Escrito por valen
Jueves, 17 de Julio de 2008 22:47

Ou eso pensan en terras melidenses.  A historia ven sendo, polo que teño entendido, a seguinte: desde facía uns cantos anos celebrábase na famosa vila galega de Melide (a do pulpo, a dos melindres) o certame de Miss e Mister Melide da terceira idade. Ou sexa, un concurso de beleza para os vellos.

A cousa tiña certo éxito, a xente pasabao ben e había visitas de todolos puntos de Galicia. Hasta 400 menus chegaban a servir aquel dia nalgún restaurante da zona. E entonces chegou o progreso, o políticamente correcto, e os vellos tiveron que ir para a casa. Onde deben estar, como non.

b_1280_0_0_0___images_stories_melide.jpg

 

Pinchando  na imaxen, e cun pouco de sorte, podese ver o programa da TVG  "Vivir Aquí", emitido onte. Neste programa a xente denuncia o que considera inxusto para que os da televisión vaian hasta alí e polo menos dar voz as suas queixas. Nada novo, por outra parte.

O caso é que neste programa en concreto tratouse o tema de Miss e Miste Melide da terceira idade, e a Señora ou señorita que sae na foto foi a encargada de dar as explicacións dende o concello de Melide. Despois do Leer mas.. unha transcripción das suas palabras xunto coa miña opinión personal. Por certo, no video o tema empeza sobre o minuto 33, e a concelleira fala sobre o 37 e pico.
 

Pois entramos en materia.  O reporteiro empeza entrevistando a xente maior da zona, incluidos Miss Melide 2006 e Mister Melide creo que tamén do 2006. Estas persoas falan, algunha incluso emocionada, do que lles gustaba a festa, do que disfrutaban, e de que nunca se sentiron menospreciados. Nunha frase da señora coronada como Miss Melide: "Era un día feliz y distinto".

E entón entrevistan a concelleira de Benestar e Igualdade de Melide. Chupi guay:

"NOS consideramos que non NOS gusta en primeiro lugar ,non?, facer participar a xente maior nun evento que para NOS é como un pouco discriminatorio." (¿quizais o importante é o que lles parece a ELES e non a vos, non?)

"Pareceme que o feito de facer desfilar esta xente con vestidos novos, facendose "paripés", pareceme como unha burla hacia eles." (é que os vellos , xa se sabe, so poden levar vestidos... vellos. Si os poñen novos entonces fan "paripés". Todos de riguroso loito, eso si que é progre e igualitario.).

"A miña máxima é o maior respeto para a xente maior."
(xa se ve)

"Bueno, vamos a ver, si efectivamente hai moitisima demanda e a xente o quere asi, bueno, o mellor non teriamos inconvinte en facelo, pero en principio non somos muy partidarios."
(ou sexa, primeiro facemos o que nos sae das narices a NOS, e despois si os vellos protestan pois bueno, xa estudiaremos. Que bien, que bien.)

Xuro que onte, cando estaba a ver o programa en directo, non sabía quen gobernaba en Melide. Poño a man no lume que non tiña nin idea. Pero en canto vin a esa señora falando,  pensei inmediatamente nun partido.  Como non,  acertei.

A ver cando os políticos se enteran, de que por encima dos "ideais"  que veñen nos seus libros, por encima dos pensadores e dos ilúminados, está a xente. Os homes e mulleres que traballan, ou non, pero que tan só aspiran a ser o mais felices posible mentres lles dure esta casi sempre anodina vida. ¿porque non o entenden?

Resolvan vostede os problemas que ten o pobo, e si non o fan, polo menos non monten novos donde non os había. Sinceramente, onte, escoitando falar a esa concelleira do que agora se considera políticamente correcto, do progresismo e a igualdade mal entendidos, do "paripé" que si que fai ela, o único que sentín foi unha cousa. NOXO.

 

Comentarios  

 
# curiosoxpab 18-07-2008 00:35
Non saberías de que partido era, pero quizais sabelo axudouche a decidir a poñer a noticia...
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# luperca 18-07-2008 10:44
critica lo del futuro concejal de prensa o la futura concejala de guarderia que eso si que tiene bemoles. ay no que esos son de los tuyos y esos todo lo hacen bien. un partido se presenta con un programa para gobernar y se lo explica a la gente. si lo votan y gana ya sabes lo que toca lo que no se puede hacer es que cuatro que gritan más que nadie pinten más que el gobierno que todo un pueblo escoge. claro qeu eso no te mola porque tus tres berrones quieren ser la salsa de todos los platos y decirle a todos lo que pueden decir y hacer. será por no tener un programa fundamentado entre otras cosas.
desde luego a mariño y a ti se os huele a la legua vuestra fobia a todo lo que huela de lejos a izquierda o nacionalismo pewro chico hay más peces en el mar que los que quisieras se siente
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# valba 18-07-2008 14:41
Os dous comentarios que me preceden son un bo exemplo do que se chama "sairse pola tanxente". Si non me gusta o que se di no artigo, tiro polos cerros de
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# re: curiosovalba 18-07-2008 15:19
A continuación unha lista dos artigos publicados hasta agora en Brigantio na categoria de política local:

Meus:

Os vellos na casa -> Critica a un concello do BNG
Playa Basura Grande de Miño -> Crítica a un concello do PP
Pleno municipal en MP3 -> Un pleno municipal sin opinión personal
CxB vs PP -> Reflexión sobre a polémica CxB vs PP. En todo caso crítica a PP e PSOE.
¿Tan distintos? -> Crítica/reflexión sobre o nacionalismo extremo.
Propuesta para el Carregal -> Una propuesta.
Propuesta para la Ribera -> Una propuesta.
Mejoras en los polideportivos -> Noticia copiada de la voz, sin opinion.
Polideportivo para todos -> Crítica al PSOE
Paneles en galego forever -> Crítica ó BNG
Gran logo ché -> Crítica o goberno PSOE-BNG da Coruña.
Mi reino por una pista -> Petición al gobierno.

De xpab:

O tren que me leva pola beira da ría -> Reflexión sobre o tren
Que alguén mo explique.. que fai Pepe? -> Crítica o PP
Amor á terra -> Crítica o PP
Non sen De La Fuente -> Crítica a CxB
Fagan as súas apostas!!! -> Reflexión sobre posibles pactos
O Señor do Edís -> Fotomontaxe dun de CxB
Pepe gobernará en brigantia -> Predicción

E as palabras de xpab no primeiro comentario:

Cito a xpab:
Viva a obxetividade.
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Lamentable...alex 18-07-2008 21:34
¿¿ Qué pensaría BUGARÍN de todo ésto ??

La verdad es que es una pena que Brigantio.com se haya convertido en un blog político últimamente, tanto de CxB como del BNG...pensé que para eso ya estaban otras "páginas", pero bueno...

Habrá que recuperar visitantes con algún artículo cargado de brigantonias ligeras de ropa. ?Alguna "Anónima Betanceira" dispuesta a posar? (susto)
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# ¿Qué farían en Betanzos?Eu 20-07-2008 20:57
Hola. A noticia xa a vira eu na televisión e estou dacordo contigo en que se queren os implicados facer ese certame que o fagan. Pero se ti dis que quitárono a pesar de que os restaurantes da zona polas datas do acontecemento gañaban moitos cartos, ¿qué faría o goberno de Betanzos, sexa do BNG, PP, PSOE ou calquera? Eu creo que hasta agora o que din os comerciantes vai a misa nesta vila, e se saen gañando aquí se manten todo aínda que estea mal. Dentro de nada empezan as nosas festas, impropias dun pobo coma Betanzos, que vese superado por moitísimas aldeas, que congregan a máis xente, exceptuando o Globo e os Caneiros, claro está, e soen facer máis actividades que aquí, donde o que importa é que pase o maior número de xente polos soportales.
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# valba 20-07-2008 21:50
Bueno, eu puxen o exemplo dos 400 menus porque o din na reportaxe e pareciame algo que sumaba, pero a moita distancia do verdadeiramente importante do tema que era que os vellos tivesen ese dia de disfrute.

O tema do comercio non é fácil, e desde logo, como todo, para min non se pode ver so en negro ou blanco. Hai q mirar cada asunto independiente, estudiar e ver todo desde moitos puntos de vista, e inda así é moi difícil por non decir imposible contentar a todo o mundo. O de que en Betanzos non se organiza nin se fai nada por promocionar a cidade, totalmente dacordo.

Betanzos está morrendo de apatía galopante.
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente
  • 1ª Protesta Mundial
    Las convocatorias locales más próximas serían estas: -Coruña 18h Plaza Pontevedr...
    12.10.11 17:44
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 22 invitados conectado(s)