Toca o despertador. Queda 1 hora e algo para a miña hora de incorporación ó traballo. Fago as miñas cousiñas, un cola cao rápido, e en marcha.
Un cuarto de hora en chegar á estación. O meu traballo está a 60 km e só me queda media hora, pero na estación non hai ningún coche agardando por min para voar sobre a autoestrada, senón que en breves momentos un tren pasará a recollernos a min e os outros traballadores e estudiantes que hai no andén. Alá chega el, unha chea de vagóns dende Ferrolterra. Para para deixar a uns poucos e para coller o outros tantos. Apenas uns segundos despois de que o revisor pase a marcar o meu bono de 50 viaxes, estamos xa na cidade herculina. Aquà si que baixa máis xente, e case que todos os que subiron conmigo en Betanzos. Outros suben para seguir hacia o sur.
No tempo que me queda para chegar a destino, apenas me dá tempo a ler un par de páxinas do xornal, asà que decido cabecear un pouco. Non me entero cando pasamos por Cerceda, pero despois de Ordes xa me empezo a desperezar. Dentro de nada estarei en destino. Ó chegar, moitos somos os que baixamos na capital, e moitos os que suben para parar na cidade máis poboada de Galicia ou nalgunha das vilas intermedias. AÃnda me sobran uns minutiños, poderei ir dando un paseo ata o traballo.
Para quen non coñeza nada de Galicia, pensarÃa que estou narrando o percorrido dun traballador xaponés ou madrileño. Sen embargo, parte do contado está (teoricamente) moi preto de converterse en realidade. Según a noticia dun xornal, a finais do ano que ven Coruña e Ourense estarÃan unidas por un tren que farÃa o traxecto en menos dunha hora. Por fin se empeza a ver a luz, se unha liña de tren de alta velocidade vertebra Galicia de norte a sur e de este a oeste. Parece que a capital e a segunda e terceira cidades de Galicia serán as primeiras en beneficiarse.
Unha vez montada a infraestructura, só quedará confiar en que a xente teña unha resposta positiva. E o digo sempre baseándome en que os prezos sexan razoables, asà como os horarios. Dos galegos e dos seus gobernantes dependerá que progresemos. Quen sabe se algún dÃa se verán trens (case tan) cargados como o da imaxe. De nós dependerá.
O tren entre Coruña e Betanzos recollendo a un coñecido músico no apeadero de Raxás
Comentarios
O ave madrid sevilla e tán caro como un billete de avión. Non creo que aquà sexa como coller o metro.
O ave que nos están a vender non é de "alta velocidade" senón de "velocidade alta" a pequena diferencia son máis ou menos uns 100 Km/h. Non digo que para viaxar a "madrÃ" non sexa útil pero penso que para vertebrar unha comunidade serÃa máis útil unha boa rede de cercanÃas (con unha boa frecuencia de trens e por suposto bono de transporte útil e asequible) que un ave que cando se poña a 150 Km/h xa teña que parar na próxima parada...
...en fin xa veremos o que fan cos nosos cartos, que seguramente adxudicarán a algunha empresa privada de algún amigo para que xestione o servizo. Medo me da...
No artigo falo de trens que ronden os 200 km/h, as cidades galegas están demasiado preto para algo máis que eso. Por exemplo,
para comunicar Betanzos e Coruña en 10 min serÃa suficiente, tendo en conta tempo de paradas, acelación e frenada, uns 150 km/h. Entre Coruña e Santiago xa está rondando os 200 km/h. Eu creo que coa tecnoloxÃa que hai hoxe en dÃa, estar en Santiago dende Betanzos en media hora non é pedir nada do outro mundo. Ou polo menos poder ir a Santiago sen ter que "facer escala" noutra cidade....
O que quero decir tamén é que se despois seguimos sen pillalo porque queremos ir ata a porta do traballo sen mover o cú ou non esperar 10 minutos a que veña o tren, xa será problema noso. E aà xa non quedarÃa nada máis que criticar que a nós mesmos (sempre e cando os prezos sexan razoables, claro).
Está claro que moita culpa de non usar transporte público é da xente (por exemplo o intento de noitebus á coruña totalmente infrautilizado) pero o certo e que non hai unha infraestructura que ofrezca un transporte con frecuencia e rápido. A min sigueme sonando ridÃculo que A coruña e Ourense queden a 50 min e Betanzos e A coruña a 45 min en bus.
SerÃa interesante algo asà como unha parada de tren en Infesta (aproveitando que xa existe) e un servicio público de bus betanzos-infesta con frecuencias coordinadas coas dos trens e asà en outros concellos. Con 3 paradas de tren como moito tiñamos solucionado o tema hasta a coruña. E non é ciencia ficción, é algo que hai en moitos sitios. Aquà non porque a españa centralista nos utiliza como se fósemos unha colonia, pero iso xa é outro cantar...
Por outra parte é graciosa a afirmación de que: "Es que en galicia es dificil hacer este tipo de obras" como si levantar todo madrà e enchelo de túneles fose barato
Xa que citas o noitebus, sigo pensando (non sei se comentou nesta páxina algunha vez) que as liñas máis demandadas serÃan as das 4 e 5 da mañá para vir de Coruña a Betanzos, e non existen.
O que si non vexo é o de Betanzos-Infesta en bus... penso que non serÃa práctico; unha persoa que vai a traballar terÃa que pillar un bus para ir a Infesta, agardar polo tren, etc. Penso que conseguir unha parada potente en Betanzos serÃa o mellor que se poderÃa facer para a vila.
En fin, o caso é que fagan algo, porque non facelo porque costa cartos é como deixar morrer o pais porque non é gratis mantelo...
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.