son vellos coñecidos. Ó Brasukas fixémolo sufrir na liguilla o primeiro ano no que xogamos, no que a posteriori o equipo vermellón ocense se convertería en campión. O Dush está na curta lista dos equipos contra os que acadamos a victoria. Dos demáis non sabemos moito que contar, salvo que todos son clásicos do torneo quitando a incógnita "Carcosa".

O calendario (atentos xogadores e seguidores!!) será o seguinte:

Xornada 1 Luns 7 de Xullo

20:45
Morrissey42Brigantio

Xornada 2 Venres 11 de Xullo

20:45
Dush/Vagalume36Brigantio

 Xornada 3 Xoves 17 de Xullo

20:00
Brigantio15Brasukas

 Xornada 4 Mércores 23 de Xullo

20:00
Brigantio32Carcosa

 Xornada 5 Mércores 30 de Xullo

20:45
Webplanet53Brigantio

 

Que gañe o mellor, a ser posible, o Bringantio.

Vémonos na praia!


 
   

Página 1 de 4

<< Inicio < Prev 1 2 3 4 Próximo > Fin >>

Últimos comentarios

  • It never rains
    E parece ser que as aldeas da beira do Mendo (Acea, Roibeira....) quedaron total...
    20.01.13 19:25
    por xpab
  • ¡¡ INDEPENDENCIA !!
    https://www.youtube.com/watch?v=FeURS2pPveE
    04.12.12 16:52
    por xpab
  • O Brigantio volve á area
    Polo visto, moita area e pouca 'area
    04.09.12 14:31
    por zatope
  • O Brigantio volve á area
    ahora que veo a Valen recuerdo la caña que dió los últimos años de la mano de su...
    17.08.12 20:30
    por lis de moura
  • O Brigantio volve á area
    O Brigantio caeu en cuartos de final ante o rival que a posteriori se proclamarí...
    03.08.12 16:48
    por xpab

¿Quién está en línea?

Tenemos 14 invitados conectado(s)

RSS

Brigantio

cheap viagra online