Política Política local Hai tempo, no pasatempo....
Escrito por xpab
Domingo, 06 de Febrero de 2011 14:27

Alguén se lembra do proxecto da Aula da Natureza do Pasatempo? Pois polo visto houbo no seu día un proxecto así titulado. 

Sen embargo, coas novas políticas de deixar caer todo, de abandoar salvaxente os monumentos á súa sorte, este proxecto quedou relegado a uns panflatos cheos de polvo no chan dunha especie de antigo museo.

Para velo, hai que subir á última planta do antigo pasatempo, onde a imaxe é desoladora. O antigo mirador podre e "pechado" (unha valla amarela é o único que impide que algún inconsciente pase e se xogue a vida), un xardín selvático e o citado "museo", con un par de arados antigos e papeis de outra  época, que mostraban o que pretendía ser, tirados polo chan. Recollín algúns para que quedase constancia do que foi e xa non é. En "leer más" pódense ver os correspondentes escaneos.

{mosthumbviewer:images/stories/aulanatureza/IMG_2.jpg, images/stories/aulanatureza/IMG_2_peq.jpg, , center}

Parece que a cousa ía en serio. Había unha morea de panfletos, e ata en distintos idiomas. Aquí mostro o de inglés.

{mosthumbviewer:images/stories/aulanatureza/IMG_3.jpg, images/stories/aulanatureza/IMG_3_peq.jpg, , center}  

{mosthumbviewer:images/stories/aulanatureza/IMG_4.jpg, images/stories/aulanatureza/IMG_4_peq.jpg, , center} 

Tamén hai restos do que parecían mostras da fauna local. Peixes, insectos, aves.... dos que o único que quedan son os seus nomes  nunha morea de tarxetas polo chan, abandoados pola desidia e desinterés de políticos (?) que o único que saben é esbardallar entre eles.

{mosthumbviewer:images/stories/aulanatureza/IMG_1.jpg, images/stories/aulanatureza/IMG_1_peq.jpg, , center} 

Había incluso mapas que orientaban  ó visitante dentro de esta xoia (agora máis) ruinosa.

{mosthumbviewer:images/stories/aulanatureza/IMG_5.jpg, images/stories/aulanatureza/IMG_5_peq.jpg, , center} 

{mosthumbviewer:images/stories/aulanatureza/IMG_6.jpg, images/stories/aulanatureza/IMG_6_peq.jpg, , center}  

{mosthumbviewer:images/stories/aulanatureza/IMG_7.jpg, images/stories/aulanatureza/IMG_7_peq.jpg, , center} 

Xa estamos cansos de falar sempre do mesmo. De propor ideas que nunca se van a levar a cabo. Realmente é inviable ter un par de persoas encargadas do parque represantivo da vila? Non se queren reducir as cifras do paro? Hai acaso prioridade en readoquinar rúas e realizar modificacións urbanísticas totalmente innecesarias e, sobre todo, IMprioritarias??

A ver que prometen uns e outros agora coas eleccións. Algúns gañarán, pero o que é seguro é que o que perderá será, como sempre, Betanzos.

Comentarios  

 
# A Walk On The SkyJovendemente 07-02-2011 21:37
yiiisus, ininglis.... parece o título dunha canción de Pink Floyd

e de que ano son esos panfletos, víchelo?
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# non...xpab 07-02-2011 22:30
O que atopei, escaneino, así que nin idea.

Vendo a podredume que hai por aí arriba calcúlolles uns ....15 anos? :-?: :-?:
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Espeleologando por Brigantio
    Esperemos que este gran tesouro que temos na nosa vila sirva para dar un empurró...
    07.04.12 11:47
    por Betanceiro
  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 1 invitado conectado(s)

RSS

Brigantio