Política Política local Aventura en Betanzos 2010
Escrito por xpab
Sábado, 03 de Abril de 2010 14:02

Aparentemente no concello non fan nada para entreter ó persoal. Aparentemente estamos nun concello sen vida, sen nada que facer máis que ir ás terracitas e rezar para que non choiva. Pero non. Estamos nun concello onde a aventura prima por enriba de todo. A continuación detállase a descripción do concurso "Arriesga tu vida en Betanzos", cuxo gañador podrá despilfarrar os euros do concello nunha viaxe turística a Collepasso. Trátase dun concurso onde só os máis fortes fisica e moralmente acadaran a meta. Pulsa "Leer Más..." para coñecer en que consiste.

b_1280_0_0_0___images_stories_aventuraBetanzos_saida.gif

Moi poucos chegarán ó final....

A proba arrincará na parte antiga do pobo, de calquera dos arcos do que queda de muralla, a elexir polo concursante. Despois o concursante deberá percorrer 4 rúas do casco antigo aleatoriamente, esquivando cascotes, balcóns e fachadas que caian ó seu paso. Para acreditar o paso polas 4 rúas, o concursante deberá de levar mostras de escombros de cada unha das rúas que recorra. Para  esta parte da proba é recomendable levar casco.

b_500_500_16777215_0___images_stories_aventuraBetanzos_ruinas.jpg

Un dos concursantes lixeiramente perdido no que podería ser calquera rúa do casco antigo

Se o garrido concursante supera a primeira proba, deberá realizar a non menos perigosa segunda proba. A mesma consiste en atravesar a rúa travesa e a porta da vila. Neste caso, o inxenuo concursante baixará a garda ó ver a sinalación de rúa peonil, pero o que non sabe é que se cruzará todo tipo de vehículos que deberá esquivar se quere chegar á seguinte proba. Só os máis avispados o conseguirán. Para superar esta proba hai que ter a moral de ferro.

b_500_500_16777215_0___images_stories_aventuraBetanzos_atropello1.jpg

Así pode acabar calquer concursante que baixe a garda tras ler "Rúa Peonil"

A terceira proba (para os que cheguen) será de destreza. Consistirá en atravesar sen caer o novo adoquinado da parte da praza entre as terrazas e a estrada que cruza o campo. Aquel que escorde un nocello será eliminado. Pódese escoller facer o traxecto polo adoquinado ou ben cruzar a estrada e ir pola praza esquivando ós autobuses e ás motos. Terá que ter en conta que neste caso, a pesar de que o traxecto é máis curto, o chan tamén empeza a estar machacado polo peso dos autobuses.

b_1280_0_0_0___images_stories_aventuraBetanzos_corredor_caido.jpg 

Este non conseguíu chegar nin ata o Capitol....

Chegado a este punto, os concursantes que queden en pe terán que facer fronte á proba estrela, onde xa non chega con ter a cabeza dura anticascotes, as pernas áxiles esquivavehículos ou os nocellos duros antiescordaduras. Agora cada concursante debe sacar o Holmes que leva dentro e resolver o maior enigma ó que se enfrontou o pobo dende que deixou de ser capital de provincia. O concursante que queira ir a Collepasso deberá descubrir.... onde están os baúles veronenses!!

b_1280_0_0_0___images_stories_aventuraBetanzos_incognita.jpg 

Concursante da edición 2009 que se quedou así ó intentar resolver o enigma baulístico

En todo momento unha ambulancia estará pendente dos concursantes. Tamén haberá un posto de bebidas na praza (entre a parada do Calpita para Sada e o Arriva para Coruña, cando chegue un Alsa estará inactiva momentaneamente).

Finalmente procederase á entrega de premios, consistentes nunha viaxe a Collepasso coa alcadesa para o gañador e unha foto firmada da mesma para o segundo e terceiro clasificado.

Sorte para os que consigan acadar a meta, e ós demáis.... vémonos noutra vida.


Comentarios  

 
# Reportaje mítico !!!ALEXito 03-04-2010 14:43
Eres un crack, Pableras, un crack !!

Qué gran reportaje, si señor...a la altura de los MÃS GRANDES de esta página !!!

Yo quiero un viaje con la alcaldesa....siiiii....seré su nuevo delfín, ahora que el puesto está libre... -si -si
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente
  • 1ª Protesta Mundial
    Las convocatorias locales más próximas serían estas: -Coruña 18h Plaza Pontevedr...
    12.10.11 17:44
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 11 invitados conectado(s)