Lugares Viajes O Camiño Inglés por Betanzos
Escrito por xpab
Domingo, 11 de Abril de 2010 23:28

A pesar de que as máximas autoridades políticas do pobo aseguran que autoridades eclesiásticas lles din que os anos de máxima afluencia no camiño de Santiago son os inmediatamente anteriores e os inmediatamente posteriores ós anos santos, desde Brigantio estamos lixeiramente en desacordo, e por eso neste ano tan sinalado decidimos facer unha reportaxe do camiño inglés hacia Santiago durante o seu paso polo concello de Betanzos. Coa colaboracíon de Juanito, dous dos administradores de Brigantio e a bici do terceiro deles, conseguimos cubrir nunha tarde o percorrido peregrín. Se alguén quere ver un resumo, pulsar en LEER MÃS.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01148.JPG 

Comezamos o camiño en Viñas, na estrada Ferrol-Betanzos 

O noso km 0 será en Viñas, un lugar do concello de Paderne. Na estrada hai un desvío hacia a esquerda indo hacia Betanzos, que está claramente indicado. 

Nada máis adentrarnos na pista e deixar a estrada, subimos durante uns 500 metros. Dende alí, podemos ver fermosas vistas da ría e da ponte do Pedrido.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01149.JPG 

Vistas coa ría e a ponte do Pedrido de fondo 

Despois sigue o traxecto bastante chan. Un pouco antes do primeiro km atopamos unha das abundantes fontes que atopamos no camiño ó seu paso por Betanzos. Hai unha pequena bifurcación a esta altura, pero recomendamos seguir a pista, xa que o desvío polo monte vai a dar a tal pista tras uns 200 metros.

Un km despois, de novo nos atopamos coa ría, con forma de río ancho, xa que nese momento estamos chegando á cidade de Betanzos que é onde se xuntan o Mendo e o Mandeo para dar vida á ría.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01151.JPG 

Vista da ría de Betanzos, recén nacida en Betanzos

Un metros despois (sobre os 2,5 Km dende o comezo) volvemos a atopar unha fonte. Non teremos que andar moito (3,3 Km) para atopar unha terceira.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01154.JPG

Unha das cousas que o peregrín sempre desexa atopar: unha fonte

à altura da nosa terceira fonte, chegamos a A Rúa, xa no concello de Betanzos. Rondamos o km 4 dende a nosa saída cando se ve impoñente no alto a igrexa de San Martiño de Tiobre.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01156.JPG 

Igrexa de San Martiño de Tiobre

Dende alí, probablemente o punto máis alto dende a nosa partida, vemos xa a panorámica do casco urbán de Betanzos.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01157.JPG

Betanzos ó fondo

Dende aquí arriba, baixamos e baixamos, ata chegar ás aforas de Betanzos. (5 km dende  o comezo da reportaxe). Aquí podemos ver as primeiras imaxes pintorescas do pobo, como antigos canles de auga para muiños.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01158.JPG 

Zona de Caraña, na entrada de Betanzos

Tras andar uns metros, bordeando novas urbanizacións, chegamos á empinada costa dos Remedios. Ainda que o camiño segue costa abaixo pola adoquinada rúa, se miramos hacia arriba podemos ver o Santuario da Virxe dos Remedios. Para quen teña tempo e ganas, unha opción sería visitalo.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01159.JPG 

Ó final da costa, o Santuario. Sen embargo, o camiño continúa costa abaixo.

 Ã“ final da costa adoquinada, seguimos baixando pola beira da estrada durante uns poucos metros para comezar a disfrutar do casco antigo en tódolo seu explendor. O primeiro que nos atopamos é a ponte vella, que teremos que atravesar para chegar ó arco que temos que atravesar para continuar o camiño.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01160.JPG 

Ponte vella e arco ó fondo

Mentres que pasamos pola ponte, podemos ver a man esquerda o paseo da tolerancia cun convento de monxas, e á dereita a vetusta ponte de madeira. Estamos pasando sobre o río Mandeo.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01163.JPG

Visión da ponte de madeira e o malecón dende a ponte vella

Unha vez atravesamos o arco, necesitamos facer unha aclaración. O camiño sigue a man esquerda, pero se queremos pernoctar na cidade e buscamos un albergue, temos que coller hacia a dereita. No momento de escribir esto o albergue non funcionaba todavía, xa que a alcaldesa non lle deu prioridade para este ano santo. De todos xeitos, e coa esperanza de que esté rematado algún día, dende aquí describimos o camiño máis curto para chegar a él sen perderse o principal do casco antigo de Betanzos.

É moi sinxelo, dende o arco simplemente hai que ir hacia a dereita seguindo a rúa ata o final. No camiño, pódese ver o arco do Cristo, xa que ten unha figura de Xesús sobre el.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01164.JPG

A porta do Cristo

Hai que seguir un pouco máis, e ao rematar a rúa, a man esquerda e tras subir unha costiña, chegamos a Sta. María. Alí está o corazón do casco antigo de Betanzos.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01165.JPG 

San Francisco e a igrexa de Sta. María, do século XIV

A uns metros de Sta. María, tras pasar o edificio do mercado, xa está o edificio do futuro albergue. 

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01166.JPG

O edificio dos "balcóns" amarelos, en teoría algún día será albergue de peregríns

Unha vez localizado o albergue, volvemos ao arco do que nos desviáramos para chegar ata aquí. Retomando: pasamos a ponte vella, coa ponte de madeira a un lado e o paseo da tolerancia a outra, e entramos no casco antigo polo arco que hai ó final da ponte. Entón, atopámonos cun cadro pintoresco. Antigamente a guinda da zona era a casa máis antiga de Betanzos. Hoxe só quedan muros con aislante amarelo.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01167.JPG 

Tras pasar o arco

Atopámonos agora cunha costa bastante empinada pero perfectamente ciclable (se o camiño se fai en bici) para quen teña as pernas frescas.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01168.JPG

Costa tras pasar o arco

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01169.JPG 

Rúa ó final da costa

Neste punto podemos seguir o camiño hacia a praza ou ir a visitar a zona do concello, onde se atopa a igrexa de Santiago ou o museo da Estampa.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01171.JPG 

A casa do concello no alto desta pequena costa

Se temos presa ou non hai máis ganas de subir costas, o camiño segue atravesando a praza dos irmáns Garcia Naveira, a principal do pobo.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01172.JPG 

A praza, presidida pola igrexa de Santo Domingo.

Unha vez atravesemos a praza, iremos por un par de rúas novas, ata que, sobre o km 6, saimos de Betanzos tras atravesar a vetusta ponte das Cascas.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01173.JPG 

A ponte das cascas é o último monumento antes de saír do casco urbán de Betanzos

Un vez saímos do pobo, e como non podía ser doutra forma, atravesamos un par de costas bastante importantes. Como sempre, eso ten as súas ventaxes, e non temos que andar demasiado para ver dende o alto grandes vistas do que deixamos atrás.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01181.JPG 

Betanzos e a ría ó fondo

No alto vemos unha forma orixinal de indicar o camiño: un "peregrín" un tanto especial.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01174.JPG 

Para que ninguén se perda

Despois  de todo esto, o camiño adéntrase en montes de piñeiros e eucaliptos, coa tranquilidade que todo eso supón. Hai que ter coidado con algunha costa bastante empinada, no irregular perfil do último tramo no concello betanceiro.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01175.JPG 

Principio do tramo montesino

Nos derradeiros km, saberemos que todo vai ben se pasamos por enriba da alta ponte da autovía, e se cruzamos a estrada de Betanzos a Santiago á altura de Xanrozo (9 km).

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01176.JPG 

Paso por enriba da autovía, co concello de Oza ó fondo

Xa lindando o concello de Abegondo, os montes son máis considerables, para deleite dos que buscan recrear a vista.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01177.JPG 

Montes no límite entre os concellos de Betanzos e Abegondo

O noso traxecto non empezou no concello de Betanzos, senón en Paderne. Da misma forma, as últimas anotacións que facemos están  no concello de Abegondo, en Limiñón, 10 km despois do comezo da nosa andaina. En Limiñón xa hai un cartel que explica o paso do camiño polo concello de Abegondo.

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01178.JPG

En Limiñón, Abegondo, cartel sobre o camiño

Sobre unha hora nos levou o traxecto en bici, pero dende logo é recomendable facelo en algo máis, sobre todo por pasar con algo máis de calma por Betanzos. En xeral non ten punto s complicados nin conflictivos, excepto que nos atopemos un día de tráfico complicado en Betanzos. Soamente nun par de sitios, e durante pouco tempo, necesitaremos saír a estradas grandes. Un bonito percorrido para quen fai o camiño de Santiago ou, simplemente, para quen queira facer algo de sendeirismo.

Agardo que  esto sirva de pequena referencia a alguén, pero está claro que hai que complementar a información con outras fontes (sobre todo do que se pode ver en Betanzos, dito aquí de forma ultraresumida).

Remato coa foto do atractivo camiño de terra que nos atopamos en Limiñón, para seguir o camiño. Dende logo sería bastante tentador adentrarse nel. Quen sabe, quizáis noutro día.....

b_500_500_16777215_0___images_stories_camSantiagoXBentazos_DSC01180.JPG 

Comezo do traxecto "Limiñon-Santiago" 

 


 



 


 



 

 

 

 


 


 


 


 

 

 

 

 

 


 

 

 


Comentarios  

 
# ExcelenteJuan M. 13-04-2010 16:53
Maravillosa reportaxe!!!
Encátame ver que nesta pequena cidade todavía queda xente comprometida coa promoción do Camiño de Santiago precisamente nun momento no que se debería de facer e dar a coñecer a importancia da nosa cidade no percorrido do mesmo, sobre todo pola repercusión turística que ten o propio Camiño entre os peregríns e potenciais turistas. Digamos que a promocion do Camiño supón tamén unha promoción turística indirecta da nosa cidade. Por este motivo considero relevante facer fincapé nun activo turístico que temos para darnos a coñecer, se cabe, un pouco máis.
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Señor Lobo 14-04-2010 09:55
"Bueno, pero no empecemos a chuparnos las pollas todavía."

Firmado: Señor Lobo
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# ......... 15-04-2010 10:23
-puag :-x -puag -puag -puag -puag
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# bmdmabmdma 03-05-2010 11:29
Gracias por un post tan interesante, útil y gráfico. Un saludo.

bmdma
http://www.bmdmarquitectos.blogspot.com/
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# de nada...xpab 10-05-2010 11:26
En fin, alguén se ten que preocupar por mostrar o que ofrece este concello alén da praza do campo...

Foi un pracer facelo, e máis vendo que servíu para algo -banana
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# MaravillosoJuan M 13-05-2010 12:55
Alégrome moito que servise de algo.
Estaba esperando que así fose, porque temos moito que mostrar a moita xente ademáis do xa típico e coñecido.
Saúdos!!!! -si -yeah -banana
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Espeleologando por Brigantio
    Esperemos que este gran tesouro que temos na nosa vila sirva para dar un empurró...
    07.04.12 11:47
    por Betanceiro
  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 3 invitados conectado(s)

RSS

Brigantio