Non sen De La Fuente
Escrito por xpab
viernes, 15 de junio de 2007

O pastel é demasiado saboroso. O que comenzou nun "opoio ó partido máis votado" rematou cunha negativa a gobernar se o alcalde non é dos seus. Así foron as negociación de CxB. Eu, despois de que Valen nos emocionase co "os de CxB desde ó principio dixeron que o que querian era actuar por Betanzos, sin ideoloxias "puras" que marcasen as suas obras. E si para eso hay que pactar, falar ou poñer de alcade a un dos (antigos) cabezudos do San Roque, pois faise. Que por unha vez os intereses da xente estén por riba dos dos políticos", levei a sorpresa ó ler o seguinte fragmento na Voz dixital. Parece que non chega con que o alcalde sexa un cabezudo do San Roque (ó mellor un dos reis católicos....).

 

Tanto María Faraldo, candidata del PP, como Víctor Mejuto, responsable de llevar la negociación por CxB, lo reconocieron así. La propuesta que formuló Cidadáns consistía en que Javier de la Fuente, líder de los independientes, fuese el regidor, y que los populares organizasen el reparto de áreas conforme a sus criterios y de acuerdo con los resultados electorales. Sin embargo, la única concesión que lograron del PP en ese sentido, y que no satisfizo a los independientes, fue turnarse en el cargo a lo largo de los próximos cuatro años, eso sí, también en consonancia con los votos logrados por cada partido en las elecciones del 27-M. Así, Faraldo se sentaría en el sillón municipal durante dos tercios del mandato.

«Desde el primer día, planteamos que los partidos mayoritarios tenían un número pequeño de concejales y que la situación había cambiado con la entrada de un grupo que recibió los votos de muchos ciudadanos desencantados que se ilusionaron con el proyecto», dice Mejuto, para quien «esa ilusión debía trasladarse a la alcaldía».

 

Creo que a idea foi cambiando dende o que decían ó principio, non? 

Comentarios
Añadir nuevo
xpab  - acertei.... SAdministrator | 2007-06-16 10:46:52
Como puiden saber en exclusiva a noite do venres (e unha pena, pero non vou decir quen mo dixo), F A R A L D O é a nova alcaldesa. Parece que a cousa estará bastante controlada (varias competencias votaranse en pleno). Haberá que ver como transcorre a cousa, ainda que persoalmente non me entusiasma como quedou o tema, e creo que moitos votantes de CxB non tiñan esta opción como preferente. Pero era algo ó que irremediablemente estaban expostos, por moito que algúns se queixen agora.
valba SAdministrator | 2007-06-16 21:58:40
O final a Faraldo de alcaldesa. É o que hai. A min non me cae simpatica para nada a tipa, e o programa do PP daba ganas de chorar, polo menos na miña opinión.

Dito esto, decir que personalmente non vexo tan mal o resultado final. Si os de cxb fan as cousas ben, pedindo o que teñen que pedir e controlando certas cousas donde se podian emocionar os ppepistas, creo que se pode chegar a bon porto.

Librámonos creo que casi definitivamente dos Lagares , co cal dentro de 4 anos un novo grupo no psoe con aires novos e sobre todo ILUSIÓN podería vir ben para a cidade. O mismo cos do bloque, que aparte de desgastarse menos por non estar no goberno, poderán (ou deberían alomenos) aprender dos errores pasados para facer algo que sexa o que queren todos os betanceiros (e non solo uns poucos).

Con esto veño a decir que o que cxb pretendia, que era revitalizar e "desbloquear" a política local, conseguiuno con creces. Polo menos agora habera debate, parlamento, ideas novas. Os do soe saben q apartir de agora non poderá ser como antes, que fixesen o que fixesen ian seguir gobernando. Os do PP saben tamén que non poden fallar, porque poderia ser unha das últimas ocasións que teñen de asentarse no goberno.

Así, POR FIN, pasamos do "hago lo que me da la gana porque total siempre seré alcalde" al "cuidado, hay que pensarlo bien si quiero seguir siendo alcalde".

Para min o cambio e moito. Para outros miles de millóns de votantes de cxb que non tiñan esta opción como preferente (e que sempre mentan os que non son votantes de cxb, pero que asombrosamente coñecen a toda a masa ceporbeta desencantada co seu voto) so lles quedará esperar 4 anos e votar por outro.

Polo bloque, por exemplo, que sempre o fai todo ben (para os que viven no centro "urbano" e teñen garaxe propio sobre todo) ou ó psoe (pero que contraten antes un seguro por si acaso nalgún "despiste" do goberno teñen que pagar do seu peto medio millón de euros, ou o dobre).

O dito, que hai q esperar e ver como vai a cousa.
alex  - Dimisión SAdministrator | 2007-06-17 01:15:31
FARALDO DIMISIÓN !!!!

Eu vou empezar a facer oposición dende xa...dimisión, dimisión, dimisión...
xpab  - dacordo, pero... 213.60.182.xxx | 2007-06-17 11:57:14
Estou dacordo con case todo o que dí o cañonero (agora non serve de nada rosmar, o mal xa está feito e só queda arrimar o hombreiro), pero sigo discrepando nalgunhas cousas. Pensandoo ben, o CxB vaille facer un favor ó socialismo betanceiro, pero o PP non creo que sufra moitas transformacións (para que?, conseguiron a alcaldía)
Eu non coñezo ós miles de millóns de votantes de CxB, pero dos 3 que coñezo, só un tomou con certa ledicia(?) o pacto co PP. Non podo decir máis que eso, ó mellor só coñezo ás "rara avis" de votantes que non querían un pacto co PP.
Por último, está claro que os do BNG recibiron un aviso. Sen embargo, en canto os CxB fagan o que a maioría quere, darame pena ter que ir polo medio da vía da rúa travesa para non ter que ir esquivando os coches que aparquen nas beirarúas (vaia, creo que os escaparates se verán un pouco peor), como 12000 betanceiros que paseen por alí. Eso sí, 20 veciños do casco antigo (maioría de betanceiros) xa estarán felices porque poderán aparcar o coche diante da porta, non terán que recorrer os quilómetros que tiñan que facer antes dende onde deixaban o coche. Ademáis poderán vir co seu coche cargado das famosas bolsas (si, si, os veciños da rúa travesa SEMPRE van cargados de bolsas) ata a porta da súa casa. A miña nai fai a compra en Betanzos, nunca en coche, e ademáis non ten ningún supermercado demasiado preto (o máis preto é a distancia que hai do galiz á rúa travesa) así que pediremos aparcar na beirarúa de diante de casa. Seremos así de solidarios. Eso sí, se coñecedes a alguén que poda aparcar o coche diante da porta de casa nun pobo (sen ser na rúa travesa, cando se despeonalice), avisade, porque lle mercamos a casa.
valba SAdministrator | 2007-06-17 13:58:29
Que fácil é falar, cando os que pringan son outros. Que fácil é chamar pola solidaridade cando os que a teñen que desplegar son outros pardillos.

Agora a zona vella esta perfecta pa pasear, si. Solo que agora xa non hai xente paseando. Porque quen vai ir hasta alí, con esos 20 apestaos, si para comprar temos o Gadis a un paso para os que viven o lao, e con un parking para os de lexos. Ou podemos parar un segundo o coche para mercar calquera cousa en todo deporte e seguir camiño, ou nas tendas de roupa que hay por alí o por garcia naveira.

Agora a parte vella vaise a pasear, claro, os dias de solecito, supoño. Porque seguro que a tua nai lle fai ilusión ir mercar a zona vella e vir desde alí con seis ou sete bolsas cando chove (xa, que estamos en Galicia e iso nunca pasa). Ou si tivese que mercar moitas cousas, pois fai 4 ou 5 viaxes de ida e volta, que total, está a un paso.

Con esa mentalidade tua de "sacrificar" a "20" apestados polo ben do resto, en vez de intentar que TODOS cedesen un pouco, e pola que o bloque caeu con tanto estrépito. Porque a veces, inda que un pense que o seu é o mellor, sempre é preferible intentar conciliar a opinión doutras persoas e mais cando estas son as directamente afectadas.
xpab  - solución SAdministrator | 2007-06-17 14:45:16
Pois que se despeatonalice (xa será o que se faga, discusión absurda), e todos felices. Eso sí, terei que decirlle á miña nai que despois de 30 anos saque o carnet para os días que choiva se quere ir a mercar á pescadería, onde compra atúns e bonitos de 100 quilos, ou se vai a un comercio de roupa, non vaia ser que se lle dé por comprar un pantalón de plomo para bucear de 50 quilos.

"sacrificar"= non poder aparcar diante de casa

Finalmente resulta que 11000 persoas estámonos sacrificando. Vila de mártires.

"calidade de vida"= coches pasando por adoquíns facendo ruído, ter que parar cada vez que ven un coche para deixalo pasar, beirarúas cheas de coches, escaparates tapados, turismo desencantado.

Dende logo eses 20 veciños serán a envexa do pobo.
valba SAdministrator | 2007-06-17 21:48:03
Vexo que para ti solo valen os extremos: ou se aparca diante da porta, ou non se aparca. Non hai un termino medio que che sexa válido: ou branco e é o mellor do mundo, ou negro e é o peor. Pero, mira ti por donde, existen os grises.

E o sacrificio no é o non poder aparcar na porta da casa, e perder cartos nos comercios porque a xente xa non está por alí (solo tes que ver como as tendas desa zona van cerrando unha tras outra pouco a pouco) Xa ves a xente que fina, que quere seguir ganando un soldo para poder vivir. Que pouco solidarios cos que queren pasear tranquilos por ali na tarde de domingo..
Jovendemente  - eu quedome con Álex Registered | 2007-06-18 06:40:27
FARALDO DIMISIÓN!!!!

A muller dun inmobiliario debería estar inhabilitada para a política local...
valba SAdministrator | 2007-06-18 11:41:15
Si nalgún momento se demostra un tráfico de influencias para beneficiar ó seu marido, denuncia e para o carcere. Pero non se pode condenar a nadie antes de que cometa o delito.
xpab  - pois eso... SAdministrator | 2007-06-18 07:21:08
Pois xa está, despeatonalizar e listo. Así ninguén terá que pechar os comercios e todos felices. Eso sí, a xente que paseaba (só os domingos, vaia...) xa non paseará. Esperemos que os que vaian en coche vaian ben despaciño para mirar os escaparates (se é que non teñen ningún coche aparcado diante), ou senón que reciban os catálogos primavera-verán dos modernos comerciantes (se pechan é unicamente por culpa da peonalización)
valba SAdministrator | 2007-06-18 11:43:11
De novo para ti solo existen os extremos. Eu mais non che podo dicir, si pa ti solo hai a opción de peatonalizar por completo ou despeatonalizar por completo, pois nada.
xpab  - suavizamos SAdministrator | 2007-06-18 13:33:37
de repente parece que non é tan tráxica a cousa...
valba SAdministrator | 2007-06-18 14:22:19
Para min personalmente nunca o foi, pero entendo que puidese haber xente molesta con este tema. E xente que ten os mismos dereitos que ti e mais ca min...
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >