Inicio arrow Política arrow Política local
Escrito por xpab
sábado, 22 de septiembre de 2007

O outro día (sábado) leín unha noticia na voz de Galicia que non entendín. Como non quero criticar ou apoiar sen entender do que falo, pido colaboración do escaso (pero selecto) público desta páxina para aclarar unha proposta do grupo de goberno de Brigantio, motivo da comentada noticia.

Parece ser que se está a elaborar un "plan de movilidad" para a praza García Irmáns. Fala de "reestructuración de espacios"(?) en tal praza, unha "mejor distribución" dos mesmos. Tamén dí que o plan "trate de evitar que se produzcan las concentraciones en un punto determinado"(?)

Para rematar, a noticia dí que "El objetivo de este proyecto es el de crear nuevas zonas de paso y de comunicación, tanto interna en la propia plaza como entre este lugar y su entorno."(?)

Prefiro gardarme a miña interpretación persoal do que significa esto, pero dende logo eu digo... ¿que prioridade ten esto?... ¿vai ser gratis?, porque, senón... ¿non haberá outras cousas mellores onde empregar os (tan escasos) cartos?

Por se esto soou a crítica, quero decir que aí atrás tamén leera no mesmo medio que se pretendían poñer os postos de mercados imitando algún modelo de cidades italianas, onde os propios postos se recollen unha vez acabada a acción comercial de tal forma que quedan "convertidos" en bancos onde antes había un posto. Eso sí me parecía unha boa idea.

Pero bueno, retomando a parte principal da noticia, quero acabar coa petición-título, así que, por favor, con respecto a ese tema, que alguén mo explique.

Escrito por xpab
martes, 10 de julio de 2007
O PP de Galicia(?)  mostrou o seu apego á lingua nai rexeitando un decreto para potenciar a igualdade de galego e castelán nas aulas. De todos é sabido que a súa lingua nai só se fala por centos de millóns de persoas, fronte á que tenta acabar con ela, utilizada ésta pola frioleira dun par de millóns de persoas (e baixando). De todos é sabido que a súa lingua nai só se utiliza nun 90% dos medios do pais e se utiliza para nomes de empresas, xuizos, a maioría das asignaturas do colexio, na universidade ou para facer negocios (minucias, vaia). Está discriminada. Falar na súa lingua nai pola rúa é equivalente a estar discriminado. Esa é a palabra clave: Discriminación. Menos mal que os representantes do PP de GALICIA, xente GALEGA, só pensa en que non se discrimine a súa lingua nai. Menos mal que a protexen contra os ultranacionalistas que utilizan a outra. Non vaia ser que provoquen a desintegración da unidade (Dios nos libre), porque sempre foi así porque sí e porque é o mellor. Todo o contrario é gracioso. Non merece nin o beneficio da duda. Un rise, e listo. Co ben que se está falando o castelán. Tan castellano como el castellano (o más). E algúns queren meter algo máis de galego. Menos mal que os galegos xa nos defendemos ben contra o galego. Como nos gusta ser castellanos.
Escrito por xpab
viernes, 15 de junio de 2007

O pastel é demasiado saboroso. O que comenzou nun "opoio ó partido máis votado" rematou cunha negativa a gobernar se o alcalde non é dos seus. Así foron as negociación de CxB. Eu, despois de que Valen nos emocionase co "os de CxB desde ó principio dixeron que o que querian era actuar por Betanzos, sin ideoloxias "puras" que marcasen as suas obras. E si para eso hay que pactar, falar ou poñer de alcade a un dos (antigos) cabezudos do San Roque, pois faise. Que por unha vez os intereses da xente estén por riba dos dos políticos", levei a sorpresa ó ler o seguinte fragmento na Voz dixital. Parece que non chega con que o alcalde sexa un cabezudo do San Roque (ó mellor un dos reis católicos....).

 

Tanto María Faraldo, candidata del PP, como Víctor Mejuto, responsable de llevar la negociación por CxB, lo reconocieron así. La propuesta que formuló Cidadáns consistía en que Javier de la Fuente, líder de los independientes, fuese el regidor, y que los populares organizasen el reparto de áreas conforme a sus criterios y de acuerdo con los resultados electorales. Sin embargo, la única concesión que lograron del PP en ese sentido, y que no satisfizo a los independientes, fue turnarse en el cargo a lo largo de los próximos cuatro años, eso sí, también en consonancia con los votos logrados por cada partido en las elecciones del 27-M. Así, Faraldo se sentaría en el sillón municipal durante dos tercios del mandato.

«Desde el primer día, planteamos que los partidos mayoritarios tenían un número pequeño de concejales y que la situación había cambiado con la entrada de un grupo que recibió los votos de muchos ciudadanos desencantados que se ilusionaron con el proyecto», dice Mejuto, para quien «esa ilusión debía trasladarse a la alcaldía».

 

Creo que a idea foi cambiando dende o que decían ó principio, non? 

Escrito por xpab
lunes, 11 de junio de 2007

Este sábado ten que ser. Este sábado acábanse as reunións, medias tintas e chantaxes. Este sábado Betanzos terá alcalde ou alcaldesa. Álex ou Valen estarán contentos. Os Cidadáns por Betanzos terán a chave. Son catro as posibilidades máis comentadas (bueno, as que eu escoitei). A continuación as expoño e fago un comentario de cada unha, e agardo que algún de vós tamén a faga. De todos xeitos gárdome a opinión persoal para min. Boca sellada

 

Escrito por xpab
martes, 29 de mayo de 2007
 

 

Un edil para controlaros a todos.....

 

 

Tres edís para as tres razas sobre Betanzos. Un para controlar ós nacionalistas, agerridos seres que aman a terra por enriba de tódalas cousas; outro, para controlar ós socialistas,  amos da  comarca durante miles de días; outro para os populares,  cuio fin das prometidas terrazas non alcanzaban a ver os ollos.

El ten o tesouro, el ten o poder. Ninguna das razas mandará xa. Todas estarán sometidas.  

Escrito por xpab
sábado, 26 de mayo de 2007

Deúseme hoxe por facer prediccións, e creo que a patacada será nun lugar con goberno de dereitas. En fin, pouca cousa para inaugurar esta sección, pero creo que é unha sección que era necesario poñer para incrementar a polémica, e máis tendo en conta que os tres creadores da páxina teñen distintas tendencias politicas.

Pois eso, aí queda a miña aposta sobre o futuro goberno de brigantia.

Brigantio salsa rosa
Menú principal
Últimos comentarios
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Hay 3 invitados en línea