Inicio arrow Política
Escrito por valen
viernes, 05 de marzo de 2010

   

Pois sí, habemus panel. Xusto en frente das terrazas, inda que a unha distancia considerable que fará imprescindible o uso de binoculares para velo desde as mesmas, o novo membro do mobiliario urbano betanceiro chegou estos días ó seu novo lar.

Un pouco escondido ó lado do quiosco da praza, enfronte do xulgado, o último armatrostre ven a sumarse ás propias terrazas e ós bauis veroneses (que por certo...onde andan agachados?) para formar o núcleo do "lavado de cara" proposto pola nosa alcaldesa. Non hai mais fotos do panel por agora (o fotógrafo non estaba en condicións de andar movendo moito a cabeza...), pero sí que temos en exclusiva as primeiras mensaxes amosadas por este novo medio informativo do concello. Tras o leer mas, claro.

Escrito por valen
jueves, 18 de febrero de 2010

Non é doado vivir en sociedade. Xente distinta con distintas motivacións, con distintos obxectivos e distintas formas de ver a vida que se asocian para acadar un maior nivel de benestar. Persoas a veces con criterios moi dispares sobre certos temas que se ven na obriga de aturarse mutuamente en pos dunha convivencia si non perfecta, polo menos sí soportable. Pero inda así, a veces é imposible non entrar en confrontación.

Andan estes días revoltos na zona dos Ánxeles e da Cruz Verde pola nova reordenación do tráfico levada a cabo pola Faraona, tamén coñecida como Mari Faraldo, que obriga agora ós veciños de esta parte da cidade a dar unhas cantas voltas de "scalextric" para poder chegar en coche ata os seus domicilios. Incluso tivo lugar unha concentración de protesta por este feito, que inda "modesta", conseguiu facer ruido dabondo como para que se falase do tema e incluso o gabinete de prensa da alcaldía tivese que emitir un comunicado de resposta, que a continuación pasamos a analizar.

  

Escrito por valen
sábado, 30 de enero de 2010

 

Coja un vaso amplio. Agregue un poco de madera tropical, unas cuantas piedras talladas, unas jardineras hermosas. Riegue todo con unos cuantos miles de euros del sufrido contribuyente, un poco de bombo y platillo y una gran cantidad de afán de protagonismo. Agite a ritmo de Bisbal y ahí lo tiene. El coctel de las terrazas de Mary listo y preparado para su degustación en los míticos soportales brigantinos.

Escrito por xpab
martes, 26 de enero de 2010

Despois de ler durante meses en varios medios de comunicación e panfletos as actuacións que ía acometer o goberno local, decidín ir a dar unha volta, cámara en man, para ver como se estaban convertendo en realidade. Por suposto en "Leer Más" hai máis exemplos.

 

Estación de autobuses


 

Escrito por xpab
jueves, 17 de diciembre de 2009

Xa hai tempo que quería analizar a oferta deportivo-cultural deste pobo decadente. A verdade é que nunca tiven os suficientes argumentos para poder criticar, xa que nunca tiña un panfleto ou algo parecido (que sinceiramente pensaba que nin existían) que mostrase a "oferta" de actividades para facer durante un periodo de tempo, neste caso, o Nadal.

Desgloso o panfleto en "Leer más", por se lle interesa a alguén, pero eso si, o que mire que non espere atopar moita cousa se a súa idade está entre 20 e 70 anos....


Brigantio salsa rosa
Menú principal
Últimos comentarios
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Hay 11 invitados en línea