Inicio arrow Política arrow Política Nacional arrow Dimite Touriño
Dimite Touriño
lunes, 02 de marzo de 2009
valen

Pois parece que tan sólo unhas horas despois do triunfo de Frijolito o señor Touriño meditou e presentou a sua dimisión. Algo que personalmente aplaudo: tras un revés como o de onte, o mellor que podía facer o "lider" do PSdeG era darlle a oportunidade ó seu partido de lavar a cara e presentar algo novo que sí que conecte coa "masa" votante.

Outros parece que seguen sin darse por aludidos e prefiren mirar cara outro lado. ¿Hasta cando?

Comentarios
Añadir nuevo RSS
ti sempre ca tua patada co BNG http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_0938.html?uri=/BNG/ 85.91.71.xxx | 2009-03-03 13:04:36
Quintana: "Os tempos políticos sobre as decisións a tomar marcaraos o BNG"
O portavoz nacional dos nacionalistas asegurou, en relacción á súa continuidade ao frente do BNG, que se aterá ao que dispoñan os órganos de dirección da organización frentista
O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, puxo en mans dos órganos de dirección o seu futuro e o das persoas que estarán á fronte da formación frentista despois dos malos resultados acadados onte nos comicios electorais. "Ábrese un tempo de reflexión e será a organización quen decida as persoas que estarán á fronte do BNG".
Nunha rolda de prensa, na que estivo acompañado por parte da Executiva Nacional, o líder nacionalista indicou que o Consello Nacional reunirase proximamente - aínda non hai data - para decidir sobre como se conformará a organización e sinalou que será o BNG quen "marque os tempos políticos sobre as decisións a tomar". El, pola súa banda, asegurou que se aterá ao que dispoñan os órganos de dirección da organización frentista.
Quintana sinalou que os resultados electorais foron "malos sen ningún tipo de paliativos" e dixo que acatan a decisión dos galegos "como non podía ser doutro xeito". Afirmou que prestarán os seus servizos á sociedade galega dende a oposición, e destacou que o que máis lles vai a preocupar non é o BNG senón a xente. "O BNG vai a estar ao lado da xente nun momento tan difícil como este", subliñou.
O voceiro nacionalista resaltou que como consecuencia do período de reflexión que se abre no BNG, haberá unha reorientación dos seus obxectivos políticos, "e iremos concretando as persoas que en cada momento teñen que asumir o protagonismo necesario para que os obxectivos se cumpran". Avanzou ademais que a partir de agora vaise a ver "un BNG actuante, dando as alternativas políticas que considere oportunas, estando ao lado da xente, e defendendo desde a nosa perspectiva os intereses da sociedade galega".
Quintana asegurou que ninguén pode esperar "un BNG ensemismado" senón "actuante, non só nos ámbitos institucionais senón en todos os ámbitos sociais". Aclarou que o período de reflexión no que entra a organización non pode interferir na actuación política da formación.
A preguntas dos xornalistas, o líder nacionalista destacou as posíbeis causas do mal resultado electoral, e sinalou que "non fomos capaces de transmitir á sociedade un labor de goberno que consideramos positiva e importante". Subliñou que o PP "segue contando cunha estrutura social e política moi importante neste país", e tamén se referíu á crise económica como un factor que favoreceu máis ao PP e ás súas propostas para afrontala.
Ademais, Quintana ratificou a "normalidade, tranquilidade e confianza" que no BNG se respira, a pesares da decepción dos resultados. Sobre as valoracións do PSdeG respecto á perda das eleccións, onde se refería ao BNG como "lastre", o dirixente nacionalista limitouse a dicir que "agora estamos na sede nacional do BNG escoitando as valoracións do BNG".


Polo que se ve o BNG abre un debate máis amplio que o simple cambio de cara. vai con ollo con eso de facer leña do arbol caido no que eres especialmenet habil porque calqueira dia venseche en contra. un tropezón o ten calquera.

PD o escrito anterior a este que e meu podedes borralo que foi un error
Anónimo 83.45.141.xxx | 2009-03-03 13:16:59
Quintana anuncia o inicio dun período de reflexión interna no BNG para "reorientar os obxectivos do nacionalismo" = Bla, bla, bla e todo queda como está (Un batiburrillo de partiditos nacionalistas que non comen un rosco por eles mesmos)

E non é porque non se puxeran esperanzas nel....
Pero bueno tamén en Lula se puxeron e tamen fracasou.
Anónimo 80.32.9.xxx | 2009-03-03 21:05:24
carallo pró fracaso de Lula da Silva!
Anónimo 193.153.96.xxx | 2009-03-04 09:29:08
Evidentemente Lula non fracasou electoralmente, pero tampouco respondeu ás grandes espectativas que se puxeron nel para cambiar as cousas. Cal foi o cambio ¿o traslado da guerra das favelas ó centro das cidades e comisarías?
Dende logo que intentou melloras sociais pero o avance é moito mais lento do desexado (de forma análoga ó bloque aquí).
Beiras pide a dimisión de qui 79.145.108.xxx | 2009-03-05 13:32:41
Estos españolistas xa se sabe....


http://www.lavozdegalicia.es/galicia /2009/03/05/0003_7569898.htm

Hala agora que o acusen de españolista, antigaleguista, vendido ou de tirar pedras contra o BNG.
E a persoa que máis fixo polo avance do nacionalismo nos últimos anos e marchou incomprendido polo seu partido e víctima dos seus opositores internos que nin puta idea teñen de que facer agora...

Claro que si o di outro son pedras contra o bloque....
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Hay 18 invitados en línea