Aventuras varias de este grupo de amigos y conocidos mas o menos numeroso.

Magnífica velada en Inés'House

Escrito por xpab Sábado, 30 de Junio de 2007 22:07

"Hai que repetilo". Con ese pensamento de seguro que se foi moi xente a noite do venres da casa de Inés, que celebraba a súa entrada no cuarto de século. Ademáis da anfitriona e Villa, acudiron á cita Valen, Silvia, Xeme, Álex, Juan, Daniela, Javi, Estela, Novo e Pablo. As algo máis de 6 horas pasáronse bastante rápido, i é que eran moitas as "actividades" a facer: churrasco, cociña moderna, ping pong, facer de aizkolari, etc. Ata pasadas as 23 non se ceou. A cea, case monotemática en canto a conversación, está en parte gravada, como o resto da velada e os torneos de ping pong, que narro a continuación. Por outro lado decir que este acto sustitúe ó que tiñamos algúns previsto de ir o sábado 30 por Santiago, que quedou definitivamente cancelado (excepto para Angelito). 

Campeonato de ping-pong

Foi completa a xornada en canto ó deporte rei na casa de Inés: o ping pong. O gran dominador foi.... en fin, para que decilo. Na liga o podium estivo composto por Villa (7 victorias), Javi(6) e Álex(4), que  se levou o terceiro posto pola diferencia de +2 puntos, mentre que Pablo e Valen, coas mesmas victorias, acadaban o 4º e 5º posto ó ter +1 e -3 puntos (entre eles, claro), respectivamente. Por debaixo quedaron Juan (2 victorias) e os retirados Novo e Inés. Na copa o cadro de cuartos estivo formado por Javi vs Villa (final anticipada), Álex vs Juan, Valen vs Pablo e Novo vs Inés. Nas semifinales, Villa chimpou a Álex e Valen a Inés. Na gran(?) final, Villa fulminou a Valen, que non fixo honor á súa condición de finalista ó ser humillado por 11-1.

 

 

 

San Xoan + Brigantio (again)

Escrito por xpab Lunes, 25 de Junio de 2007 23:47

Xa foi. O primeiro acto dende que se inaugurou a páxina (quitando a patacada, claro) aconteceu sen pena nin gloria. San Xoan tivo un gran poder de convocatoria, xa que alí estábamos todos os que podíamos estar: Novo, Este (and family), Valen, Silvia, Angelito (esta vez solito), Inés, Villita, xemeS, alexito, javi, sergito, e máis caras coñecidas, pero non habituais. O que escribe chegou a media noite, e veu un grupo de xente que tiña unha actitude un pouco apagada (a única que non estaba apagada era a fogata), actitude que se mantería así tódala noite. Quizais a falta de alcool, exceso de conductores, frío, cansancio, non sei, o caso é que o ano pasado puso o listón moi alto. É triste decir que o que animou a noite foi ver a unha pandilla de neanderthales (espero que éstos non se sintan ofendidos por tal comparación) tirar contenedores a patadas para logo queimalos. Sen embargo, rematando a noite, cando non eran moitos os que quedábamos, un tío que cultivaba peyote veu a darnos unha charla-coloquio da súa visión (neses momentos borrosa) da relixión, a vida, a economía, etc. Pena que só quedara unha panda de alcoolicos para escoitalo (Angelito, Sergio, Novo...). Despois, xa de camiño a casa cando amencía houbo a típica charla no sergiomóbil. Pero eso é outra historia.

Por certo, hai algunha foto de Javi e de Silvia, pero non sei se publicarán aquí. 

 Brigantio Fútbol Praia 

A liga de fútbol praia de Sada comezará o venres, i é posible que o Brigantio (encadrado no segundo grupo) inicie ese mesmo día a andadura, ó non poder xogar un equipo do primeiro grupo (o equipo do consino Álex). Tamén se encargaron as camisetas, que saldrán a 9 euros por cabeza co número xa posto. Estade atentos: en canto saia o calendario, publicarase a data do primeiro partido. 

 

Especial despistados

Escrito por xpab Jueves, 21 de Junio de 2007 21:35

Dous son os temas que abarcaron os pensamentos da xente Brigantio estes días: A celebración do San Xoan e a inscripción do Brigantio en fútbol praia

Empezarei polo que, en teoría, lle interesa a máis xente: A noite de San Xoan. Finalmente farase (agora sí que sí), se o tempo o permite, na praia de Bastiagueiro. De todos xeitos, existen outras opcións, como o Orzán, a onde parte da xente irá pasar esa enmeigada noite. Centrándonos no de Bastiagueiro, decir que a hora de quedada será sobre as 22:00, pero algúns probablemente non poidan acudir a esa hora. Para levar leña, prestáronse voluntarios Angelito, Yelina e Pablo. En canto ó transporte, parece que Yelina and cía levarán un par de coches, que xunto cos de Angelito e Sergio, deberían chegar para transportar á tropa. Cada un levará o que crea convinte para comer e beber. Se finalmente chove, Sergio ofreceu a súa casa para resgardarnos. Pouco máis, decir que son moitos os confirmados (Sergio, Yelina, Novo, Estela, Angelito, Javi, Pablo....) e moitas tamén as dúbidas (Valen, Silvia, Xeme, Maryem...). 

En canto ó de fútbol praia, vai vento en popa. Queda por tratar o tema das camisetas. Da lista dada hai uns días, finalmente é Jota o que se queda fora por molestias nun xeonllo. O venres 22 hai que entregar o papel en Sada nunha reunión que terá lugar ás 20:00 da tarde. O equipo estará formado por (utilizo as posicións de fútbol sala, que non sei se son as correctas):

Porteiro: Argui

Cierres: Dani, Valen, Mauro

Alas: Pablo, Pena, Juan M., Angelito, Alexito

Pivots: Sera, Bello, Moi 

   

Evento: Achégase San Xoan!!!

Escrito por xpab Viernes, 08 de Junio de 2007 20:09

Para que non haxa sorpresas de última hora, vou ir poñendo o que a comisión de festas Brigantio vai decidindo para celebrar o San Xoan. Para comezar, comentar que este ano cadra a sábado, así que o que está claro é que por temas laborales ninguén vai ter problemas... bueno, en realidade sí, sobre todo os que leven temas de panaderías dominicais. A celebración faríase en Bastiagueiro, ó igual co ano pasado, onde houbo un gran éxito de participación por parte do noso grupo. Tamén se propuso que cada un levase o creera convinte, para non andar con polémicas sobre o alcool: que se tomo só´un copa pago, que non, que se unha caña, que se queimada... Outro tema a tratar sería o do tempo. Supoño que se chove, simplemente non se faría nada. Quen se anime ou non esté dacordo coa organización, que o poña nun comentario, e tal (ou sexa, se Álex ou Valen non están dacordo, que poñan algo ;-)

 

Atención, nova sección "publicación de eventos"!!!!!!!!!!!!!!!!  

 A partir dagora publicaranse os eventos que vaiamos facer a maior parte da xente brigantio na sección "Próximos Eventos" que podedes ver á dereita, polo medio dos menús. Según se vaian achegando datas das actividades, iranse publicando cun comentario e descripción de como serán, onde, quen irá, etc...

 

Algo Distinto

Escrito por xpab Domingo, 03 de Junio de 2007 16:53

Por fin sucedeu. A II Patacada celebrouse (casi)  sen incidencias en Illobre o día 2 de xuño de 2007. Finalmente acudiron todos os que estaban anotados á cita menos Yelina, que foi baixa de última hora. Nas próximas datas publicaranse na galería fotos, tanto de Valen, como de Pablo. En canto á patacada non foi nin algo especial nin algo que pasase desapercibido, foi o que o organizador pretendía, foi algo distinto.

   

Página 9 de 11

<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Últimos comentarios

  • Espeleologando por Brigantio
    Esperemos que este gran tesouro que temos na nosa vila sirva para dar un empurró...
    07.04.12 11:47
    por Betanceiro
  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 1 invitado conectado(s)

RSS

Brigantio