Según puido saber a xente desta páxina, en breve abrirase o prazo de inscripción para o torneo de fútbol praia na veciña vila de Sada. Os organizadores están á busca de patrocinadores. Sen embargo, o feito de que o ano pasado o prazo pechaba a finais deste mes non é precisamente alagador, e haberá que estar atentos se non queremos quedar sen torneo estival. Tamén comentar que para este ano hai overbooking de xogadores. Se as cousas son como o ano pasado, só 10 se poderán inscribir. A probable baixa de Pando deixa unha vacante libre e a disputar entre varias persoas. Os 9 restantes parece que continuarán, coa dúbida de Álex.