Brigantio. Finais dos anos oitenta. Agosto. Día grande das festas. Servidor sube pola rúa do rollo hacia a súa casa, na todavía "calle de las discotecas" aínda da man dos seus pais. Subir ese pequeno tramo lévanos varios minutos. Onde agora hai un chino e unha droguería, había unha discoteca e un pub, que anos despois intentará volver abrir, sen moita sorte (chamado Parking). Máis para arriba estaban o snack-bar Alexandre, o Verde Menta e o actual (e único supervivinte) Ráfagas. Dobramos a esquina e vemos ó río de xente. Nilson (que despois sería G2 e finalmente Xolda) e a Iris marcan o ritmo da rúa. Tamén hai xente comendo no Morris I. Completando a movida da rúa hai por aí algún sitio máis, como o desaparecido Canaima, o Malibú (hoxe en día People) ou o Kyu. Non facía falla que fora festa para que a rúa estivese ateigada. I eso é o que podo recordar desa época.
Brigantio. Mediados-Finais dos noventa. As calexas a reventar. O bar O Globo en auxe. Á Adega van os máis roqueiros e, de vez en cando, aínda organizan algún que outro conciertillo. Subes para arriba. Os máis bravú teñen o seu destino no Frutos. Parada obrigatoria no S'Alquila. Por suposto, hai que pasarse polo Cartoon, xa que hai tanta xente fora como dentro e se tes sorte podes pasar sen demasiado agobio. E xa que estás alí, porque non ir a facer un karaokillo ó Pub La Calle?. Como os vellos rockeiros nunca morren, teñen a súa propia rúa. Así, aí está o LolaMento e o Anduriña, xunto ós inmortais Saco e Gales. Se non estás moi marchoso, que tal un billar na Frontera?? O Garelos é para os maiores. E se che apetece un "piscolabis", está preto o Saloon. Se queres prolongar a noite, alá está Troula. Iris empézase a facer co público máis novel. A fame entra e vas a tomar algo ó Bocatas ou ó Morris I ou II. Se queres ver amencer, Xolda estará disposta a facer a longa espera contigo.
Brigantio. Finais da primeira década do novo Milenio. Dálle a "Leer Más" se queres saber o que hai por aquí hoxe en día.
Hoxe en día o abanico de posibilidades é menor. As calexas xa non teñen o peso dos anos noventa, pero sen embargo son a principal opción de saída. O Globo xa non se enche como antes, ten a súa clientela fixa, como a cervercería Estrella. O Pozo claudicou e non aguantou o descenso de xente. Para tomar a primeira, colle forza a Zoki, antiga Internacional.
Sen embargo, outros sitios como O Rincón do Roncón e as Caipirinhas danlle un toque de frescura á zona. Os verdadeiros reis da noite son a Tasca e a Adega, hoxe en día semireconvertida en pub, a partir de certa hora da noite. Arriba as alternativas principais son dúas: Ou ben apostar polo dueto Saco-Garelos ou ben polo Ráfagas-Xarope. Así de sinxelo. Por suposto que hai outras opcións, pero o groso da xente (case sempre os mesmos) se decantan por esas opcións.
Os que claudicaron
Na zona de pubs de Betanzos (entre Rosalía, Rollo e Seijo Rubio) había hai só uns anos máis dunha ducia de lugares de diversión. Hoxe en día apenas quedan a metade. Aí van algunhas mostras dos que non aguantaron o baixón.
Xolda agora é unha moblería
Troula é unha tenda de roupa (a lo menos mantén o nome)
Canaima leva anos destrozado
O Bocatas e o Morris-2 agora son un parque infantil e un local en aluguer, respectivamente
O Zirrosis e o Mangole son dous exemplos máis en aluguer da rúa Rosalía

O Mangole, pese a que tivo varios intentos de apertura, non se chegou a manter aberto moito tempo seguido

Na rúa Pintor Seijo Rubio só queda un pub. Os Cartoon, La Calle, S'Alquila, Hangar e Saraiba acabaron así:
Cartoon-La Calle
S'Alquila
Hangar
Saraiba
Ós das fotografías hai que sumarlles o Frutos, O Mariñeiro, Tops, etc.
Polo menos agora non hai tantos camellos. Pasaron a ser cabalos....
Punto de inflexión ou final??
Na miña opión sempre haberá por onde saír en Betanzos. Está claro que a xuventude que non se pode desprazar vai a ter algún sitio na vila. E ademáis sempre quedan os "románticos", xente que nin Coruña nin Ordes foron capaces de facelos exiliar da movida brigantina. Que volva a ser como antes é máis difícil, pero nunca se sabe, sobre todo vendo como medra a poboación no pobo, o que facilitaría as cousas para o rexurdimento, xa que a xente chama á xente. Como non todo son lugares que pechan, aí van un par de exemplos que creen aínda no encanto da zona de marcha para montar negocio. Ben é certo que son (ou serán) unha pizzería e unha chocolatería, pero por algo se empeza.
Próxima chocolatería (antigo Botella)
Pizza Tutto
Comentarios
En principio non vou a modificar a noticia, que para eso están os comentarios -si
Deixarémosche a primicia a ti :wink:
Entón quedan (en Rosalía): Frontera, People, Iris, Ancora, Xarope e Kyu, non??
Cal será o seguinte??? (lloro)
Frontera: Se non pechou ata agora.... Clientela fixa.
People's: Non ten tanta xente como antes, pero ten xente. A verdade é que xa hai que non vou.
Xarope: Xoga coa ventaxe de ter algo de xente tamén os venres, non só vive dos sábados. Dos poucos ós que lle vexo futuro.
Iris: Gañouse á rapazada, i eso é bo para un pub, xa que a xente de 13, 14, 15 anos (que sempre hai) non teñen coche para saír por outro lado. Sobrevivirá -si .
Kyu: Descenso de xente tamén bastante destacado, pero sempre se ve movemento, aínda que non sexa moito.
O meu "favorito", o Ancora: Para min unha incógnita, pero apostaría por el como próxima víctima, polos precedentes dese pub e porque non se lle ve moito movemento.
Visto o visto dende que eu pechei ate o de agora vexo que non errei nada de nada o decir que mellor era parar antes de que a cousa empeorara.
Un saudo -a-a
O de bravú díxeno porque quizáis era o que estaba máis de moda no momento, e todo o que se cantaba en galego se relacionaba con iso, eu creo que ata Andrés do Barro era bravú nos anos 90 -si
E o de fruto"s", simplemente era como o chamábamos entre o meu grupo de colegas, pero se queres cárgome a "s" :wink:
E, por certo, pechando fuches todo un pioneiro, polo visto sí que soubeches leer a situación. A ver se algún día hai rexurdimento da "movida" brigantiona... e que o vexamos :roll::
Foi bó poder disfrutar desa época, pero todo cambia nesta vida e creo que cada cousa tén o seu momento... Dudo que Betanzos volva a ser o que foi en canto á vida nocturna.
Para cousas coma estas agradécese ter uns anos máis e ter vivido eses días desfrutando dos Xolda, Frontera, Mariñeiro, Iris... etc. e non de paseo da man dos meus pais.
Graciñas polo artigo, e bó recordar os bos tempos de cando en vez.
Por certo, que tamén "andaba por aí" o camus, que pasou a ser Mangole e hoxe en día é un pub chamado 347 (ou algo así...), ó lado do kyu.
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.