Hoxe en día está de moda promocionar o transporte público (felizmente). Falamos de autobuses, metro lixeiro, tren de cercanías, ave....
Queríame centrar no tren. En que desaproveitado está tal transporte. Eu son usuario del sempre que poido, i é unha auténtica gozada poderse poñer en Elviña dende Betanzos en media hora escasa e por 1,90 euros (con desconto coa tarxeta universitaria). Comodidade e seguridad que non dá ningún outro transporte entre a vila e a cidade (¿alguén recorda a algún morto ou ferido por accidente de tren nese traxecto?). Ademáis hai todo o sitio que se queira, xa que raramente te atoparás (dependendo da hora) máis de 10 persoas en todo o vagón-tren. A pregunta é... ¿por que non se utiliza máis este maravilloso medio? Ó meu modesto entender hai varios motivos, dende sociolóxicos ata económicos.
En primeiro lugar, estamos nunha sociedade onde os mozos teñen que ter coche si ou si. Se un non ten coche é pouco menos que un marxinado social. Non vou negar a utilidade dun coche en Galicia, onde estamos tan "desperdigados", pero o problema é que un non vai da sala de estar á cociña en coche porque colle na casa. Outro motivo está no propio medio. O outro día comprobei (e foi realmente o que me motivou a escribir este artigo-refrexión) que vale o mesmo o billete de tren de Betanzos a Coruña que de Betanzos a Ferrol. Así, como soa. 2,60 euros tanto se te vas hacia Ferrol (por estrada uns 40 km.) como se vas á Coruña, que pola estrada está á metade de distancia.
Se a todo eso se lle suma a proximidade para case tódolos betanceiros da "céntrica" parada do bus en comparación coa do tren e a aparición (felizmente) da tarxeta metropolitana, fai que o tren quede relegado a un segundísimo plano.
É certo que a xente é reticente a darlle unha oportunidade ó tren, pero éste debe de facerse máis atractivo (baixar precios, aumentar horarios -a partir das 20:30, a única opción é o bus-,...). Ademáis xa demostrou a súa funcionalidade en momentos críticos para o transporte por estrada (rotura da ponte das Pías, folga de buses, etc).
Nada máis, só que agora poderei ir un pouco máis tranquilo (ademáis de comodísimo) a próxima vez que colla un tren para Elviña, xa que sei que fixen algo para compartir ese maravilloso (o mellor para min) medio de transporte.
Na foto, a última vez que se encheu a estación de Betanzos para coller un tren.

| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|