Inicio
Impresionante axenda cultural para o Nadal
Escrito por xpab
jueves, 17 de diciembre de 2009

Xa hai tempo que quería analizar a oferta deportivo-cultural deste pobo decadente. A verdade é que nunca tiven os suficientes argumentos para poder criticar, xa que nunca tiña un panfleto ou algo parecido (que sinceiramente pensaba que nin existían) que mostrase a "oferta" de actividades para facer durante un periodo de tempo, neste caso, o Nadal.

Desgloso o panfleto en "Leer más", por se lle interesa a alguén, pero eso si, o que mire que non espere atopar moita cousa se a súa idade está entre 20 e 70 anos....


Pois ben, así contando por enriba e rápido, hai unhas 50 "actividades". Entendo que polas datas debería haber beléns, panxoliñas, concertos de Nadal, etc. Pois ben, os hai. O problema é que aí practicamente se acaba a oferta cultural.

Das 51 actividades, 19 son de colexios  (as cales non se entende ben que pintan no panfleto se non é para facer bulto) ou para nenos, como cabalgatas ou algún taller. Outras 2 son para anunciar películas infantís. E van 21 actos.

Outra actividade é para a recollida de xoguetes na cruz vermella (do 22 de decembro ó 4 de xaneiro) . É esto para poñer nun "programa de festexos"? Está ben que o digan, por suposto, pero aquí parece que está (tamén) para facer un pouco de bultiño. Algo máis de sentido ten avisar de que hai un rastro benéfico do 1 ó 5. Pero de cara a formar parte dun programa de festexos, teño as miñas dúbidas. E van 23 actos.

Dando o salto á terceira idade, hai un concerto de reis na Residencia de Anciáns e un Baile de Aninovo para a terceira idade. Son actos que prometen, pero ós meus case 27 anos a estas alturas da análise do análise aínda non atopei nada para facer neste "programa de festexos". E van 25 actos, xa chegamos ó ecuador.

Entón un pode pensar en participar nun obradoiro. Pois ben, hai un de arte flora le adornos de Nadal. Ainda que é totalmente respetable e celebro que se faga, sigue sen adaptarse moito ó que busco para facer no Nadal, Asi que case que non... (será que son moi exixente?). E van 26.

Busquemos a oferta deportiva. Quizáis algún maratón, carreira popular, algún torneillo de algo. Pero vai ser que non. Da frioreira de dous actos deportivos que hai no programa, teño a mala sorte de non practicar con asiduidade ningún dos dous. Un campionato de Karate e outro de xadrez... e xa. E van 28.

Sigo rebuscando... unha excursión en familia á "Ocio Nadal" en Ferrol. Vai ser un pouco precipitado buscarme unha muller e facer fillos en 1 semana para darlle sentido a esta actividade. Tampouco é para min. Tamén hai unha xornada de convivencia coa terceira idade. De novo un acto meritorio, pero volvo a pensar se será para poñer nun programa de festas. E van 30.

Hai unha actividade de exposición de traballos do 1 ó 11 de carteis de nadal. O 14 (posto como outro acto independiente), a entrega de premios. Un se podería pasar... xa temos cubertos 10 minutos de Nadal!! Só me levou 32 actividades!!

A ver se sigue a racha. Hai unha exposición do artista José Valentín (non confundir con Valba). Media hora de vistazo creo que será suficiente para a maioría dos mortais que se pasen. Xa aumentamos a 40 minutos de Nadal cubertos! É máis, poderemos pasar da hora se imos á CIEC a ver a exposición dos alumnos que pasaron por alí. Con esto facemos 34.

Máis exposicións. Pon que do 20 de decembro ó 10 de xaneiro hai exposición de postais en Santo Domingo. Despois das outras 2 non sei se quedarán ganas, pero que non se diga: outro cuarto de hora para exposicións.(35 actos)

E falta a xoia da coroa. O belén. Como é a xoia da coroa, necesita máis dun acto no programa: un para decir que estará do 13 de decembro ó 12 de xaneiro e outro para indicar o día da súa "inauguración". Ainda que os betanceiros o levamos vendo durante mil anos, ainda poderemos darnos un paseo, non vaia ser que se fugase algunha figuriña farta de tanta monotonía. Co belén chegamos ós 37 actos.

Tamén o programa das festas inclúe un mercado (?), que aparece como 2 actos distintos por celebrarse en 2 fines de semana distintos. Creo que non me aportarán gran cousa na miña celebración do nadal... 39 actos.

O acto 40 sería a presentación da revista A Xanela, con concerto incluído. Pode que sexa interesante.

Eso sí, moita música... de panxoliñas. Ata 3 actos relacionados coas mesmas. Un concerto da Banda Municipal, outro da Camerata e un festival folclórico completan a oferta musical. Chegamos ás 46.

Por último, 3 obras de teatro, unha actuación dun mago e un concerto do Grupo Folck-A-Tones fan que cheguemos ós 51 actos. 

Está claro que cada un interpreta por programa de festas o que queira, pero para min as únicas alternativas reais son as exposicións e algún concerto (se ben despois se pode ir a algo máis). Sinceiramente non creo que haxa moito que facer (por non decir nada) durante o Nadal en Betanzos. Un aburrimento continúo. E o problema é que non só é en Nadal, senón que é ó longo de todo o ano. Non hai ofertas deportivas grandes, nin concertos máis aló da Banda e o Folclore, e por suposto xa non digamos monólogos, proxeccións ou festivais. Se temos algo en Betanzos é teatro, e penso que é algo que hai que coidar porque felizmente é unha alternativa para case que tódolos domingos, ainda que algúns temos que recoñecer que non o frecuentamos moito.

Con esta oferta, ademáis de afundir moralmente o ánimo dos que aquí habitan, tamén restan efectividade ó turismo de Betanzos e por ende, da súa comarca, como centro vital da mesma que é. Un turista chega aquí e colle o programa, a ver que pode facer. Noutros lados é máis ou menos normal atopar algo que facer. Aquí é bastante máis difícil. Con darse un paseo polo casco antigo xa fixo todo o que tiña que facer en Betanzos. Quizáis vexa tamén un rato o Pasatempo... Sempre lle quedará botar tódolos días da súa visita nas espectaculais terrazas ou contemplando os baúles Veronenses. Pero creo que eso non chega.

Con envexa vexo nun periódico unha noticia que reza "Oleiros ofrece dos programas de ocio con más de 40 disciplinas". Actividades separadas por idades. Tamén fala de 2 concertos. Dende logo dá que pensar. É que en Oleiros hai máis cartos? Son máis intelixentes os dirixentes? Eu penso que é unha cuestión de interés. Dende logo o que pensa e organiza eso merece o seu soldo. Para esa xente sería moi doado quedarse de brazos cruzados na casa e cada vez que alguén lles viñese a propoñer algo entoasen o "es que no hay dinero" (ou, o que é máis habitual por estos lares, "es que no hay dinero... bueno, para ESO que me pides, no").   Creo que nese caso sería máis decente renunciar ó cargo e non cobrar o soldo, que total, se non se pode facer nada, porque cobrarían? En fin, non me gustaría estar nun concello onde pasase eso, pero desgraciadamente o estou compartindo con 14000 persoas máis. A pregunta é... durante canto tempo?

Comentarios
Añadir nuevo RSS
MIguel 83.45.141.xxx | 2009-12-18 00:45:06
Chapó
valba  - Formación http://www.brigantio.com SAdministrator | 2009-12-18 08:08:13
Eu sigo preguntando:

1) Quen organizou esto?
2) Que formación acerca do tema ten o que organizou esto?

Esto quizais nos despexaría moitas dudas, desde logo.
yo soy el pueblo 79.151.24.xxx | 2009-12-18 08:54:24
Me da igual que no haya nada que hacer porque estan tirando las estructuras del carregal y si le pido a Mariloli una farola me la pone cerca de casa.
Tienen mi voto por los siglos de los siglos....
Fernando 77.27.59.xxx | 2009-12-18 10:07:26
Estoy con "yo soy del pueblo". Crack.
Miguel 83.45.141.xxx | 2009-12-18 12:42:41
Pois noráboa , sodes sinxelos de contentar.

Outros , tontos de nós , esiximos algo máis a ela e os demáis.


Un saúdo!
yo soy el pueblo 79.151.24.xxx | 2009-12-18 12:52:59
Iba con ironía espabilados...
yo soy el pueblo 79.151.24.xxx | 2009-12-18 12:57:19
sobre todo por algun comentario anterior a artigos (como o dos baules) deste mesmo blog...
Miguel 193.144.63.xxx | 2009-12-18 15:23:28
Ostiá , perdoa.....jejjejej

E que algunhas veces non é sinxelo captar a ironía nun foro de internet...non é neste caso...mea culpa porque está bastante claro...jejej

Un saúdo e perdoa outra vez!
fromoza  - sin novedad 81.44.115.xxx | 2009-12-19 19:37:26
al karre como todos los años jajaja
yo ya ni lo abri el panfleto, y con razon, sin novedad.
saludos!
sinalar  - crack 88.22.108.xxx | 2009-12-22 14:44:47
que os estraña, con los cracks que tienen trabajando en el ayuntamiento.
xpab  - intento 213.60.183.xxx | 2009-12-30 10:01:14
Alo menos o intentaron (mentres o concello está "ocupado" en rañarse a barriga):

http://xornaldebetanzos.wordpress.com/2009/12/2...

(info by jovendemente)

Por certo, eu non sabía nada....
valba  - Pois... http://www.brigantio.com SAdministrator | 2009-12-30 12:40:49
Pois si no instituto seguen coa sua política de pagar xustos por pecadores, supoño que non lles volverán deixar o pavillón ós organizadores de este torneo. De feito, o intento de liga de Betanzos, por moito menos, foi expulsada e repudiada de forma inapelable pola xunta directiva do Fco. Arguiar.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."