Escrito por valen
Martes, 10 de Junio de 2008 00:00

b_1280_0_0_0___images_stories_anxela_bugallo.jpg 

Si, non puiden resistirme a poñer o título. Estaba que nin pintando, comprenderan. A historia ven sendo, mais ou menos, algo así: a Consellería de Cultura galega pide un informe a Real Academia Galega acerca da "pertinencia ortográfica" de usar o termo Galiza no canto de Galicia, e uns meses mais tarde recibe unha contestación decindo que inda que as duas formas son lexitimamente galegas históricamente falando, a única que se debe empregar oficialmente é a de Galicia, por unha serie de motivos que lles dan. 

O caso é que a resposta á consulta foi recibida na consellería fai uns cantos meses xa, pero do asunto nada se dixo. As consellerías da Xunta a cargo do BNG seguiron e seguen usando o termo Galiza en documentacións oficiais, ignorando a opinión da RAG neste sentido. E home, xa que vivimos nuns anos de "politiquitis correctis tremendis", un non se explica como nesta ocasión quedan tan mal ignorando os consellos da que, supoño eu, debría ser a máxima institución galega en canto ó idioma se refire.

Ademais, ¿para que fan a consulta si despois van mirar cara outro lado si o que lles dicen non lles interesa? ¿Para iso gastan o tempo e os cartos? ¿os cartos que todos lles pagamos cos nosos impostos? Pois bueno, pois vale. O circo está asi montado, pagamos todos para que os artistas nos fagan un "show" todolos días, e nos entreteñan coas suas historias. C'est la vie...

(Para ler mais do tema , poden pinchar aquí, ou aquí ou mesmo aquí.)

Comentarios  

 
# que escándalo!!xpab 10-06-2008 18:29
Non pode ser, que escándalo (susto)

Oxalá todo o malo que fan os políticos sexa pasarse polo pito unha norma ortográfica. -si

Por certo, xa posto podes facer unha reportaxe do "galego" do presi Touriño. (copa)
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# valba 10-06-2008 20:02
Home, eu tampouco o vexo tanto escándalo.
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Xovendemente 11-06-2008 01:29
Coñecendo á RAG, sería de agrazader que ninguén se molestase en consultarlle. A verdade e que non lin os motivos polos que recomendan a palabra Galicia pero supoño que será porque os romanos decían Gallaecia e non Gallaiza, independientemente do que se utilizara nos dous mil anos posteriores. Iso ou algo semellante... arredemo...
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# filologosRAG 11-06-2008 14:21
Que alegría ver tanto filólogo "demente" e profundo coñecedor da RAG opinando documentadamente sobre o asunto....

Totalmente de acordo co artigo. Para que carallo gastan os cartos (ainda que sexa 1 envio por correos) en consultar si van facer o que lles saia do cu....
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Jovendemente 12-06-2008 01:30
Me alegro de que te alegres, no obstante, si eres capaz de mejorarlo te llevas una galleta.
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# InmellorableRAG 12-06-2008 10:50
Inmellorable, ademáis terías que buscar galletas sen gluten que son celíaco....
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# Eu tamén navegar 15-06-2008 20:07
Na realidade, a Academia está a contradicirse continuamente e para as persoas que traballamos en lingua a súa credibilidade está polo chan, ao igual que a defensa que fai do galego.

Nas últimas normas, do ano 2003, admiten que a forma lexitimamente galega é GALIZA, mais agora, como se di popularmente, "onde dixen digo digo Diego" e negan a lexitimadade da forma que etimoloxicamente é correcta. Outra cousa é que a forma máis utilizada sexa GALICIA, mais parece ser que o mesmo criterio non serve para que "inventen" un "grazas" e lle dean o selo de oficialidade. U-la uniformidade de criterios? U-lo rigor lingüístico?

A RAG nunca se caracterizou pola súa defensa da lingua, e moito menos pola defensa dunha lingua libre de castelanismos, cando menos no ámbito formal. O seu desleixo é total e simplemente é unha entidade pública detentada por un poder caduco cuns obxectivos que están moi lonxe da normalización da lingua galega e da súa promoción, máis ben segue a promover o esquema diglósico que o poder axuda e axudou a manter durante tantos e tantos séculos e é un engranaxe máis da cadea dos que se teñen denominado "comedores do galego".

Grazas ás redes sociais existentes arredor da lingua e ás iniciativas privadas chegamos á actualidade con esta situación, como esperásemos a que as entidades públicas, e entre elas a RAG, se preocupasen pola situación do idioma estariamos nunha situación moito máis desesperada. Moi sintomático disto é o feito de que situándose nunha cidade que tantos conflitos tivo co seu topónimo como foi A Coruña, a Academia xamais se pronunciou a este respecto e non defendeu en ningunha ocasión a Lei de Normalización Lingüística, que prescribe que as únicas formas toponímicas oficiais son as galegas... Sobran as palabras.

Saúdos!
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente
  • 1ª Protesta Mundial
    Las convocatorias locales más próximas serían estas: -Coruña 18h Plaza Pontevedr...
    12.10.11 17:44
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 15 invitados conectado(s)