Musica Conciertos Presentación de Helville en Coruña
Escrito por xpab
Miércoles, 08 de Octubre de 2008 22:12

O pasado sábado  4 de Outubro o gran artista E. Bunbury presentou o seu disco nun gran concerto no Coliseum da Coruña. Foi unha presentación espectacular, mezclando os novos temas do disco Helville De Luxe cos de "toda a vida", como Infinito o Lady Blue. Se queres ler un pouquiño máis acerca do tema e ver un par de fotos máis, xa sabes onde tes que pulsar. 

Bunbury e o seu concerto
Bunbury e o seu concerto

Foi diante de 3500 espectadores. Fíxose agardar, retraso en parte provocado pola fozada das pantallas xigantes, que non foron quen de facer funcionar, pero como dixo o propio Bunbury "aquí venimos a escuchar música". Diante quedaban 2 horas e media de bos, boísimos e regulares (os menos) temas. Como mostra, gravamos un pequeno video de "Infinito". Ó velo xa aparecen outros vídeos relacionados do concerto con mellor calidade. 

Antes de comezar
Antes de comezar
 

O concerto comezou co tema "EL CLUB DE LOS IMPOSIBLES, seguido por outro tema menos expectacular como "Señorita Hermofrodita". A continuación comezou a alternar vellos temas cos do novo disco, nese momento inédito. Soaron tamén temas como "SI", "SUERTECITA", "SACAME DE AQUÃ" ou "SÓLO SI ME PERDONAS", ainda que o repertorio foi tremendo.

Os momentos máis destacados foron cando soaron os grandes temas da xa extensa discografía deste maño, como "EL EXTRANJERO", "LADY BLUE" ou a versión blusera de "INFINITO". Tamén houbo tempo (eso sí, pouco) para Héroes, e como non podía ser doutra forma, o tema elexido foi "APUESTA POR EL ROCK AND ROLL". Entre cancións, tamén había en ocasións breves intervalos de tempo que permitían cambiar o vestuario do artista, que comezou cun chapeu estilo western, e chegou a estar nalgún momento espido.... de cintura para arriba.

Dándoo todo
Dándoo todo

Quizais como lunar, a falta de cancións do seu primeiro disco (Radical Sonora), co cal se deixou no tinteiro temas como "Salomé" ou "Alicia". Tamén anecdótico que no medio dun tema se lle estropease o  micro (foi un concerto tecnoloxicamente accidentado) e que un fan (parece que mexicano) lle regalase unha pequena caixiña metálica que Bunbury non foi capaz de abrir, pero que recoñeceu como un bo regalo: "Esto sí es un buen regalo, hermano". Quedará a dúbida de que era que portaba a caixiña...

 Do novo disco destacaría a rockera "El hombre delgado que  no flaquerá jamás", a tranquila e bela "Aquí" ou a tramén lenta "Canción Cruel". Pero esa é outra historia. Por agora o que é seguro é que haberá que escoitalo máis veces.

Unha mostra da súa profesionalidade e saber facer, foi que fixo ata 3 bises (!!!), o último totalmente inesperado, e máis cando no segundo xa parecía que se despedía co tema "...Y AL FINAL". De feito algunha xente xa abondonara o recinto.

En conclusión, algo moi recomendable se se coñece medianamente o repertorio do cantante e se quere pasar un bo rato escoitando cancións de tódolos estilos, dende melancólicas ata movidas, para pasar de pensar do amor que non puido ser a tódalas festas que quedan por vivir. Chapeau, maese Bunbury.

Comentarios  

 
# Luna 09-10-2008 12:36
Que grande Bunbury!!!También es uno de mis artistas favoritos aunque se echa de menos "Héroes del Silencio"; que suerte haber podido verle!!!!El nuevo disco está muy bien!!! Larga vida al Rock'N Roll!!
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Si...El extranjero 09-10-2008 13:47
Dominio absoluto do escenario e concerto espectacular. O disco novo moi bo...

...Pero, a sombra de Ana Rosa o sobrevoa... ("http://www.elpais.com/articulo/cultura/Nueva/inspiracion/literaria/Enrique/Bunbury/elpepucul/20081009elpepicul_5/Tes")
...¿que traballo lle costaría recoñecer a influencia e mencionar ós autores? Nin que fora tan dramático. Agora vanlle caer ostias hasta no carné for facer algo que fan todos os autores leer, documentarse, dixerir o leído e expoñer a súa versión.

1saúdo
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

¿Quién está en línea?

Tenemos 4 invitados conectado(s)

RSS

Brigantio