Non é doado vivir en sociedade. Xente distinta con distintas motivacións, con distintos obxectivos e distintas formas de ver a vida que se asocian para acadar un maior nivel de benestar. Persoas a veces con criterios moi dispares sobre certos temas que se ven na obriga de aturarse mutuamente en pos dunha convivencia si non perfecta, polo menos sà soportable. Pero inda asÃ, a veces é imposible non entrar en confrontación.
Andan estes dÃas revoltos na zona dos Ãnxeles e da Cruz Verde pola nova reordenación do tráfico levada a cabo pola Faraona, tamén coñecida como Mari Faraldo, que obriga agora ós veciños de esta parte da cidade a dar unhas cantas voltas de "scalextric" para poder chegar en coche ata os seus domicilios. Incluso tivo lugar unha concentración de protesta por este feito, que inda "modesta", conseguiu facer ruido dabondo como para que se falase do tema e incluso o gabinete de prensa da alcaldÃa tivese que emitir un comunicado de resposta, que a continuación pasamos a analizar.
{mosthumbviewer:
images/stories/terrazas/grandes/28012010140.jpg,
images/stories/terrazas/miniaturas/28012010140.jpg, , center}
O comunicado Ãntegro pódese ler neste enlace, un pouco "feo" de mais pero o único posible nese sitio web do concello tan ben feito. En resumo, unha serie de obviedades, xustificacións peregrinas e a xa habitual, sobre todo nos anos dorados do lagarismo, de "lo dijeron los técnicos". Si inda fosen técnicos...
Copiamos e pegamos:
"Respeta la decisión tomada por estas 31 personas de concentrarse en señal de protesta por la decisión tomada por el gobierno local en cuanto a la reordenación del tráfico en la zona ya que están en su derecho de hacerlo".
Ollo a precisión na conta dos manifestantes. Nin "ó redor de trinta", nin "sobre trinta" nin vaguedades. Trinta e un. E punto. Sacando iso, é de agradecer que o concello "respete" a decisión dos trinta veciños (perdón, trinta e un), e que recalque que están no seu dereito de facelo. Ou sexa, de bo rollo, eh? Que nin os sacaron a paus de alÃ, nin os detiveron nin nada. O goberno da Faraldo respeta, moito ollo.
Sigo pegando:
"Recuerda que la decisión final de reordenación fue tomada en base al informe elaborado por la PolicÃa Local, solicitado previamente por el equipo de gobierno antes de realizar cualquier modificación."
O informe técnico culpable. Os municipais expertos en reordenación de tráfico (porque ter preparación neste tipo de cousas é un requisito para ser municipal, non?) culpables. E punto tamén.
Mais:
"Ninguna entidad ni ningún colectivo se ha dirigido al gobierno local para interesarse por la situación de tráfico en la zona. A nivel particular, se informó a un par de personas que preguntaron a los responsables de Tráfico hace ya varios meses, cuando se realizaban las obras delante de los Soportales, si la zona iba a quedar o no peatonal, a lo que se contestó que habrÃa un paso reservado para circulación. EN NINGÚN MOMENTO, SE DIJO QUE SE IBA A MANTENER DOBLE SENTIDO."
Ollo aquà a última frase en MAIUSCULAS. Coidado, que aquà xa nos poñemos serios. A culpa de novo non é do concello, a culpa é dos veciños por non facer as pregunta como Deus manda. Incluso, eles non dixeron que se fora reservar un paso para coches concretamente, polo que o dÃa de mañán a circulación que dixeron poder ser so de bicicletas, de carros de dous eixos ou de gando vacún. E QUE NINGUÉN PROTESTE E PUNTO PELOTA.
E agora unha das partes mais importantes:
"-El gobierno local considera, en contra de uno de los lemas que se difundieron en las octavillas en las que se convocaba la concentración, que en ningún momento se pisotearon los derechos de los vecinos, pues la única intención del cambio es el beneficio de todos, beneficio que quedó demostrado durante estos primeros dÃas de funcionamiento en los que no se produjeron retenciones como, por el contra, sà habÃa en la situación anterior."
Ah, o "beneficio de todos". Bueno, todos, todos... Todos menos trinta e un, claro.
Por fin, o centro da cuestión. O corazón do problema. O ben do conxunto por riba do ben individual, o colectivo antes ca unidade. Certo é que a min, por exemplo, vivindo na outra punta da vila, tanto me da como me da o mismo o que pase na Cruz Verde. Total, para as veces que paso por ahà en coche (unha ou ningunha ó ano) dame igual ter que dar un rodeo. Pero teño a suficiente imaxinación para saber como me sentirÃa si fose eu un deses veciños afectados pola decisión do concello. E, o que hai que ver, parece que incluso a misma Faraldo o sabÃa tamén fai uns cantos anos:
8 de setembro de 2004, na Voz.
El PP dice que no se hará responsable del fracaso de la peatonalización
"La portavoz del grupo del Partido Popular de Betanzos, MarÃa Faraldo, afirmó ayer que el gobierno local no contó ni con su agrupación, ni con la gente para la llevar a cabo el proyecto de la peatonalización del casco histórico."
Si, a menos que o xornal minta (que tampouco serei eu o que diga o contrario), de boca de Mari saiu non seu dÃa "el gobierno local no contó con su agrupación, NI CON LA GENTE". As maiusculas son miñas, para seguir o manual de estilo dos comunicados do concello brigantino. Parece que fai seis anos o "beneficio de todos" necesitaba da xente afectada para levarse a cabo, mentres que seis anos mais tarde a xente deixou de ser necesaria. Todo para o pobo, pero sin o pobo.
SÃ, esta última frase é a máxima que resume o funcionamento dun sistema polÃtico coñecido como "Despotismo ilustrado", en teorÃa "superado" fai un siglo pero que non parece en esencia moi distinto do que rixe os nosos concellos hoxe en dÃa. Antes era un Rei o que mandaba e dispoñia, agora un alcalde. Certo é que agora o "populacho" que antes cortaba cabezas coa guillotina está mais tranquiliño co seu voto, pensando que asà pode cambiar algo, pero esta falsa ilusión desaparece demasiado a cotÃo. En canto pasan as eleccións.
AsÃ, o absolutismo que antes duraba o que duraba a sua maxestade, agora dura catro anos. Pero ahà acaban as diferencias. Ordeno e mando, fago e desfago, os cidadans non importan para decidir o que se fai ou non nun concello. Polo menos mentres sexan poucos. Trinta e un agora ou os que foran na época da peatonalización, pouco importan cando o que se busca é o "beneficio de todos". De case que todos.
Cabe preguntarse donde está o lÃmite, cal é o número máximo de persoas que se poden considerar prescindibles para facer algo que os perxudique directamente. Cen? mil? A mitade? A mitade mais un, para curarnos en saude? Imaxinen a situación: desde o concello se decide "penalizar" dalgunha maneira xusto a mitade dos habitantes da cidade. Nese caso, seguirÃa sendo o "beneficio de todos"?
Comentarios
Ahora ben, o despotismo notarse nótase en calquer punto a donde cheguen os movementos faráldicos de su IlustrÃsima.
Paréceme moi ben que a xente teña presa, pero hay que pensar que os demáis tamén teñen dereito a tela.
Mentres teñamos esta mentalidade non hay organización nin reorganización de tráfico que valia. O coche para ir a mexar sen importar o caos arredor.
e "a Mercedes" por "o Mercerdes"
Resulta que é unha tÃpica betanceira, que utiliza o coche para ir a facer a compra. CaracterÃzase tamén por ir a un súper súper barateiro para poder ter un coche de marca. Ademáis, canto máis tarde, máis coches farán cola, provocando pitidos e chamando a atención para que todo o mundo se entere de que é unha betanceira de pro por ter un coche alemán. -banana
A ver se nos enteramos!!
P.S.: seguramente o aforro non sexa para o coche, senon para poder permitirse ir ó ximnasio á noitiña.... ¡Demo de mundo!
....os amigos
xD xD xD
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.