Inclasificable
Inclasificable
Miñorbella Parece que convertir a Miño nun referente turístico do norte é a prioridade do Concello de Miño, co seu alcalde á cabeza.
Así se reza na web, onde se fala da urbanización do Piñeiro:
"...el Piñeiro no puede ni debe ser una simple “ciudad dormitorio”, tiene que ser un espacio no sólo con vida propia sino que atraiga también a otras personas ajenas a la urbanización; una amplia y atractiva plaza pública con edificios emblemáticos, con una dinámica zona comercial, con modernos y acogedores restaurantes y cafeterías dotados de cómodas terrazas que “inviten” a estar en la calle, con hoteles y espacios lúdicos... en definitiva, una ciudad nueva y atractiva no sólo para vivir en ella, sino para visitarla y disfrutarla, para “estar” en ella..."
É decir, un novo triunfo do ladrillo turístico giri sobre os montes e o aire puro. Deso e de máis cousas se informa no folleto que se pode ver dende a web.
Nese folleto, se destaca a "importancia do proxecto". Dise (transcribo literalmente, non atopei nin sei se existe unha versión en galego):
En esencia, lo que deseamos con esta obra es cambiar nuestro modelo de pueblo (...) que harán de esta obra una visita obligada para nuestros turistas y convertirá a Miño en un lugar de referencia de todas las Rías Altas.
Ou sexa, o prioritario non é desarrollar as empresas de Miño, facer un polígono para que a xente traballe (o que sería máis ou menos razoable), senón que o prioritario é poñerse ó servicio de "nuestros turistas", caia quen caia, ou mellor dito, caia o que caia.
No folleto tamén se destaca que ten que ser rápido. Os motivos son apabullantes:
(...)Porque en el momento actual Piñeiro tiene fijada una línea de protección de costas de 100 metros. Si lo desarrollamos despues de que se adapte el PGOM (...) se llevaría hasta los 200 metros (...) no sólo se reducirían drásticamente los precios (n. do a.: que drama!!), sino que posiblemente no llegaría a urbanizarse jamás (...) Ha habido muchos intentos por desarrollar Piñeiro y todos han fracasado. Ya no nos podemos permitir un fracaso más.
Despois sigue dando motivos para facer o proxecto, decindo que crecer, crecer e crecer sempre é bo: "El crecimiento y el desarrollo nunca es negativo".
Sen embargo parece que non todo é tan bonito como esa web pinta. Non di nada do impacto ecolóxico que pode ter, nin que un dos atractivos de Miño é precisamente estar rodeado de bosque e marismas que se empeñan en borrar do mapa. Non é só unha apreciación persoal, parece que a lei, afortunadamente, non está do lado deste colosal proxecto, como podemos ver nesta noticia de La Voz. E ainda que o famoso folleto do que se fala antes non dí nada, na noticia destácanse algúns "detalles":
"Asimismo, y al igual que vecinos de la zona y colectivos ecologistas como Verdegaia los socialistas alertan de que la construcción de esta urbanización va a tener un impacto brutal en las playas de Miño, en la marisma ante la que está situada y en la zona protegida de la ría de Betanzos. «La depuradora no solo es ilegal, porque se ha construido en suelo rústico, sino que vierte en el río Baxoi y está en lugar totalmente inadecuado, que va a degradar la zona y la playa Grande»"
É decir, será un gran progreso para o pobo que haxa centros comerciais, bulevais, casas, prazas, campos de golf.... e unha praia chea de cagallóns.
"Quen algo quere algo lle costa" di o refrán, así que os veciños de Miño (e que non sexa o sono megalómano dun tío, como ben conta Javier Armesto no seu blog) deberán decidir con que se quedan. Eu, que non son miñoco de nacemento pero sí que pasei moito tempo da miña vida na praia grande, teño a miña decisión ben clara: eu quero seguirme bañando moito tempo nas limpas augas da praia grande. Non quero que se siga deteriorando, que xa bastante temos coa fuga periódica de area ano tras ano. Quero chegar a Miño e que siga sendo o pobo tranquilo de sempre, tranquilade só rota pola feliz invasión masiva domincal de lujeses. Pero é a opinión dun brigantiono que nin pincha nin corta, pero que polo menos dende aquí trata de concienciar un pouco sobre o que está pasando.
Ogallá teñamos praia por moito tempo, con urbanización ou sen ela. Se finalmente se fai haberá que rezar para que todo o bonito que pintan sexa bonito e para que o malo sexa só cousa da imaxinación da oposición. Eso sí, o ladrillo sobre o monte seguro que non será imaxinado. C'est la vie!
Adeus, Monte Piñeiro... "por un puñado de dólares"
| Comentarios |
|