Política
Política local
¿Hai ou non hai?
Si nos fiamos do que din uns, estamos "que lo rompemos, neno". Temos un concello que rebosa cartos polos catro costados, como si o xestionase o mismísimo Rockefeller ou un fillo listo de Aristóteles Onassis. Un verdadeiro paraiso fiscal onde, de igual forma que Xesucristo no seu día, os peixes (do Mendo) e os panes son multiplicados a moreas.
Pola outra banda, se nos fiamos do que din os outros, o concello betanceiro é pouco mais que un solar con menos paredes ainda que o polideportivo de Guiliade. Un cubículo desolado onde as teas de araña coronan cada recuncho lastimoso e onde o sillón da alcaldía non é mais cunha banqueta coxa dun pé.
E entonces un, que na sua casa asiste asombrado a semellante espectáculo sin ser un economista avezado, se pregunta ¿Quen di a verdade? Ou mellor dito, ¿Alguén di a verdade? Despois do Leer mas, algún apunte do tema.
Para poder entender algo, o primeiro que temos que facer é ir e sacarnos a carreira de Económicas, un master en administración de concellos e estudiarnos enteiro o regulamento interno de calquera cousa que teña un regulamento interno. Calquera cousa por debaixo de esto será calíficada polos "entendidos" como un "Non tes nin idea", "Tu calla que de eso no sabes", etc. En calquera caso, ó que non lle preocupe o que dirán e polo menos sepa sumar e restar, pode pasar o punto seguinte.
Segundo punto: ir a páxina do Concello de betanzos e baixar un documento titulo Informe de liquidación 2007. Alí poderá ver moitos números, palabros extranos e demais, hasta chegar a un punto donde se escribe:
"De acuerdo con todo lo expuesto, del sistema informático contableresulta un Remanente de Tesorería para gastos generales de + 508.254,56 € y un Remanente de Tesorería total de + 1.554.246,48 €"
Ñó! Mi ma! Si é que temos un concello cun verdadeiro pastizal ahí metido! Ben, hasta este punto de informe e non mais adiante é claramente hasta donde leeron os do BNG de Betanzos. Supoño que polo tema de que non llo deron cos 15 días de antelación que se se exise por Lei. Eso non impediu que sacasen unha noticia que encheu de ilusión o corazón de moitos que pensabamos que non había cartos:
A conta xeral amosa que Betanzos pechou o 2007 con superávit
"Sobre o contido do documento, del Río explicou que a conta xeral amosa que o ano 2007 foi pechado con superávit polo Concello de Betanzos, cun remanente líquido de tesourería de 1.554.246,48€."
"O BNG entende que “os números amosan que PP e CxB mentiron sobre a situación económica do Concello durante case dous anos”."
Branco, e en botella. Non hai mais que decir. Os números amosano, e si o dín os números...
O problema é que o informe continua, cunha serie de apreciacións que por algunha razón no se comentan na noticia do BNG, non sei porque razón ¿Ou acaso non queren que os seus propios seguidores e simpatizantes, e os cidadáns en xeral, nos enteremos de todo o que pasa no concello?
Sigue o documento decindo:
"Ahora bien, de este Remanente Líquido de Tesorería deben hacerse las siguientes precisiones: (...)
En primer lugar y con respecto a los derechos pendientes de cobro, deben deducirse los que sean de difícil o imposible recaudación. (...) resulta bastante improbable que de todos los derechos pendientes de cobro de ejercicios cerrados que pueden ser realizados se consiga el 100% de recaudación (...)
Gastos pendientes de contabilizar: Tal y como indicábamos en el
epígrafe dedicado al resultado presupuestario, en los últimos años se ha venido manifestando la existencia en las oficinas municipales de facturas pendientes de contabilización, que a 31 de diciembre de 2007 ascendían a un total de 880.290,97 euros.
Procedimientos judiciales pendientes:(...) es necesario hacer mención a aquellos procedimientos judiciales de los que se pudieran derivar futuras obligaciones, sobre todo si tenemos en cuenta que a la fecha de elaboración del presente informe algunos ya cuentan con sentencia firme. (...) La deuda viva derivada de sentencias firmes ascendía a 31 de diciembre de 2007 a 2.516.952,69 euros:
- Reclamación por responsabilidad patrimonial: 500.622,21 euros
más intereses.
- Reclamación por responsabilidad patrimonial: 284.984,31 euros
más intereses.
- Reclamación por deudas con el I.N.E.M.: 1.666.046,52 euros más
intereses.
- Reclamación por deudas con la S.G.A.E.: 65.299,65 euros."
Eu non son economista, e posiblemente esté trabucado nalgún punto. Pero polo menos o que entendo eu neste informe é que o concello ten un millón e medio de euros de "saldo positivo", pero contando cobros que o mellor despois non se poden concretan e sin contar facturas por valor de 800 000€ e multas de 2,5 millóns. De ser así (si estou trabucado acepto gustoso calquera comentario aclaratorio), teriamos +1,5 - 0,8 -2,5 = -1,8, ou sexa, un deficit de 1.800.000€ .
Por outra banda, está claro que tendo 1,5 millóns de € de "superavit" e si os pagos de multas e demais non se teñen que facer inmediatamente, o concello ten un certo marxen de maniobra para facer algo mais do que está facendo. Que ven sendo nada ou menos.
Está claro que non para tirar a casa pola ventá, como algúns parecen querer, ou para facer en dous anos o que outros non fixeron en 20 de mandato, pero sí algo mais.
Barcos en terra, viaxes a Italia, bauis "veroneses" non parecen unha inversión ideal para cartos que en certa medida, e sempre con prudencia, tecnicamente si que hai.
A conclusión de esto é como sempre a misma: uns e outros intentando atacar ó rival mentres que os cidadáns temos que aguantar as suas historias tan parciais e sesgadas que dan noxo. ¿Por que ante este informe, uns e outros non din toda a verdade?
Os do BNG, por qué non dicen "Si, hai uns pagos que afrontar pero vostedes teñen un marxen de maniobra grande" E xa estaba, toda a verdade sobre da mesa é a crítica igual de efectiva. E PP e CXB, por que non decir "Sí, temos certa solvencia económica pero tamén hai uns pagos dos que ocuparse". E a mín, personalmente, xa me valía. Cada un tirando polo propio, claro, pero desde a realidade. Non "Superavit" para uns, "Bancarrota" para outros..
Está visto que esta cidade, ou agora mismo aldea con aires de grandeza, sólo pode ir nunha dirección coa "clase política" que ten: cada vez mais e mais cara abaixo.
PD: Olvidávame de citar o PSOE de Betanzos, pero bueno, nestes intres están mais interesados en Touriño que no propio Betanzos, así que por ahora non se lles pode molestar demasiado.
| Comentarios |
|