Que mellor ano que un ano Xacobeo para facer un dos camiños menos transitados (a lo menos ata agora) de Santiago. Trátase da Vía da Prata, que orixinalmente unía (cousas de romanos) Sevilla con Astorga. Hoxe en día toma un desvío para chegar á capital de Galicia.
Jovendemente e quen escribe fixemos unha parte do traxecto entre os meses de abril e maio, o correspondiente ó tramo andaluz-estremeño, entre Sevilla e Grimaldo (norte de Cáceres).En xeral pódese decir que se trata dun traxecto duro, onde o sol castiga á pel e a mochila ós pés e ós hombreiros. A ausencia de albergues nos primeiros tramos fai que as etapas non sexan moi configurables, elexindo, en ocasións, entre facer tramos minúsculos ou xigantescos. Nós fixemos dende 10 km nun día ata 45 km, pasando por tramos de 20, 30, 15, etc...
Non se trata dun camiño moi saturado. Hai sobre todo xente maior, extranxeira e "madurita". A maioría tamén con marcada tendencia relixiosa. A partir da zona de Mérida parece que se empeza a heteroxeneizar un pouco máis o tipo de xente. Pero eso é algo que non tivemos moito tempo a ver... nesta viaxe.
A continuación en "Leer Más" describo un pouco como foi e poño unhas cantas fotos. Espero que guste.
Empezando a ruta en Sevilla, ós pes da Giralda
Km. 0: Sevilla, 24-26 abril
Debido a uns fallos de xestión ó enviar a equipaxe, tivemos que estar todo o primeiro fin de semana en Sevilla... en plena feira. A verdade é que valeu a pena, porque Sevilla é moi fermosa e ten bastante que ver (hospedámonos no albergue de xuventude: 25 euros). Ademáis, en época primaveral dá gusto a cantidade de olores (bos) que hai á longo dos seus enormes parques. Tamén está ben ir de tapas, pero hai que ter coidado de elexir un sitio decente, porque nalgúns poden, no mellor dos casos, pasar olimpicamente dun.
Sen embargo, a primeira cousa que fixemos foi ir á feira de abril. Non aporta gran cousa se non tes coñecidos, xa que non podes entrar en ningunha tenda (gardadas por seguratas). Despois de 15 minutos de paseo pola gran explanada onde se celebra, non aporta nada novo.
Unha rúa da feira, cunha especie de Duquesa de Alba en primeiro plano
Menos mal que algúns daban espectáculo fora das tendas....
Todo estaba cheo de cabalos
A gran entrada, que tiña unha inscripción de "1910-2010", así que 100 anos de feira
Despois de cansarnos de feira e feirantes (os primeiros feirantes pijos que veíamos na nosa vida), decidimos ir a ver cousas interesantes de Sevilla. Sobre todo é fermoso o paseo á beira do río, a parte vella da cidade e os parques.
A torre do Ouro, á beira do río
A curiosa entrada ó patio dunha casa
Un garito dun coñecido barrio
A praza de touros
A ponte que conduce a Triana
A Academia de flamenco Manuel Betanzos en Triana
A impresionante catedral, co tranvía en primeiro plano
O paseo ó borde do río dende Triana
....e a Giralda
Despois dun par de días en Sevilla xa tiñamos ganas de poñernos en marcha. Eso ocorreu na mañá do 26 de abril.
Primeira Xornada. Sevilla-Guillena (21,9 km). 26 abril
Saimos de Sevilla sen nada especialmente destacable, xa que hai que ter en conta que estamos nas aforas dunha gran cidade.
O primeiro a resaltar, a uns 10 km, é Santiponce, con importantes restos romanos. Ó ser luns non podemos ver o anfiteatro, pero si (dende fora), restos do teatro romano.
Restos do teatro en Santiponce
Esta primeira xornada caracterízase polo sol e por, pese a non ser un recorrido excesivamente longo, o machacamento dos verdes pés e do delicado lombo.
En Guillena non vimos nada salientable, en parte porque estábamos demasiado cansos. O albergue é unha especie de vestiarios (sen luz, pero con duchas) dun polideportivo. A lo menos, é gratuíto. Está cheo, así que decidimos montar a tenda no céspede adxunto. Así pasamos a primeira noite do camiño propiamente dito.
Emplazamento da tenda
Segunda Xornada. Guillena-Castilblanco de los Arroyos (17,9 km). 27 abril
Saimos de Guillena cun bonito recorrido á beira do río. Sen embargo, unha mala interpretación provocada por unha ponte escarranchada, fai que deamos un "pequeno" rodeo duns 10 km.
Río á saída de Guillena, co pobo ó fondo
A parte boa estaba a punto de comezar. Natureza a raudais. Por fin comeza a dehesa. Antes pasamos por campos enormes de cereais, aínda verdes.
Comezando a andar polos camiños ó longo de campos eternos
O camiño tamén se caracteriza por ter monumentos a esgalla. Dende castelos ata pontes medievais. É outro dos motivos polo que compensa pasar as dores de pés e de lombo.
Un castelo en ruínas á beira da cañada real.
A mitade de xornada entramos en monte con árbores e sombra. Comeza unha parte bastante fermosa do camiño: Sierra Norte e Sierra Morena. No medio do bosqueciño, animais salvaxes (que non perigosos), fontes, e ata vacas. Así chegaríamos paseniñamente ata o fin da xornada a Castilblanco, cun albergue discretiño (ó igual que a propia vila) e cun "donativo obrigatorio" de cinco euros.
Entrando en Sierra Norte
Algún bo samaritano local habilitou unha fonte para os que pasaran por alí
Aquí tamén había vacas
Terceira Xornada. Castilblanco-El Real de La Jara (45 km). 28 abril
Este día fumos ó bruto. Ainda que a paisaxe acompañou durante boa parte do traxecto, os km foron moitos e días despois terían consecuencia nas pernas.
A xornada empeza con 16 km de estrada, quizáis dos tramos máis duros da nosa parte do camiño. Sen embargo se leva ben porque é comezo de xornada. Despois non se abandona o parque de Sierra Norte ata chegar ó albergue de El Real de La Jara, presidido éste por un bonito castelo (hai que desviarse 1 km para velo). Hai un albergue, pero cando chegamos nós non había ninguén para atendernos. A falta de camas (ou, máis ben, de habitacións abertas), tivemos que durmir no chan.
Despois dos 16 km de estrada tras sair de Castilblanco, comeza o bo: kms e kms de boa paisaxe, boa sombra, natureza.
A entrada dun parque natural en Sierra Norte
No centro da dehesa
Mirador dende o Cerro do Calvario, antes de Almadén
Novo rematando o seu Calvario persoal
Almadén. Parada para comer.
Tiñan certa obsesión cos (mini)caracois, así que houbo que probalos...
Placas solares, as centrales hidráulicas do sur
Os toxos do sur, tamén chamados captus, tamaño Novo.
Porcos e árbores
Piaras en liberdade, xa rematando a xornada
Ao rematar a xornada o corpo non está para festas, así que non visitamos demasiado o pobo. Sobre todo, despois desta inusualmente longa xornada. E pensar que quedaba durmir no chan (non había sitio onde montar a tenda). No albergue atopámonos a novos peregríns cos que coincidiríamos máis adiante.
Que mal durmín.......
A pesar de todo aínda quedaba o consuelo de que ó día seguinte, pisaríamos Estremadura por primeira vez nas nosas vidas.
Cuarta Xornada. El Real de La Jara-Fuente de Cantos (41,5 km). 29 abril
Nesta xornada, como na anterior, fixemos dúas xornadas nunha. Decidimos que era a última vez que o facíamos...
Ao sair, nada máis andar un anaquiño, chegamos a Estremadura. Aquí, en vez de separar as comunidades por ríos, sepáranse por regatos. Como non podía ser doutra forma, había que vadealo, como vemos a continuación.
Entrando en Estremadura
Primeiro monumento de Estremadura, un castelo en ruínas
Neste punto do camiño comezaban os campos de cereais, viñedos e olivos. Pero antes, aínda había algo de monte, como se ve ó pasar Monesterio.Novo acariñando a un equino
Os campos de cereais chegaron, e o final de etapa foi desolador. Baixo un sol de xustiza, e cos pés e o lombo desfeitos, chegamos a destino, un antigo hospital-convento restaurado, un albergue de calidade restaurado pola Junta de Extremadura, como outros que se verán, e nos que daba gusto estar. O precio un pouco "alto" para o peregrino: 10 euros (12 con almorzo). Neste caso, tivemos unha habitación enorme, dunhas 10 ou 12 prazas, para nolos dous. Todo un luxo. Tamén ten cociña na que nos preparamos algo antes de ir a durmir.
Campo de cereais + Novo
Campo de cereais + tío deshidratado, queimado, roto.... Ó fondo Fuente de Cantos, ó que "nunca" chegábamos.....
Quinta Xornada. Fuente de Cantos-Zafra (26,3 km). 30 abril
Nesta etapa, a paisaxe non concedeu tregua, e baixo un sol de xustiza, atravesamos os campos de cereais e viñedos.
Quilómetros e quilómetros de viñedos, olivos e cereais. Sen tregua
Parada a almorzar en Calzadilla de los Barros, nunha "típica" terraza de Estrela Galicia, no bar da señora Lourdes, que se gaba do bo trato que lles dá ós peregrinos
Do máis destacable foron de novo os vados. Con algúns contábamos... e con outros non. Algúns eran tan profundos que se había que descalzar.
Risa por non chorar
Ainda que pareza mentira, algún lugar de Badaxoz
Ó final chegamos a Zafra, pobo grande, fermoso e monumental. As súas prazas, alcázar, igrexas, etc, fan del un lugar moi acolledor e un moi bo fin de etapa.
Novo preto do parador
Coche clásico preto do parador
Descansando en fronte ó parador
O albergue en Zafra é un antigo convento de San Francisco restaurado. O precio é o estándar (o mesmo co de Fuente de Cantos). Tamén neste caso temos cociña onde preparar un delicioso pisto... galego.
Sexta Xornada. Zafra -Villafranca de los Barros (19,4 km). 1 maio
Estreamos mes cunha xornada curta. As forzas non dan para chegar ata Almendralejo, así que a xornada é a que recomendan as guías. O camiño é moi agradable e chegamos cedo a destino.
Saindo de Zafra, con Los Santos de Maimona de fondo
A iglesa de N.S. de los Ángeles, preside Los Stos. de Maimona
Antes do chegar ó albergue nos atopamos con que algún día alí queren poñer unha refinería
Un exemplo do tipo de camiño que recorrimos este día
O albergue, tamén restaurado como os anteriois, é un luxo. Con habitacións a xardíns, sábanas e toallas limpas, bar.... Recibíunos moi ben Puri, natural de Bilbo, que rexenta o lugar coa súa parella. O problema é que está un pouco antes de Villafranca, a uns 4 ou 5 km. A tranquilidade é total alí. Trátase dunha antiga almanzara, onde se facía o aceite. Despois de explicarnos un pouco como funcionaba, deixóunos ó noso aire para ver o recinto.
Almanzara rehabilitada como salón
A sorpresa do día foi que no xardín se ía celebrar unha voda. Para o recordo desta anécdota, saquei un par de fotos.
Voda no albergue
O albergue, ó igual que outros que nos atopamos no tramos estremeño, levaba pouco tempo aberto: 15 días. Díxonos a dona que era case que os primeiros españois que recibía.
Séptima Xornada. Villafranca -Torremejía (27,5 km). 2 maio
Quizáis foi a derradeira etapa chá e con sol que nos tocou. Con dúas variantes de sombra: pouca ou ningunha. A guía que levamos titula esta etapa con "Nada por en medio". Pero bueno, había que facela.
Maís olivos. Infinitos.....
Rectas quilométricas
O amigo Bartolo sufrindo para chegar a destino
Novo elixíu que fose a mochila e non el quen baixara a rolos tras pasar a vía do tren
De novo en Torremejía nos atopamos un albergue restaurado. Esta vez tratábase do antiguo palacio dos Mexía, que polo visto era xente moi poderosa. Tanto que para construir o pazo chegaban a utilizar bustos romanos de ladrillo. Nótase a proximidade de Mérida.
Bebendo algo cuns bustos romanos
En Torremejía atopámonos con exemplos de como non se debe tratar a un peregrín. Afortunadamente non foi a tónica do resto do camiño, ainda que en moitos casos a amabilidade botábase en falla (probablemente porque aínda non viron negocio no camiño). Ata tres lugares tivemos que frecuentar para que nos deran de comer. Naquel onde o conseguimos, foi tras hora e pico esperando a que viñese a cociñeira. Como era domingo, mentres tivemos que "disfrutar" o final de liga Madrid-Barça, como no resto dos fins de semana que tivemos de camiño.
O bo, que ó día seguinte estaríamos nun teatro romano.
Oitava Xornada. Torremejía -Mérida (16,2 km). 3 maio
Esta xornada, das máis curtas que fixemos, foi pensada para pasar o día en Mérida. Dende logo trátase dunha boa decisión se non se coñece esta vila de orixe romano.
Dende Torremejía, nada salientable. O primeiro que un atopa ó chegar a Mérida pola vía da prata, é unha impresionante ponte romana.
Primeira visión ó chegar a Mérida: a ponte romana
Despois de chegar ó albergue (6 euros, discretillo pero suficiente) e deixar as cousas, non hai tempo que perder. Despois de picar algo, fumos a ver os monumentos romanos. O museo estaba pechado, así que nos tivemos que conformar con pillar o pase (6 euros) que permite a visualización, entre outras cousas, do teatro, do anfiteatro e do circo.
Recordando decisións do pasado
Por aquí entraban os gladiadores
Teatro romano
Sentados na grada principal, onde se sentaban os "señoritos" romanos
Réplica de busto, detalle do teatro romano
Outro punto de vista do teatro romano
Gladiador, versión século XXI
Ademáis dos monumentos míticos, en calquera rincón te podes atopar un cacho de historia: o foro, o tempo de Diana, o acueducto...
Unha casa romana (a casa do Anfiteatro)
O circo, onde o "Messi" de entón era Ben hur
Moito que ver en Mérida, e pouco tempo para velo. No obstante, suficiente para empaparnos de historia. Pero había que pensar no día seguinte. Xa estaba preto a provincia de Cáceres, e hacia aló fumos.
Novena Xornada. Mérida-Alcuéscar (35,9 km). 4 maio
A provincia de Badaxoz ía dar paso nesta xornada a unha máis benévola paisaxisticamente falando, Cáceres. Non obstante aínda tocaba pasar por enormes prados prados que recordan a película Gladiador cando o bravo protagonista volvía á súa seca Hispania (dende logo non creo que fose de Lucus Augusta...).
Os prados enormes de cerais ían quedando atrás
Antes de entrar en Cáceres, o ambiente volvía a ser moi agradable, de novo con árbores baixos típicos da dehesa e moito verde primaveral.
Pequena lagoa no medio do bosque
Visión primaveral
Descanso para comer, xa preto de Cáceres
Entramos polo tanto en Cáceres, a nosa última provincia do traxecto.
Límite entre as dúas provincias estremeñas
Finalmente chegamos a Alcuéscar, un especie de hospital para discapacitados con capacidade para albergar peregrinos. Hai misa e cea, todo incluído no donativo. Para os relixiosos, este é o punto G dos albergues do camiño.
Novo e a súa litera tuneada
Décima Xornada. Alcuéscar-Cáceres (38,3 km). 5 maio
Esta foi unha das xornadas con maior quilometrase, e caracterizouse polo final nunha das cidades máis fermosas e mellor consevadas que un servidor veu: Cáceres.
Saíndo cedo e con folgos, a xornada andada faise sen problemas, a pesar da distancia. Camiños como os que mostro abaixo son habituais. Como xa dixen, Cáceres xa é máis clemente cos peregrinos.
Un camiño atractivo para camiñar
Preto de Casas de Dno Antonio, a 8 km de Cáceres. Posee unha pequena ponte de orixe romana
Curiosidade: atravésase un pequeno aeródromo
Como xa dixen, chegamos a Cáceres, e o plan era velo entre a tarde deste día e a mañá do seguinte para despois, tras un pequeno traxecto, pernoctar en Casar. Abaixo, a praza maior de Cáceres, onde se preparaba o WOMAD, un bo festival de música que non tivemos oportunidade de admirar (empezaba ó día seguinte, en xoves). O que xa se notaba era un bo ambiente, ademáis dos preparativos na praza maior.
A praza maior de Cáceres
Ó ser o día seguinte un traxecto pequeno, puidemos disfrutar do Cáceres nocturno. A cousa prometía, pero ao ser mércores, non puidemos máis que ir a un bar a escoitar un pequeno concerto mentres tomábamos algo.
No albergue (de xuventude, 20 euros con almorzo) trátannos amablemente e o almorzo é moi agradable e acolledor. Boa situación, preto da praza maior.
Undécima Xornada. Cáceres-Casar de Cáceres (13,1 km). 6 maio
Pasamos a mañá en Cáceres para acabar de velo. Hai moito que ver: casas antigas, muros, museos...
Novo perdido no medio do casco antigo de Cáceres
Na praza maior
Almenas dalgún castelo de Cácerese
Outro exemplo da monumentalidade do casco antigo
"Gastando" a mañá perdidos por Cáceres
Na rúa de San Pablo....
Campanairo dende onde se podía ver todo Cáceres
Restos do WOMAD
Tras sacarlle todo o xugo que podíamos a Cáceres nunha tarde-noite e
nunha mañá, tiramos a Casar de Cáceres. O traxecto dende Cáceres (uns 10
km) non ten nada salientable: moita estrada e campos paralelos á mesma.
Seguimos sen atopar moita xente afín no albergue. Éste, totalmente
gratuíto, pero cos servicios suficientes, e ata cociña. Como anécdota,
decir que xuraría que vin ó "risitas" nun súper de Casar. Pero non me
asegurei....
Chegando a Casar de Cáceres
Duodécima Xornada. Casar de Cáceres-Cañaveral (34,4 km). 7 maio
Penúltima xornada, tamén bastante longa. Como as do resto das da provincia de Cáceres, bastante xenerosa en canto a paisaxes. Incluso empezamos a ver vacas en abundancia.
Fermoso amencer, preto de Casar
Pasamos o suposto fin de etapa, que estaba no embalse de Alcántara, e chegamos a Cañaveral. Destaca o embalse, que é enorme, como un mini mar no medio de Estremadura. Incluso ten... clube náutico!!
Embalse de Alcántara
Antes de chegar a Cañaveral, vemos un dos principales "atractivos" da xornada: touros en liberdade. Supostamente non atacan, pero non tivemos a ocasión de comprobalo (nin ganas que tiñamos) debido á distancia á que pasamos deles.
Os puntos negros do medio son touros en liberdade
Xa chegando a Cañaveral sorprendéronnos unha gotas de choiva. Estaba chovendo... en Estremadura.
Unha vetusta ponte un pouco antes de Cañaveral. Estaba chovendo
En Cañaveral, é curioso o do albergue, porque o xestiona o mesmo paisano do Hostal Málaga. Nós, como non o sabíamos, pernoctamos no propio hostal, ó "módico" precio de 35 euros. Unha cea discreta no pobo, e ver unha curiosa igrexa con agradecimentos impresos na súa fachada a xente do réxime, foi o máis salientable que fixemos antes de facer a nosa última noite en terra estremeñas.
Décimoterceira Xornada. Cañaveral-Grimaldo (7,8 km). 8 maio
A última xornada foi a máis curta, pero tamén na que menos tempo tíñamos para andar. Dende Grimaldo collimos un bus a Plasencia, dende onde retornaríamos a terras galegas.
O camiño de Cañaveral a Grimaldo é sorprendente. En algún momento parece que estás en Galicia.
En Coirós??... non. Entre Cañaveral e Grimaldo
Curiosa "pasarela", a uns metros de Grimaldo
Na comida de Grimaldo destacaron as ancas de batracios
E chegamos a Plasencia para ver os principais monumentos mentres agardábamos a chegada do bus. Destacan as catedrais vella e nova, as súas rúas empedradas e a súa muralla, que a choiva non nos deixou disfrutar.
Novo na catedral nova
Pablo na catedral nova, frotando as pernas que agardaban un merecido descanso
Final húmedo en Estremadura: Plasencia mollada
Para finalizar...
En xeral o comportamento da xente destes lugares co peregrino é discreto, nin bo nin malo. Penso que aínda non saben o filón que teñen entre mans e que por agora tratan cuns "moinantes", normalmente extranxeiros, que camiñan hacia o norte. A xente na súa maioría aínda non está preparada.
Polo demáis, penso que a época na que fixemos este tramo é a ideal. Sen riadas nin olas de calor. É certo que o sol dá forte, e que aínda se pasa frío polas mañás, pero en calquera caso son eventualidades perfectamente soportables.
En canto se merece a pena ou non, só podo decir que para min si a merece. As penurias que pasa o corpo non son nada tendo en conta as paisaxes e lugares polos que se pasa. Eso por non falar da desconexión total, o antriestrés.
Esta vez non foi enteiro o traxecto, pero conto con rematalo noutra viaxe. Se teño tempo e folgos tamén a contarei por aquí. Espero que a lo menos sirva para entreter, e se por enriba serve de referencia, pois mellor que mellor. Ata daquela, vémonos por Brigantio adiante.
Comentarios
saludossss
O que si digo é que por moito que contemos aquí, aseguro que non recolle nin a milésima parte do que é vivir o camiño real (lloro)
Así que... a animarse, a facer o camiño, menos internet e a limpiar corpo e alma!!
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.