O tempo non acompañou na segunda edición do Oza Rock. Pouca xente ao comenzo, aÃnda que a cousa se foi caldeando timidamente contra o final do concerto. O cartel, encabezado polo grupo estrela do festival, foi o seguinte:
BROTHER IN BAND (tributo Dire Straits)
Killer Cats (rockabilly, Carballo)
Los Contrarios (versións rock-pop, Vigo)
Lo-ma-jam (Grupo de Betanzos formado por membros de Lakonfusion y Quando Vand, estilo improvisado, funky y espontáneo)
A pesar do bo da iniciativa (que agardamos que se repita), e de que se xuntou un cartel de mediana calidade para o evento, o mal tempo fixo que por momentos non houbese case ninguén mirando o concerto. Cara o final, a cousa foise animando, quedando certo ambiente nos dous últimos grupos. A venta de camisetas do evento e o bochinche animaron a noite.
Se queres ver algunha foto máis e un pequeno resumo, dálle a ler máis.
A noite comezou co ritmillo vacilón de Lo-ma-jam. A continuación darÃan paso ao calmado "rock" de Los Contrarios, presentando a praza do concello neses momentos un aspecto totalmente desanxelado, en gran medida polas incremencias meteorolóxicas.
Momento de actuación de "Los Contrarios"
Cos Killer Cats animouse un pouco a noite, volvendo con eles á música americana máis añexa. Por último, os cabeza de carteis Brother in Band deleitaron ós presentes con versións dos Dire Straits, presentando neste momento o evento un pico no número de espectadores. Aquà deixo dúas fotos de exemplo dos incondicionais.
Os incondicionais de Oza
Chicos "Brigantio"
Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.