Unha aposta pola cultura en Betanzos. Durante o fin de semana do 11 e 12 de xuño a nosa vila acollerá a dous dos principais músicos autóctonos. Se o sábado 11 o protagonista é Budiño, o testigo pasa para Susana Seivane o domingo 12. Será gracias ó Briganfolk, iniciativa levada a cabo por Os Brigantinos.
E bueno, poño por aquà o programilla sen necesidade de ter que recurrir ó google. Esperemos que sexa o primeiro ano dun novo festival onde, por certo, tamén se pode acampar.
DIA 11/06/2011
Ãs 11.00 h da mañá comeza o I FESTIVAL DE FOLCLORE NACIONAL E INTERNACIONAL DE BETANZOS “BRIGANFOLK 2011“, dará comezo cun gran desfile que percorrerá varias rúas de Betanzos con todos os grupos convidados a el, de varias comunidades autónomas diferentes como AndalucÃa, Asturias, Castela e León, etc. e como non, grupos de folclore de Galicia e propios do noso pobo.
Ãs 13.00 h realizarase a apertura do recinto, onde se poderá gozar dunha ampla zona de comida, bebida, mostras de artesanÃa e amenizada por grupos musicais.
A partir das 18.00 h realizarase unha exhibición de todos os nosos grupos invitados.
Ãs 22.00 h comezará a nosa primeira noite de concertos coa actuación de: RONCARELA-FOLK ROCK, TALU TERANGA – FOLK FUSION e como concerto estelar, XOSÉ MANUEL BUDIÑO, músico coñecido en todo o territorio nacional e internacional.
DIA 12/06/2011
Ãs 12.00 h da mañá abrirase o recinto do Festival onde se poderán visitar postos de artesanÃa e obradoiros, amenizado por diversos grupos folclóricos.
Ãs 17.00 h dará comezo a segunda exhibición dos grupos folclóricos invitados.
Ãs 20.00 h comezará a nosa segunda e última noite de concertos por este ano en BRIGANFOLK 2011, coa actuación do grupo OS DA TROULA FOLK, BERROS DO CASTRO, e cerrando o I FESTIVAL BRIGANFOLK, a actuación de SUSANA SEIVANE, gaiteira da nosa comarca e coñecida en todo o mundo. (Realizarase o sorteo de 300 EUROS ao comezo do devandito concerto).
GRUPOS FOLCLÓRICOS INVITADOS:
ASC. CUL. E FOLC. OS BRIGANTINOS, OS AZOUGADOS DE CHURIO, DANZAS GREMIAIS XOVENES DO POBO, GRUPO DE DANZAS AZOUGUE, ASC. CULT. E FOLCLÓRICA AS GARELAS, PATULEIRIÑAS DE ARANGA, BANDA DE GAITES VILA DE XIXÓN, BANDA DE GAITAS CASTRO BERGIDUM (LEÓN), GRUPO DE DANZAS O CASTRO DE COLUMBRIANOS (LEÓN), ASC. CULT. E FOLC. ALDABA (SALAMANCA), ASC. CULT. E FOLC. PACA BRIZEÑO (CADIZ), BANDA DE GAITAS DE CORBERA, BALLET FOLCLÓRICO DE CHIAPAS (MÉXICO).
LEMBRAMOS A TODOS QUE ESTARÃ HABILITADA UNHA ZONA DE ACAMPADA GRATUÃTA.
Precursores (1900): Manuel Rilo Pardo "O Rilo de Betanzos" e "O Vigo". Cis, Oza dos RÃos
Comentarios
VÃdeo:
www.youtube.com/watch?v=MApNk_tdVP8
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.