Política Política Nacional 15 M por Sampedro
Escrito por xpab
Sábado, 21 de Mayo de 2011 00:35

Que Brigantio non escribise nada sobre as eleccións pode ser unha das miles de sinais que indican o descontento, aburrimento e certo noxo acadado pola xente nova e a sociedade en xeral sobre as pobres espectativas de futuro da vila e do pais. Por eso o importante é reflexionar, e pensar que é o se quere. Quizáis unha democracia real onde os políticos representen ó pobo. Quizáis unha democracia real onde cada persoa pense ben o que mete nunha urna. Ou quizáis unha vida baleira de hipotecas e horas extra e chea de... vida. Todo ésto se reflexa moi ben nos 10 minutos de reflexión que se mostran no seguinte vídeo. 

En que acabará todo ésto? Persoalmente penso que eles farán (os políticos, os poderosos, os banqueiros) algún guiño en forma dalgunha pequena concesión do que se pide na rúa, pero despois silenciarán todo pouquiño a pouco, como sempre fixeron e sempre farán. As persoas que protestan nalgún momento terán outra vez traballo, e cartos, e olvidarán porque protestaban. E cando xa non haxa 15 M, nin acampadas na porta do sol, a única forma de evitar que todo siga igual é intentar danar todo o que se poida o sistema dende dentro, cada un á súa maneira, pero sobre todo pensando e actuando en consecuencia. Ou quizáis algún, simplemente, prefira non pensar....

 

Comentarios  

 
# pronósticoxpab 21-05-2011 13:48
Como hai 4 anos, onde non me equivoquei nadiña (http://www.brigantio.com/politica/politica-local/pepe-gobernara-en-brigantia.html), vou facer unha analisepredicción para decir o que ocurrirá mañá. A ver se acerto.

PP :A pesar de non facer nada salientable para o pobo, perdendo catro anos e ademáis escudándose en que non hai cartos para non traballar cando despois se despilfarra en estupideces, o que lle votou vaille seguir votando. Ademáis, algún máis haberá que se confunda co conflicto dos 2 corruptopartidos en Madrid e pense que vai a amañar España votándolle ó PP. Así que dende aquí pronostico 8 concelleiros para o PP (6 no 2007).
PSOE : O pitoniso xpab non lle augura moita cousa. O descoñecemento do actual candidato (comparado co monopolio Lagares, claro) e quizáis unha apatía xeral do partido, ademáis do efecto Zapatero-desgaste farán que non suba (se é que non baixan). Así que digo que se quedan como estaban, con 6.
CxB : O desgaste da fórmula ceporbediana, ademáis do abandono de xente como Mariño (http://www.brigantio.com/politica/politica-local/marino-vaise-de-cxb.html), que persoalmente penso lle restan credibilidade ó proxecto, ademáis de darlle carta blanca ó PP para perder 4 anos para Betanzos, farán que baixen, dubido se a 1 ou 2 concelleiros. En principio déixoos con 2 (3 no 2007).
BNG : Non fixeron grandes esforzos para reter á xente máis preparada e con máis experiencia, non só do partido, senón do pobo. Vendo a lista, parece máis un grupo de amiguetes que un partido político. Non dan a sensación de estar preparados para gobernar un pobo. Como no caso de CxB estou entre 1 e 2, e como no caso anterior, creo que deixará perderá 1 concelleiro na zarpas do PP: 1 concelleiro.
CG : Os grandes descoñecidos. Nestes días penso que tampouco se resolveu moito a incógnita de quen eran. Nun períodico leín que CG era un grupo de centro galeguista. Sen embargo, non creo que consigan chegar á xente, e quedarán ó marxe do goberno. 0 concelleiros.

En resume: PP 8, PSOE 6, CxB 2, BNG 1. Supoño que se manterá o goberno en minoría, ainda que teño as miñas dúbidas se haberá un triparto antiPP ou se CxB volverá apoiar ó goberno de macetas e bauis. Case me decanto polo tripacto do Mandeo. Pero esa é outra historia...
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Jovendemente 23-05-2011 00:00
Que grande Sampedro :-)

Non lle des moita bola ás eleccións, é papel mollado, se as cousas saen como teñen que saír non acaban a lexistura.

Cork supports!!

#irishrevolution
#acampadacork
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Galeanoxpab 25-05-2011 17:41
E o 15 M vito por Galeano:
rebelion.org/noticia.php?id=129046
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# máis accionsxpab 26-05-2011 18:13
O día 30, retirar 155 euros do banco....

allibera.blogspot.com/2011/05/30-de-mayo-primera-accion-no-violenta.html

Paréceme curiosa, non sei se servirá para algo, pero... porque non?? -si
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# ...ou nonxpab 26-05-2011 23:51
Parece que non está convocada dende as plataformas "oficiais":

www.democraciarealya.es/
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

¿Quién está en línea?

Tenemos 2 invitados conectado(s)

RSS

Brigantio

cialis online canada