Do baúl dos recordos saen a veces cousas interesantes. Un exemplo é un recorte que tiña sobre a poboación flotante dos concellos da área metropolitana. Entón (falo do 16 de marzo de 2007), Betanzos casi doblaba a súa poboación, por motivos de comercio. A noticia está aquÃ, xa no hemeroteca do diaro La Voz de Galicia. Sen embargo non posee o interesante gráfico que só se podÃa ver na edición en papel, que expoño a continuación.
Na noticia en formato clásico incidÃa en que Betanzos, Arteixo e Oleiros eran os principais polos de atracción da comarca. Sen embargo, mentras que en Arteixo e Oleiros os principais motivos eran os laborais (ou turÃsticos, en Oleiros), neste noso pobo eran os comerciais.
Ainda que só pasaron 4 anos un se pregunta se se seguirá mantendo a importancia dun pobo decadente como o noso, se a poboación flotante se vincula á importancia, claro, o cal é bastante lóxico. Analizando os motivos polo que pode haber población flotante, un ten as súas dúbidas. Cun comercio cada vez máis precario e co seu tesouro patrimónico caendo dÃa a dÃa, dificilmente seguirá sendo un destino atractivo para concellos veciños ou turistas.
Xa postos a escanear tamén rescatei do 2007 (02 de xullo) un artigo sobre un antigo militante de AP, sobre a situación da lingua e sobre o absurdo da discriminación do castelán. Queda aà para quen teña 2 minutos e ganas de reflexionar un pouco.