Inicio
Brigantio fútbol praia. Comeza o espectáculo.
Escrito por xpab
sábado, 05 de julio de 2008

O luns 7 de xullo ás 20:45 hai unha cita en Sada na que se tratarán de respostar ás seguintes preguntas: ¿Con que nos atoparemos este ano? ¿Seremos o equipo desganado que defraudou o ano pasado ou seremos como aquel equipo debutante que se clasificou para os oitavos contra todo pronóstico hai dous anos?

Pase o pase, será con caras novas e sen algúns dos que fixeron o mellor e o peor nestes dous anos de Brigantio fútbol praia. Así, este ano non contaremos con Bello, Juan M., Álex, Dani ou Argui e daremos a benvida a Tiago, Álex III e (quizáis) ó carismático e polémico Jhota, á espera de ter o visto bo do médico tras unha operación. O resto, pois os de sempre: Valen, Moi, Mauro, Pena, Sera, Angelito e Pablo. Dende logo o hándicap principal á espera da confirmación de Jhota vai a estar en quen ocupe o posto de porteiro. Da actual plantilla, Pena e Pablo ocuparon a portería nalgunha ocasión, con distinta sorte según o partido.

En canto ó grupo que nos tocou, un par de campións de edicións pasadas, outro par de descoñecidos e nós. Estamos no grupo "Rojo", onde os que completan a lista ata chegar ós seis equipos somos Brasukas, Dush/Vagalume, Morrisey, Carcosa, Webplanet e Brigantio.

Os dous primeiros son vellos coñecidos. Ó Brasukas fixémolo sufrir na liguilla o primeiro ano no que xogamos, no que a posteriori o equipo vermellón ocense se convertería en campión. O Dush está na curta lista dos equipos contra os que acadamos a victoria. Dos demáis non sabemos moito que contar, salvo que todos son clásicos do torneo quitando a incógnita "Carcosa".

O calendario (atentos xogadores e seguidores!!) será o seguinte:

Xornada 1 Luns 7 de Xullo

20:45
Morrissey42Brigantio

Xornada 2 Venres 11 de Xullo

20:45
Dush/Vagalume36Brigantio

 Xornada 3 Xoves 17 de Xullo

20:00
Brigantio15Brasukas

 Xornada 4 Mércores 23 de Xullo

20:00
Brigantio32Carcosa

 Xornada 5 Mércores 30 de Xullo

20:45
Webplanet53Brigantio

 

Que gañe o mellor, a ser posible, o Bringantio.

Vémonos na praia!


 
Comentarios
Añadir nuevo
Álex  - Carcosa 81.41.168.xxx | 2008-07-05 13:49:27
Los de Carcosa jugaron contra nosotros el año pasado, y son bastante buenos, eran todos jugadores del sada de cuando jugaba yo. Juegan entre otros el portero del betanzos, y Marcos, fichaje del betanzos de este año.

Suerte!!!
valba  - grupo de la muerte SAdministrator | 2008-07-05 14:36:22
Esto viene a reafirmar mi comentario justo tras salir nuestra bolita con el ?umero 16, que nos metía de cabeza en este grupo: ¡ES EL GRUPO DE LA MUERTEEE!
xpab  - tapaos 213.60.180.xxx | 2008-07-05 19:23:49
En todo grupo da morte sempre ten que haber algunha sorpresa
valba SAdministrator | 2008-07-05 21:03:35
Tapaos... e sepultaos cando nos pasen por encima...
Porque atención, esos 2 tipos que dice Alex, parece ser que xogaban fai dous anos no... si señor, HERRAMIENTAS HULECO, equipo co que todos recordamos temos creo o record de maior paliza por ahora...
Así que posiblemente o carcosa sexa o mismo Herramientas huleco, pero con outro nombre.
A que nos espera...
valba  - R.I.P. Brigantio SAdministrator | 2008-07-06 18:28:11
Atención.. Morrissey: CAMPEON DEL AÑO PASADO.
Aquí una foto de ellos con el trofeo:
http://guiadesada.es/imagenes/imagenes_futbol/f...

Pues eso. Nos tocaron en el grupo al menos 3 campeones y posiblemente otro que fue finalista. Pronostico: humillación tras humillación. Lo que hay que hacer:
1.- Rezar
2.- Rezar más
3.- Darlo todo en el campo.
4.- Rezar un poco más. 
xpab  - resultado 193.144.63.xxx | 2008-07-10 12:35:28
Perdimos 2-4 contra o Morrisey, dando mellor imaxe da que agardábamos.
0-1 ó descanso, con dominio rival
1-2 no segundo descanso con apreciable melloría brigantiona (gol en propia meta rival)
2-4 final (gol de Moi) , peleando ata o último minuto

Fumos todos os que estamos apuntados menos J, e Álex e Tiago estreáronse dando boas sensacións.

Agora, a agardar ó Dush.
valba  - Resultado 2 SAdministrator | 2008-07-12 11:45:12
Ganamos 6-3 contra el Dush, en un gran y emocionante pártido, donde el Brigantio cuajó posiblemente uno de los mejores partidos de hace años. La portería la ocupó brillantemente Alex, que a pesar de casi quedarse KO con un rodillazo fortuito rayó a gran altura.

Al descanso tras el primer tercio se llegó con 0-1 para el Dush, aunque el juego estaba equilibrado.

En el segundo tercio empataría Mauro con un buen gol desde fuera del área, pero el dash se volveriá a poner por delante con un gol de gran fortuna. En este tercio el Brigantio fue muy superior a su rival, y sólo la falta de suerte en el último remate evitó más goles azules. 1-2.

El tercer y último tercio empezó con un injusto penalty pitado contra el Brigantio, que pondría el 1-3 en el marcador a falta de unos 10 minutos para el final del choque. Y entonces llegó el rodillo brigantino para pasar por encima de un sorprendido Dush.
Nada más sacar de centro tras el gol, Sera ponia el 2-3. Moi en una gran jugada el 3-3. El mismo Moi vuelve a irse como una anguila y pone el 4-3. Valen anota el 5-3 y otra vez Moi pone el definitivo 6-3 en el marcador.

Gran victoria del Brigantio que lo coloca en el segundo puesto del grupo, a tan sólo una victoria de asegurarse casi con toda seguridad su pase a octavos de final.
xpab  - goles?? 213.60.180.xxx | 2008-07-14 14:30:08
Quen marcou os goles?? Faltou alguen mais a parte do carismatico xpab?? Queremos mais info!!!!
xpab  - faltou Pena 213.60.180.xxx | 2008-07-13 18:08:21
Entón foron todos menos pablo, pena e J... fixo falta recurrir ó 4º porteiro!!!
xpab  - palmamos again http://www.brigantio.com SAdministrator | 2008-07-20 22:47:23
Palmamos 1-5 contra o Brasukas.
O gol marcouno Valen. Fumos todos menos Pena.
Pese a rematar o primeiro tercio 1-2 e non haber goles no segundo, o resultado quedou nun inmerecido 1-5, demasiado castigo.
xpab  - estamos aí http://www.brigantio.com SAdministrator | 2008-07-23 20:52:18
Con uns excelentes Moisés (hat trick) e Álex (que gardaba a portería por terceiro partido consecutivo dunha maneira impecable) o Brigantio ten opción de acadar calquera posición no grupo, pero tamén de quedar fora. Volveron a faltar Pena e o inédito J.

Con 1-0 no primeiro terceiro, o partido non tivo goles no segundo, para poñernos 2-0 no último, ventaxa que non tardaríamos en perder para que finalmente Moi marcase un bo gol de xogada persoal co 3-2 definitivo.
xpab  - Adeus precipitado SAdministrator | 2008-07-31 16:32:01
Tras un "non malo" partido, onde case todos tivemos o noso "gol de Abreu", o Brigantio deixa a competición cun 3-5 cando menos inxusto. Valíanos un empate a 5 ou máis goles, pero non houbo pacto de empate. Acudimos todos menos Angelito e J, que pese a estar apuntado non chegou a debutar. O porteiro foi Pena.

Ó gol inicial de Moi respondeu o WebPlanet con un par de chicharros. Sen embargo, antes do primeiro descanso Moi volvía a marcar tras un rexeite dun tiro lonxano de Pablo.
No segundo tempo, tras fallar o Brigantio de todo (incluso un penalti Valen) o Webplanet "íase" a un cómodo 2-4.
No último tercio pese a ter oportunidades de sobra para empatar, só Pablo puido acurtar distancias tras tirar un tiro dende o medio campo sen barreira como saque dun polémico dobre pase o porteiro, que o antideportivo equipo rival aproveitou para perder todo o tempo que puido.
Finalmente un último gol rival, tras unha falta ó borde da área, acababa coas ilusións brigantionas cun quinto matador gol.

Aínda que se fixo un relativamente bo campeonato, o Brigantio di adeus de forma cruel ó campionato, e máis tendo en conta que NO CAMPO gañou os mesmos partidos que o segundo clasificado (que tivo 9 puntos pola non presentación do rival na última xornada) ou que lle sacamos 6 puntos ó equipo clasificado por debaixo. A clasificación quedou a 1 mísero punto e Moisés está agora mesmo entre os máximos goleadores con 9 goles.

Estatísticas:
Partidos xogados: 5
Partidos gañados: 2
Partidos perdidos: 3
Goles a favor: 15 (Moisés: 9; Valen:2; P.Meta, Sera, Mauro e Pablo:1)
Goles en contra: 19 (Pena: 9; Álex: 10)

Suponse que a foto do equipo estará pronto en:
http://www.guiadesada.es/futbol_playa/fotos.ht ml
valba  - Obxetivo SAdministrator | 2008-07-31 16:54:58
Lidas todas as crónicas, propoño cambiar o nome do equipo para o ano que ven por Pablo's Team ou F.C. Pablo.
Ocupa mais espacio a descripción do seu único gol que xuntas as dos 9 de Moisés, pero bueno, modestia ante todo.
xpab  - hoooome!!! SAdministrator | 2008-07-31 21:50:37
Para un gol que marco!!!

P.D. Cada un é libre de facer as crónicas que crea correspondentes e de describir os seus goles, paradas e pifias. Se non che gustan as miñas... pois a botarlle azucre
valba http://www.brigantio.com 213.60.181.xxx | 2008-08-01 14:15:31
Nadie dixo que un non sexa libre para facer o que queira, e manipular o que lle pareza como fixeches ti, e por eso vexome na obriga de poñer tamén eu a crónica do último partido para que a xente que o lee teña toda a información:

O partido comenzou ben para o Brigantio, con un gol de Moises, o pichichi do equipo e da competición a pesar de ter que xogar moitas veces abaixo porque outros no equipo se creen con maiores habilidades que él para o ataque pese a non marcar nin un gol hasta este último partido.

O Webplanet empataría con un tiro lonxano que nadie tapou, e puxose por diante no marcador cando Pablo deixou sin cubrir a un dianteiro rival que rematou a placer.

Sin embargo, de novo Moises, auténtico valuarte do equipo conseguiría o gol do empate tras estar atento para cazar un rexeite. Sin él o equipo quedaria con 6 pírricos goles, sendo o peor equipo goleador da historia do torneo seguramente.

O segundo tercio comenzou cun gol do Webplanet de saque de centro nunha acción pouco afortunada. Mais tarde Valen forzaría un penalty adiantandose o seu marcador, pero sin embargo foiselle por un palmo da escadra dereita. Minutos despois Alex quitaballe o balón o porteiro e a porta vacía pero demasiado escorado lanzaba un tiro que se paseaba pola linea de meta sin chegar a entrar. Tamén Tiago faría unha gran xogada, chegando hasta dentro da area onde o porteiro rival faria unha parada de mérito para sacar o balón. Tamén un tiro de Moi, que ia a gol, rebotaba involuntariamente en sera e non entraba. A pesar de todas as ocasións, o Brigantio non marcou pero si o Webplanet cun tiro aislado.

O último tercio empezaría cunha xogada de Sera, que de espaldas a portería deixou o balón morto para que valen coa zurda o enviase contra o pau da portería rival. Tras outras ocasións similares Pablo recortaría distancias tras aproveitarse dun fallo do árbitro, que pitou unha cesión inexistente. O mismo Pablo puido acadar o empate, cando na sua habitual posición de delantero se atopou totalmente solo, diante da portería vacía, co balón a altura da sua cabeza. Por desgracia pechou os ollos e non impactou co esférico, que se perdeu pola banda. Finalmente o Webplanete marcaria o 5-3 nun tiro de penalty.

O brigantio fixo en lineas xerais un bo papel no torneo, e tan solo a mala sorte en todos e cada uns dos puntos donde podía influir negativamente privaron ó equipo de acadar un merecido pase a seguinte ronda.

Estadísticas:

Partidos ganados:
Alex, Mauro, Angel, Tiago, Moisés, Valen, Sera: 2
Pablo: 1
F.Pena, Jota: 0

Partidos Perdidos:
Alex, Mauro, Tiago, Moisés, Valen, Sera, Pablo: 3
Angel, F.Pena: 2
Jota: 0
xpab http://mea culpa! SAdministrator | 2008-08-01 17:36:48
Ostras!, é verdade, olvidábame decir que perdimos pola miña culpa na crónica manipuladora!!!
Joer, eu que creía que me ía fichar o Madrid tras semallante manipulación, agora xa me fastidiaches...
Dende logo que fixeches todo un seguimento da miña actuación, así que eu che teño que corresponder completando a miña crónica coa túa actuación:

Primeiro tercio: Valen protestando e mirando quieto para o xogador que Pablo non chegou a tempo de cubrir no segundo gol do webplanet.
Segundo tercio: Valen protestando e fallando un penalti (a súa única ocasión) por "un palmo" . Tamén lamentou a ocasión de Pablo nun remate de cabeza a pase do baluarte (con "b" que se ía lamendo o pau.
Terceiro tercio: Valen protestando e lamentando as ocasións falladas polos seus compañeiros, como a de Pablo que non chega a rematar de cabeza un bo centro do crack do equipo Moisés.
Resumo: Valen na súa liña.

Por certo, non olvides completar a túa, recorda todo o que despotricas dos teus compañeiros (non só de min) despois de cada partido, e inclúeo na túa crónica, para que "a xente que o lee teña toda a información"

Ah!, outro detalliño. Se un xogador pasa do medio campo para intentar marcar un gol non significa que se crea mellor que nadie. Resulta que o xogo consiste en meter máis veces a pelota na portería que o rival. Estaría ben que Moi metese 6 goles en cada partido, pero a veces os compañeiros tamén teñen que intentar meter algún. E para eso é necesario subir tanto (ou máis!!) que Moi (salvo que teñas a calidade para meter un gol dende o medio do campo...). Outra cousa é que a algúns non lles de para subir e despois baixar, pero ese non é o meu problema nin o da maioría do equipo. O peor é que esos son os que máis protestan...
valba  - Mentirosito 213.60.181.xxx | 2008-08-02 11:33:40
O teu problema (un deles) é que canto mais falas, mais te vas hundido.

Unha cousa é manipular como fixeches na primeira "crónica", e outra distinta pasar a mentir directamente para intentar atacarme.

1º Tercio: Agora resulta que un tio que está nunha banda ten que ir tapar a outra porque o que está na outra está nas berzas en vez de cubrir o rival que ten detrás a 2 metros. Esto é novo no fútbol!

2º tercio: Mintes cando dices que o penalty fallado foi a miña única ocasión. Recordoche que tirei un tio que dou no pau, algo que polo menos os que saben algo de futbol suelen calificar de ocasión.

3º tercio: Volves a mentir cando dices que non chegas ó remate, cando chegas perfectamente. Simplemente cerraches os ollos no momento do remate e non lle diches ó balón.

O que teña ou non teña que poñer nas miñas crónicas é algo que que solo me importa a min, ti podes decir misa.

O último para o final, porque repito que canto mais falas mais te hundes ti solo:

Si un xogador intenta pasar do medio do campo, cando xa hai dous compañeiros arriba, deixando tres rivales solos con un defensa, ¿como lle chamas ti a eso? Porque foi o que fixeches ti contra o Carcosa, cando iamos ganando 2-0. Hai cousas mais importantes que que marques ti o teu gol, e é que o equipo gañe o partido.

Si hai xente con mais habilidade para marcar gol, ¿porque teñen que xogar abaixo? ¿Para que todos marquemos o noso gol e ser felices individualmente? O tema é que os que ataquen ben estén arriba, os que defendan ben abaixo. Polo ben do equipo, non polo teu propio, que é o único que che importa a ti.

E claro que si che da para subir e baixar mellor que mellor, pero tampouco foi o teu caso. Baixar hasta o medio do campo, porque claro, atrás xa habia 2 pringaos defendendo para que ti estés de "delantero", pois tampouco se pode considerar subir e baixar.


E o punto final: Mira o malo que son, e inda así marquei o doble de goles ca ti, e conmigo no campo ganamos o doble de partidos ca contigo. Dariame pena e vergonza que un que non se move doblase así a outro que continuamente sube e baixa polo campo e marca goles desde o medio do campo.
valba  - campeon SAdministrator | 2008-08-04 21:20:03
Según ciertos rumores, y a falta de que lo confirmen (si lo hacen) algún dia en la página oficial, parece ser que el campeón de este año fue el Carcosa, que recordemos fue victima del Brigantio en la liguilla...
Álex  - los que nos eliminaron... 79.144.168.xxx | 2008-08-05 12:31:21
Pues despues de ganarles a Ayman Club en octavos dando la sorpresa, fueron los que nos eliminaron en cuartos...
xpab  - impresionante!! SAdministrator | 2008-08-05 19:54:11
É impresionante a "sorte" que tivemos este ano. Campión e subcampión (webplanet) no noso grupo...

Por outro lado, temos ó 7º máximo goleador, que ten maior mérito se se pensa que xogou menos partidos que os outros goleadores e conseguimos meternos como o 10º equipo menos goleado. Todo eso confirma que non se fixeron as cousas mal, pero todo xogou en contra. C'est la vie
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación