Finalmente serán 12 as prazas para o torneo de fútbol praia de Sada, e 120 € o prezo da inscripción, así que as contas son sinxelas: 10 euros per capita. Hai que xuntar canto antes os cartos, xa que o prazo remata o 22, así que sería convinte que os xogadores foran aboando a súa parte respectiva ós tesoureiros, que, para variar, serán (seguramente) Valen, Ángel e Pablo. Ó ser 12 prazas, Argui, Ángel e Jota poderán entrar seguro. Sen embargo, con esta composición habería unha baixa: a de Álex, así que habería que darlle entrada a outro xogador, que sería presumiblemente Juan M.
A espiña dorsal do equipo xa está decidida, e será a formada por: Bello, Dani, Mauro, Moi, Pablo, Pena, Sera e Valen.
En canto ó tema das camisetas, estivéronse mirando varios modelos en Decatlon. Aínda poñéndolles número, o seu prezo non chegaría ós 10 euros, e parece que hai unanimidade na súa adquisición.
Por último, habería que organizar algún "entrenamiento" na praia, na que xa empezaron a tocar balón algúns dos compoñentes, como Ángel, Valen, Álex, Pena ou Pablo.
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|