Inicio arrow Fútbol arrow Fútbol 11 arrow Tomatina... en Riazor
Tomatina... en Riazor
Escrito por xpab
sábado, 05 de septiembre de 2009

Chegou o momento para a nosa selección. Partido clave hoxe en Riazor. Máis de 30000 ánimas irán a animar ós paisanos asturianos, cataláns ou brasileiros que representan á ROJA. Bueno, á que esta noite será roja, porque o rival tamén o é na maioría das veces que xoga.

En frente á ROJA, a temible Bélxica. Todo un partidazo: o equipo que perdeu 0-2 coa temible EEUU vs o cuarto clasificado dun grupo con potencias como Bosnia ou Estonia. Dende logo merecerá a pena pagar os prezos "populares" de ata 60 euros para ver ese desplegue de figuras. Por se houbera xa poucos alicientes, se se rebusca un pouco nas gradas tamén se poderá atopar á parte galega da selección. Todos os galegos nas gradas. Ese será o importante lugar a ocupar por Diego López na selección.

O espectáculo estará asegurado. Cun pouco de sorte, o representativo Manolo del Bombo deixará a imaxe de ESPAÑA ben alta. Antes de comezar o partido, a cantar os himnos. Bueno, perdón, para cantar un himno hai que saber francés ou  holandes ou alemán ("O Belgique, ô mère chérie, A toi nos coeurs, à toi nos bras..."). Pero non preocuparse, para o himno español tamén un se pode poñer a tarear como galo na corte. Para eso temos o "canta con Espe". Véndoo un sinte orgullo de pertencer a esta gran nación.

Pois eso, quería formar parte da festa, neste lugar -Coruña- ideal para un partido da selección. Neste lugar onde por ir a ver a once paisanos galegos xogar ó fútbol es tan nacionalista como por non ir a ver á tomatina. Neste sitio onde está tan mal visto ser rojo como non ser da roja. Neste sitio onde ir a ver á selección galega é  un acto político pero ir a ver á selección española é só ir a ver fútbol.

De seguro que a delegación brigantiona que estará no partido fará unha interesante crónica do partido (hai que aproveitar, xa que os estadios galegos non soen ser os elexidos para  "vestirse" de vermello e amarelo). Esperemos que esta noite se lembren de sacar fotos onde se vexa como o campo anima ós nosos representantes. En fin, que sorte poder animar a Sergio Ramos.....

 

 

Comentarios
Añadir nuevo RSS
ALEXito  - OBSESIÓN 84.78.52.xxx | 2009-09-05 13:45:41
Lo tuyo con España y Galiza (ceibe) es obsesión.

¿¿No se da usted cuenta que no es lo mismo ver a Casillas, Xabi, Xabi Alonso, Iniesta, Torres, Villa... que ver a Álex Bergantiños, Jonathan Pereira o demás fauna? ¿No se da usted cuenta de que es un partido de fútbol (éste si) y la gente quiere ver precisamente eso, fútbol? ¿No se da usted cuenta de eso?

Lo que si es seguro es que esta noche, la gente que acuda a Riazor, irá a ver un partido de fútbol, y no a escuchar un himno (como sí ocurrió en Diciembre, ¿recuerda?)...no sé si se acuerda, pero el 80% de la gente que estaba en Riazor en Diciembre estoy seguro que no había ido a ver fútbol en su vida, y prosiblemente ni le gustase.

Deje a la gente disfrutar del partido y no mezcle tonterías que al 90% de la población no le importan...y no culpe al "imperio español" de que esta noche se llene Riazor y no se quede en las 8000 personas que fueron en Diciembre. Es como la diferencia entre ver a Bruce Springsteen y ver a Toñito de Poi...no hay color
xpab 77.27.58.xxx | 2009-09-05 15:14:25
En fin, eu estarei obsesionado, pero ti estás ofendido...

Reduces toda a noticia á comparación entre a selección galega (que ti chamas galiza) e a selección española, cando eu só digo que eu non é posible que vaia a ver futbol no partido da selección galega pero ti SI vas a ver fútbol coa selección española. Ainda que fose así, e eu fora para escoitar o himno (ti tamén viñeches... tamén foi para escoitar o himno??), non pode ser que haxa dentro desas 8000 persoas algunha que fora por ver a 11 galegos xogando xuntos??

Se ti vas porque che gusta o fútbol e só por eso, tes tódolos anos 19 partidos de primeira división en Riazor... a cantos tes pensado ir a ver este ano??

Nos dis nada da parte de Manolo o do Bombo, de Espe, ou de Ramos, só te centras (...e eu son o obsesionado) en "Galiza" vs España. Pois muchacho, a min hai cousas que non me gustan do ambiente da selección española, e entre esas cousas están as que che numero ó empezar o párrafo. Ademáis, seguindo coa famosa comparación, eu paguei 10 euros para ir ver á selección galega (eso cando non fun de valde) e en ningún caso estou disposto a pagar 50 euros por ver á selección, que non se pode negar que ten un bo equipo, contra unha panda de matados.

E ainda que non o creas, hai xente que prefire ver a Toñito de Poi que a Bruce Springsteen, e para min é unha falta de respeto non recoñecelo. Seguindo coa metáfora, ó mellor prefiro ver a J. Pereira (pese ó teu desprecio "comparándoo" cos internacionais, está, ó igual que D.López nun dos equipos punteiros da liga), A. Bergantiños e cía nun partido xa que non os verei máis no resto do ano, cando a Casillas, Iniesta and cía. os vexo ata na sopa.

E non vou a calificar despectivamente á xente que vai ir hoxe, nin ó que escribiches ti, porque eu respeto tódalas opinións, e si que che vou a decir que o deberías de intentar facer ti tamén. A veces a fronteira entre a tolerancia e a intolerancia é demasiado fina....
ALEXito  - Pffff 84.78.52.xxx | 2009-09-05 17:01:58
Basta con leer su "objetivo" artículo para darse cuenta de lo que usted quiere...

¿Es lo mismo ver a Maradona que a Albelda? Seguro que no, ¿verdad? Pues, salvando las diferencias, es lo mismo que comparar a Xavi con cualquiera de la selección galega

Lo de Toñito de Poi y Bruce Springsteen, no hago comentarios

Lo de 50 euros y 10 euros es simplemente la ley de la oferta y la demanda...además, parece que a los responsables de la Federación (que, como cualquier otra empresa u organismo, lo que quieren es ganar dinero) no les ha ido del todo mal, porque Riazor va a rozar el lleno.

Lo de que usted quería ver a 11 gallegos jugar juntos, no lo discuto, pero, seamos realistas, porque tanto usted como yo estuvimos allí...¿cuántas de aquellas 8.000 personas iban a ver un partido de fútbol?¿No es verdad que, al menos la mitad, estabn más pendientes de otras cosas que de las filigranas que 11 gallegos y 11 iraníes estaban haciendo en el terreno de juego?

Si yo veo que hoy la gente va más a otras cosas que a ver el partido, no dude que lo escribiré aquí, pero sinceramente, no lo creo...

Reconozca que es más atractivo para el gran público un partido de la selección española que uno de la selección gallega, porque sencillamente lo es, y ya está...igual que es más atractivo un Deportivo - Real Madrid o un Deportivo - Barcelona que un Deportivo - Numancia. Déjese de complots nacionalistas y admita la realidad tal y como es.

He dicho
xpab  - Pfff(II) 77.27.58.xxx | 2009-09-05 20:21:39
Primeiro, o artígo non é obxetivo, e unha opinión persoal -e polo tanto, subxetiva- onde satíricamente (ou eso pretendo) dou a miña visión do evento.

Segundo, non comparo a calidade da selección galega coa selección do resto de España. Non hai color, e tampouco creo que en ningún momento dese a entender que houbese paridade de calidade, así que creo que o de Maradona (blablabla) sobra...

Terceiro, o de Bruce Springteen... pode facer todos os comentarios que queira, pero eu cheguei a escoitar moitas horas de heredeiros e asegúrolle que non aguanto máis de media hora do señor Springteen.

O do precio, eu só digo que me parece excesivo para o que se vai ver no campo. Así, como ben dí vostede mesmo, hai partidos atractivos e non, e este entraría na catalogación (creada por vostede) de "Deportivo-Numancia", ou a lo menos eu vexo a Bélxica máis "Numancia" que "Madrid". E quizáis Riazor roce o cheo porque é o único partido oficial da selección en Coruña en toda a historia. Non sei, quizáis nunca se solicitou antes ningún partido oficial en Coruña, pero é triste ser dun equipo ó que se queres volver a opoiar nun partido oficial te tes que ir a Madrid ou a Valencia...

E si, tes razón, é triste que as 8000 de decembro persoas fóramos todas abertzales. É triste que unha persoa "normal", honrada e española non se achegue a ver á selección galega. De todos xeitos ese "problema" rematou. O goberno austero que só gasta 200000 euros en cousas importantes como cambiar mandilóns novos de nenos por outros tamén novos porque teñen distinta cor ou logotipos nas escolas, seguro que non poderá perder o tempo en xuntar a 20 tíos que é a única oportunidade que teñen de representar algo (ainda que sexa esa cagada do noroste da gran nación) para jolgorrio dos aficcionados radicais nacionalistas.
valba  - Vergonza allea http://www.brigantio.com SAdministrator | 2009-09-07 08:20:28
A verdade é que despois de leer este "artigo", o único que un pode sentir é vergonza allea. Xa empezando pola sua colocación na categoria de "Fútbol", un total sin sentido cando despois nel so se fala de himnos, Esperanza Aguirre ou "ser un rojo". Triste que queiras politizar o que foi tan solo un evento deportivo, pero bueno, supoño despois da experiencia do partido da selección galega, ese sí cheo de bandeiras dun partido político (cal será...), supoño que agora pretendes igualar por abaixo este da selección española. En todo caso sinto decir que fracasaches no intento.

- Galegos na selección: Cando haxa futbolistas galegos coa calidade suficiente, avísame. E dime a quen quitarias da actual selección para poñelos, claro. ¿Ou pretendes que xogue Diego Lopez por Casillas? ¿Ou por Reina? Si, por suposto vamos a quitar a campións de europa de clubes co Madrid e co Liverpool para meter a Diego Lopez por ser...¿galego?

-Manolo do bombo: por suposto algo representativo de España, o mismo que Cañita Brava ou Jose Tojeiro ("me echaron droja en el colacao" ) son toda unha representación de Galicia.

-Himno: O español é un himno sin letra ¿e? Desde logo chegas ó absurdo co tal de criticar.

-"Rojos" na Coruña: "este sitio onde está tan mal visto ser rojo como non ser da roja" Si, claro, por eso mismo na Coruña gobernan... anda, pero si son os socialistas! Si que está mal ser un "rojo" alí entonces, si.

E non escribo mais. Quero deixar algo para o próximo artigo, con fotos e videos incluidos do partido do sabado.
xpab  - política?? 217.126.222.xxx | 2009-09-07 10:29:00
Só hai un párrafo "político" que admito como tal no artigo:

"Neste lugar onde por ir a ver a once paisanos galegos xogar ó fútbol es tan nacionalista como por non ir a ver á tomatina. Neste sitio onde está tan mal visto ser rojo como non ser da roja. Neste sitio onde ir a ver á selección galega é un acto político pero ir a ver á selección española é só ir a ver fútbol."

Nel non comparo a calidade dos dous equipos nin digo que teña que ir máis xogadores galegos nin todas as pamplinadas que vos sacades da manga. So digo o que se está vendo, que un non pode ir a ver á selección galega e non ir a ver á Española sen ser etiquetado. E creo que con este artigo o estou demostrando gracias á vosa colaboración.

O resto, son críticas a cousas que me parecen se poden criticar -aguirre, ramos, himnos sen letra ou manolo-, e como cidadán (en teoría) libre, así o fago.

Dime, Valen, en que sentiches exactamente vergonza allea??
valba  - En todo SAdministrator | 2009-09-07 10:51:42
De Diego Lopez na grada falas tí, eu solo che contestei. Ou sexa que aquí nadie se saca cousas da manga, agás ti.

O de que un non pode ir a ver á selección galega e non ir ver á Española sen ser etiquetado por suposto que sí. Cando un vai ver un partido de fútbol e non outro simplemente polas suas ideas políticas, como é o teu caso, obviamente é porque pertence a un colectivo determinado de xente, que se pode etiquetar de certa forma (sin poñerlle nombre un non tería forma de referirse a el).

Non sei tampouco porqué tes ese problema en negar as cousas e non admitilas. Eu estou feliz e orgulloso coa miña etiqueta de galego-español (fun a ambos partidos con gusto), ti deberías estar tamén feliz coa tua de "so galego" (xa que non fuches o partido de España unicamente por motivos políticos). Ou acaso te avergonzas? Porque precisamente o sentimento de inferioridade é unha das lacras que fixeron que Galicia non despegase ata onde debería estar...

E claro que eres libre para criticar o que queiras, o mismo que os demais somos libres de sentir vergonza allea ó leer as tuas críticas tan pouco obxetivas e parciais.
xpab  - mentalista 217.126.222.xxx | 2009-09-07 12:32:11
"Cando un vai ver un partido de fútbol e non outro simplemente polas suas ideas políticas, como é o teu caso,"

"Eu estou feliz e orgulloso coa miña etiqueta de galego-español (fun a ambos partidos con gusto), ti deberías estar tamén feliz coa tua de "so galego""

A que ven todo esto?? Porque fas un análisis do que eu penso?? (porque claro, ti sabes o que eu penso) Porque convirtes esto nun ataque persoal??

Sempre fas o mesmo, levas todo a "ti esto" e "ti o outro"... eres un pouco cansino. Que se supón que teño que facer... decir os motivos polos que non fun a ver o partido?? .. que ten que ver eso co que escribín?? Quen está convertindo este artigo nun circo político??
xpab http://e por certo 217.126.222.xxx | 2009-09-07 12:35:21
Segues sen decir que é o que che deu vergonza allea do que escribín. Ó mellor se te centrases en escribir sobre o artigo e non sobre quen o escribe...
valba  - Repito, todo http://www.brigantio.com SAdministrator | 2009-09-07 13:49:14
Miña nai, fas un artigo de opinión "persoal" e si os demais o comentan entonces é que é un ataque "persoal". Que pretendes, que se comente obxetivamente un artigo que non o é? Si non é persoal, entonces porque pos "So digo o que se está vendo, que un non pode ir a ver á selección galega e non ir a ver á Española sen ser etiquetado." A quen te refires ahí? Ese "un" non eres ti? E donde "se está vendo"? Supoño que si o estás vendo é porque che ocorre a ti concretamente, polo que o primeiro en meterse "persoalmente" no tema eres precisamente ti.

Pero bueno, non é nada novo que cando quedas sin argumentos (que é sempre) acabes saindo co de ataques personales ou (xa tarda) coa manipulación.

E para que non teñas mais dúbidas co da vergonza allea:

- Dame vergonza que fales despectivamente da calidade do partido cando obxetivamente era (e de feito foi) un bo partido. Mellor que o de Galicia-Irán o que si que fuches encantado e pagando.

- Dame vergonza que fales dos precios das entradas, cando había entradas desde 15 euros.

- Dame vergonza que fales de galegos na grada coma unha enorme ofensa, cando sabes que actualmente non hai ningún de nivel para xogar na selección.

- Dame vergonza que fales de Esperanza Aguirre nun artigo que ti mesmo etiquetaches como de "fútbol".

- Dame vergonza que digas "Neste lugar onde por ir a ver a once paisanos galegos xogar ó fútbol es tan nacionalista como por non ir a ver á tomatina." cando hai moitas probas (eu son unha delas) de que esto non é así. Tampouco entendo o porqué desa obsesión coas etiquetas.

- E por último dame vergonza que mentes a Sergio Ramos cando nin siquera estaba na coruña.
xpab  - que vergonzoso! 77.27.58.xxx | 2009-09-07 17:13:06
Eu tampouco teño problema en repetir. Ti convertes cada artigo en ataque persoal que case sempre se reduce ó mesmo: "gústache o galego e o de Galicia, entón eres do bloque e antiespañol".

É certo que esta vez non dixen o de manipulación, pero é que xa estabas noutra fase. Si, si, fase. As túas "discusións" teñen fases; así, temos:

-fase A: descalificación xeral do artigo, con pinceladas de manipulación.
-fase B: en canto a fase A flaquea, descalificación persoal do autor
-fase C: unha vez que puxeches ó autor no seu sitio, despedida en plan "eu paso de seguir discutindo. Eu así non xogo"

E ten gracia que fales de argumentos, cando o teu mellor argumento é comparar a dúas selección e ir contra os ideais do que escribe (ideais que pos ti) sen centrarte moito no que di o artigo. Pero vexo que nesta resposta te esmeraches e (por fin) criticas algo do que puxen.

En canto ó da vergonza, eu no teu caso mo miraría, porque creo que es demasiado vergonzoso, non fai falla demasiado para poñerte colorado:

-Penso que unha persoa ten un problema cando ten vergonza porque outra califica a un partido de fútbol de menor categoría do que a primeira pensa que ten (como non, volves a meter o tema do partido de galicia que NUNCA dixen que fora mellor, pero ti queres dalo a entender).
-Penso que unha persoa ten un problema cando di que sente vergonza porque a outra lle parece caro un partido.
-O de galegos na grada non o acabo de entender....
-O de Esperanza Aguirre é para sentir vergonza allea, pero non de min.
-Penso que unha persoa ten un problema cando ten vergonza ó ler "Neste lugar onde por ir a ver a once paisanos galegos xogar ó fútbol es tan nacionalista como por non ir a ver á tomatina." cando este fin de semana unha persoa moi vergonzosa escoitou mil veces que o 80% da xente que ía a ese partido "iban a lo que iban" sen decir nin mu (acaso só sintes vergonza cando o ves escrito?)
-O de S. Ramos sí que é para sentir vergonza allea, tes razón. Equivoqueime informando. Falei dun tío que só vai a 99 de 100 partidos coa selección pero que non nos deleitou coa súa presencia en Riazor. Mea culpa. Normal que estés avergonzadísimo de ler eso...
valba  - Lee un pouco SAdministrator | 2009-09-07 17:39:15
Creo que tes que leer un pouco mais, simplemente para darte conta de que mundo real non é igual que mundo ficticio na cabeza de xpab.

"Ti convertes cada artigo en ataque persoal que case sempre se reduce ó mesmo: "gústache o galego e o de Galicia, entón eres do bloque e antiespañol"." : mande? probas de esto? Ah, xa, que o inventaches... Tranquilo, estamos acostumbrados.

Eu tamén poño as "fases" das tuas intervencións:

- Fase A: o mundo está contra min
- Fase B: choro porque o mundo está contra min
- Fase C: choro porque na miña cabeza penso que me atacan "personalmente"
- Fase D: choro porque manipulan (non se sabe como nin a quen)
- Fase E: pataleo un pouco e abandono a conversa.

E a vergonza é allea, de ver como unha persoa pode auto ridiculizarse en público coma ti fas e encima estar orgulloso de facelo.

E por último:

- Si a unha persoa lle parece caro un partido da selección campeona de europa por 15 euros e non lle parece caro o de Galicia por 10, ten un problema (de medida).

- Si unha persoa fala de "galegos na grada", e despois dice que non sabe de que vai o de "galegos na grada", ten un problema (de memoria selectiva).

-Si unha persoa fai un artigo de deporte e para ilustralo ten que poñer un video de Esperanza Aguirre, ten un problema (de conceptos).

-Si unha persoa fala dun xogador que non é tal, ten un problema (de documentación).

E cando queiras falamos do que foi o partido de Galicia, xa que eu, que acudín os dous encontros, sí que podo falar de primeira man de ambos.
xpab 77.27.58.xxx | 2009-09-07 19:59:13
Si, abandono, penso que xa non se pode aportar nada máis (esta vez aviso que abandono, polo menos un dos dous varía o seu modus operandi)....

A metade do que dis, sigues conmigo a contas, a min xa me cansa. O de galego, antiespañol e todo ese rollo, quen leeu algunha outra discusión xa o sabe, non teño naaaaada que demostrar. Sigues sen respetar o que escribo, decindo que da vergonza e que é ridículo, así que penso que non ten sentido seguir falando con un irrespetuoso que o único que fai é tratar e descalificar ó que está falando e non do que está falando.

E o de falar do partido de Galicia xa tiveches tempo, puideches poñer unha noticia, pero non o fixeches, e sen embargo sí puxeches non 1 nin 2, senón 3 noticias de España ó longo da Eurocopa, como se a xente non soubera de sobra o ben que o estaba facendo a selección. Felicidades pola túa obxetividade, galego-español.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."