Inicio arrow Política arrow Política local arrow Historia de Brigantio
Historia de Brigantio
Escrito por valen
jueves, 18 de marzo de 2010

 

Fai moito tempo atrás, nunha lonxana vila dun lonxano país, tivo lugar un feito que a moitos deixou coa boca aberta. O monarca que dominara a cidade durante séculos con man de ferro foi derrotado e derrocado por un grupo de xente heteroxéneo e de humilde estrato, por campesiños, por costureiras e por afiadores. Todos eles xuntos, coa única forza da ilusión, conseguiron o que nin os mais vellos do lugar crian posible: cambiar as cousas.  (Segue tras o Leer mas...)

 

Por desgracia para eles, o grupo de xente heteroxéneo e de humilde estrato carecía dos coñecementos e a capacidade para gobernar unha cidade tan enorme eles sos. Falaron entón cos antigos amigos do antigo rei, para pedirlles axuda toda vez que o vello xefe era xa auga pasada, pero os antigos amigos do antigo rei dixeron que non. Enfurruñados ainda por ver ó seu lider escapar da cidade nun carro de bois, non quixeron saber nada nin do pobo nin do ben dos seus habitantes, e pecharon a porta a calquera acordo. Así que o grupo heteroxéneo e de humilde estrato tivo que seguir á procura doutras persoas ás que lles ofrecer o goberno.

Atoparon entón a un pequeno corro de xente, que os miraba con desconfianza dende a distancia coma un raposo resabiado, cun certo aquel de envexa. Os do corro eran xente letrada e responsable, que incluso axudaran a gobernar ó vello rei nalgún tempo, pero que sen embargo agora eran poucos para mandar nunha vila tan grande. E como queira que tampouco lles tiñan especial aprecio ós do grupo de xente heteroxeneo e de humilde estrato, estes tiveron que seguir o seu camiño á procura de alguén que os axudara dunha vez por todas a dirixir aquela grande cidade.

De pronto un día, na porta do humilde alpendre onde os humildes se reunían, restalaron dous estacazos. E cando a porta se abríu cun rechío, un brilo cegador o encheu de súpeto todo. Unha claridade mais pura ca dó mais grande sol de verán atravesou os ocos do tellado, as xanelas a medio pechar, as fendas das paredes. E tras uns segundos eternos, nos que os heteroxeneos e humildes cidadans tiveron que mesmo agachar os ollos tralas mans, o fulgor cesou.

Apareceu entón unha corte real composta por cuarenta e nove paxes, cen gardas, dez conselleiros, dous axudantes reais e un can con traxe.  E entre todos eles, destacando como a única flor nun deserto, apareceu ela. A raiña.

«Os vengo traer un mensaje de paz», dixo entón a susodita co mellor dos seus sorrisos e mandando calar o can. Os membros do grupo de xente heteroxeneo e de baixo estrato sentíronse pronto importantes, enchidos coma un paporrubio. O destino da cidade estaba nas suas mans, e ata a mesma raiña quería ter tratos con eles.

Así que tampouco o pensaron moito, toda vez que ninguén mais parecía querer gobernar, e deixaron que a raiña tomase o poder. «Pero estaremoste a viaxiar!», avisarona sen embargo. E é que ó grupo de xente heteroxeneo de humilde estrato o que mais lle importaba era a vila, os seus veciños, e non estaban dispostos a que ninguén os volvese mangonear como nos séculos escuros pasados.

 

E así quedou. A raiña, que sabía que necesitaba do grupo de xente heteroxéneo para gobernar con tranquilidade, amosou a mellor das suas caras durante moitos meses. Dulces sorrisos (dentro das suas posibilidades), bicos sin tocar as meixelas pero en abundancia, decretos reais pouco comprometidos para non incomodar os cidadáns...Todo parecía ir ben na vila, ou todo o ben que podía ir toda vez que as arcas reais estaban valeiras tras o goberno do antigo rei. Ou eso era o que parecía.

Na mentres os nenos da vila seguían a estar sin escola, e non había nin catro moeadas para facer ningunha actividade cultural, a raiña empezou a crear novas festas na cidade e a descoidar o demais. Os carros volveron atascar as estreitas ruas, e a xente comezou a se fartar.

O grupo de xente heteroxéneo e de humilde estrato dixo entón que aquelo non podía seguir así, e que eles mesmos, inda que sabían das suas limitación, entrarían tamén a mandar no castelo. Desta forma, tres foron os elexidos para se meter na corte real: unha mestra que aportaría a sua sabiduría, un home de forte caracter para aportar a sua fortaleza e o mesmísimo xefe do grupo que aportaría...a sua candidatura ó trono real.

E así quedou. De novo. Coa nova xente o goberno pareceu mellorar durante un tempo, empezaronse a facer cousas e a deixar de lado outras, e en xeral os cidadans tiveron a impresión de que a raiña xa non mandaba tanto coma antes. O cal, como despois se vería, non era mais cunha falsa ilusión. Dende as sombras mais escuras e tupidas a raiña seguía a facer e desfacer ó seu antollo, escapando sempre das queixas da xente heteroxenea e de humilde estrato con boas palabras sempre valeiras. Ninguén era quen de parar as suas ensoñacións, os seus desexos de transformar a vila nunha distinta, oriental, digna da escola italiana de mestres constructores.

Os tres embaixadores que o grupo de xente heteroxéneo enviara ó castelo real comezaban incluso a mesturarse cada vez mais coa corte real, e xa era difícil siquera diferencialos. O pintor real tiña o dobre de traballo, xa que agora debía pintar non so a raiña en pose triunfal subida nun pony, sinon que tamén debía facer o mesmo co xefe do grupo heteroxeneo inda que eso si, subido este nun corcel mais espigado. E á xente comezou a non gustarlle.

Ata algunhas das propias persoas heteroxéneas e de humilde estrato se fartaron da actitude dos seus enviados, e inda que seguiron sendo heteroxéneas e algunhas humildes pola sua conta, deixaron de pertencer o grupo. Nas rúas as persoas recibían ós membros da corte real con apupos e, en ocasións, mesmo lanzandolles ovos e tomates podres. Pero todo era igual.

A raiña seguía na sua teima de ser a única que decidise o que se podía facer ou non na vila, o que se tiña que facer ou desfacer. E os enviados do grupo heteroxéneo cada vez mais homoxéneo e de cada vez menos humilde estrato, tampouco facían maís que seguirlle o conto á xefa de todo, sair retratados con ela en todo canto cadro se pintaba na corte e, de vez en cando e eso sí coa boca pequena, reclamar que o tesouro real no se agachase debaixo da cama da susodita e se puxera á vista de todos.

Pasaron mais e mais días, mais e mais meses nos que se fixo pouco do que os cidadáns querían e moito do que ninguén pedira. E de súpeto, cando xa todo o mundo se parecia ter resignado á situación, de novo todo mudou.

O grupo de xente heteroxéneo cada vez mais homoxéneo e de estrato menos humilde decidiu voltar ás suas orixes, ó humilde alpendre do que moitos dicían que non tiñan que ter saido, e olvidarse para sempre da raiña e os seus mangoneos. Ninguén agardaba a nova, e ata á mesma mandamais a colleu a pe cambiado. De novo estaba ela soa, de novo tiña a vía libre de atrancos para facer e desfacer o seu antollo. Os ollos se lle iluminaron entón ante a visión dun futuro esplendoroso da vila, unha vila onde non se puxera o sol, onde as vellas tabernas se convertisen e xoias da arquitectura, onde os vendedores de verdura tivesen unha arca na que se meter os días de chuvia, onde non se lese un libro pero a xente puidese papar ata reventar e beber bo viño da terra. A mellor vila do mundo.

O que pasou despois, como se soe decir, é outra historia. Que de seguro merecerá ser contada, por suposto.

 

FIN
Comentarios
Añadir nuevo RSS
Anónimo 83.34.21.xxx | 2010-03-18 16:44:01
O grito do silencio
15-5-09
Había unha vez un feudo onde o señor do lugar, canso de tanta dedicación, decidiu delegar gran parte das súas funcións nun administrador fiel que conseguiu moi boas colleitas nuns anos especialmente fértiles.
Un bo día, o señor, precisou contraer matrimonio cunha aguerrida rapaza . Como xa non estaba para lerias non foi quen de aturar as ansias da súa parella de gobernar , e pronto xurdiron os celos do fiel administrador que se aferraba a ser o mandamáis.
Os anos de desmesura anterior, unido a unhas colleitas ruinosas levaron a este matrimonio á ruína. O administrador impávido viu como o feudo caeu en mans da inimiga do seu señor, apoiada para a ocasión por uns plebeios.
A nova señora sorprendeu a todos mantendo o mesmo administrador, pensando que collería para ela as mesmas colleitas de antano. Pero esas terras fértiles non daban froito e o desconcerto e a añoranza do antigo señor se abrían paso entre o pobo.
A señora fixo entón unha alianza cos plebeios para que lle axudasen a atender as terras, xa que eles estaban moito máis preto dos labregos.
Naquel tempo apareceu polo lugar un trobador que se dedicaba a cantar advertindo todo o que observaba, a música era pegadiza e a letra un canto a transparencia. Os plebeios facían súas as cancións e llas cantaban á señora. Ó administrador non escoitaba de bo grado.
Un bo día, o trobador, construíu unha peza memorable e moi edificante que chegou o corazón e as entrañas dos plebeios. Pero a letra lle queimaba a algúns polo que non o deixaron seguir cantando, e o calaron para sempre.
Foi entón cando os plebeios colleron o relevo e cantaron con máis forza o que non se quería escoitar.

Moraleja:
Anónimo 83.34.21.xxx | 2010-03-18 16:49:10
Moraleja:
Anónimo 83.34.21.xxx | 2010-03-18 16:51:08
Moraleja: senón nos interesamos polos asuntos, estes serán manexados polos que si teñen interés.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."