Fundamentalismo islámico, terrorismo, fanatismo.... todo esto está moito de moda hoxe en día. Sen embargo parece (ou máis ben, nos queren facer crer) que esto só pasa no lado dos "malos", dos "moros terroristas".
Estos días quedei abraio vendo como o país máis poderoso do mundo entrena e adoctrina ós seus rapaces utilizando a XesúsCrito (para eles "J.C.") como excusa para facelo. Se queres un pequeno resumo de como se entrenan as novas cruzadas do século XXI, dalle a "Leer Más". Antes, aquí vos deixo unha pequena perla dos "greates hits" do documental.
Pois o documental (disque nominado ó Óscar) fala de como se organizan os campamentos infantís fundamentalistas evanxélicos (a igrexa de Bush, por certo) nos EE.UU.
O argumento xira en torno á encargada dun dos campamentos e de varios dos nenos asistentes. No documental, de tendencia crítica, pódese ver como a encargada protagonista, con un claro sobrepeso, critica ós "cristianos gordos que están na súa casa sen facer nada", ou demoniza a Harry Potter porque é un bruxo (e o cristianismo polo visto non admite a bruxería) decindo que nunha sociedade cristiana o pobre rapaz mago catroollos sería duramente axusticiado.
Por outro lado, preséntase a un Bush salvador que é o que cambiou as cousas no gran pais do mundo. O cambio climático (negado totalmente), a teoría da evolución (da que se rín vilmente), o aborto.... son temas tratados ó longo deste documental, que pola súa intensidade e corta duración non da tempo a que se faga pesado.
E ti, xpab.... que pensas?
Pois eu sempre intento manter unha postura escéptica, por eso non sei se creerme todo o que contan no documental. Ben é certo que non hai ningún Michael Moore cizañando polo medio, ou unha voz en off criticando todo o que se vai vendo, pero o documental está claramente orientado a criticar (mostrando as partes máis extremistas) o tema dos campamentos evanxelistas. Así que a pregunta é... ¿porque se deixaría esa xente grabar? ¿Acaso os enganaron e lles dixeron que o documental ía ser para ver o maravillosos que eran esos campamentos? ¿Acaso son os protagonistas totalmente parvos?
Supoñendo que o que se mostra é certo, o que máis impresiona é os razoamentos dos little extremistas, que basicamente se creen que con sentir o Espíritu Santo e con escoitar ó "señor" (non sabemos se "señor" = Bush) xa van a ter a súa vida solucionada, e se as demáis persoas non comparten esos pensamentos, peor para elas, porque só debería importar "satisfacer" ó señor. Tamén son impresionantes as suxestións colectivas, con nenos chorando a lágrima viva, non sabemos se polo Espíritu Santo ou por lamentar ter a uns pais que os deixan un mes en verán cuns fanáticos que lles van lavar o cerebro.....
Obviamente estes campamentos se moven por razóns políticas (como todo). E quen o negue, só ten que ver a parte en que unha "monitora" vai cun póster-silueta de Bush para que o "saúden" os nenos, ou cando instan ós nenos a que pleguen por él, un dos tiranos que nese momento reventaban o mundo. Ademáis manipulacións como negar o cambio climático, decindo que a temperatura "SÓ" subíu 0,6 grados nos últimos anos. O porque desta manipulación está perfectamente explicado no documental, onde di que o que fagamos co planeta dá igual, xa que a vida terrenal non importa, só importa acabar no ceo con Xesús, e se mentres estamos aquí quemamos, consumimos, contaminamos, pois dá igual, e ademáis (oh casualidade!) uns cantos evanxelistas se van ver beneficiados porque o fagamos, como por exemplo, por decir un, un que empeza por "Bu" e acaba por "sh".....
Por último non sabía se calificar este documental de comedia, terror, drama, xa que dependendo do momento, danche ganas de rir, de tremar, ou de chorar....
Eso sí, paradóxicamente, os evanxelistas do documental conseguiron que plegase varias veces ó longo do documental xa que en varias partes da hora e 20 minutos que dura, na miña cabeza só cabía unha expresión, de desesperación e de asombro. Con ela, conclúo esta crónica-resumo:
"Dioooooooooooos Miiiiiiiiiiiiiiiiiiiiio!!!!"
| Comentarios |
|