Vida Social Fiesta Actividades a tutti ple!
Escrito por xpab
Domingo, 31 de Mayo de 2009 12:49

Fiesta

Pois si, amigos e amigas de brigantio. Este ano parece que vai vir plagado de actividades para a "xente Briga". Parece que o solete fixo que xurdiran de nós as nosas máis primitivas ansias de festa jolgorrio coas respectivas actividades asociadas. Hai actividades planeadas para todos ou case todos. A continuación  detallo e comento algunhas, moitas delas sen confirmar. Aí van, por estricta orde cronolóxica:

Finde 13-14 xuño: Anos despois, vaise levar a cabo unha party. Nesta ocasión será no transformado San Xiao, que pasará de ter cortellos a ter aparellos. A presencia será a dos habituais informáticos ou sucedáneos do grupo, exceptuando a presencia de conseman, con compromisos na capital de España.

Día 20 xuño: Terá lugar este día a IV patacada no señoría de Illobre. A máis legal das patacadas (como será denominada historicamente por -quizais- pedir permiso) contará coa presencia do máis granado, incluídos os que foron as baixas máis importantes das últimas edicións, como conseman e juanito M.

Finde 11 xullo: Ortigueira/ Feira Medieval: A xente brigantio repartirase para representarnos en ambas actividades, encabezadas respectivamente por Novo e por Juan M.

Periodo 16 ó 26 xullo: Unha expedición brigantiona encabezada por xpab e villita recorrerá o norte peninsular en labouras de camiñantes de Santiago. Ata 4 persoas se lles poden sumar en algún punto da viaxe, xa que nalgún momento soaron os nomes de Alexito, Juanito, Inés e Consemán. Tamén Valen parece que o está pensando (pero non sabemos o que...).

Mediados xullo/agosto, festa sixtie: Quizais a menos concreta de tódolas actividades, sería organizada por indianodemente ou por txikitina. Aí poderán saír os nosos instintos máis hippies... arggggg!

Outras actividades: Festas de Agosto cos Caneiros, concertos, campionatos de skate, viaxes a Perú e a Cabo Verde... a axenda está felizmente repleta e se queres facer algunha actividade e non sabes ben como, só tes que poñer un comentario aquí ou dirixirte a algún dos administradores desta maravillosa páxina, aspirante a tumbar ó penoso facebook como organizador de masas. Unha nova xeración otéase no horizonte: benvido a briganbook.

 

Comentarios  

 
# Canta actividade !!!alex 31-05-2009 22:10
A verdade é que hai unha grande cantidade de actividades promovidas por Brigantio para este Verano 09, ás cales engadiría unhas cantas máis:

- a esperada estrea de "2009: Ruinas Palace", con premiere incluída, deseñada para Agosto de 2009

- o esperadísimo concerto da Banda do Mafioso, que probablemente coincidirá con algunha desas macroactividades que anuncia o camarada Seoane

- a celebración, un ano despois, das Olimpiadas Brigantio.com, mítico evento deportivo que o ano pasado non puido celebrase por inclemencias climatolóxicas (copa)

- a festa Brigantio.com, evento fantasma por determinar

- a tan cacareada celebración do paintball, que é un proxecto gran reserva

- e, xa por último, a asistencia de alomenos 2/3 de Brigantio.com ó partido da seección española no estadio de Riazor. COméntase que o tercio faltante está pensando seriamente en acudir pra animar ós belgas...ejem

E nada máis. Pola miña parte, espero acudir a unha grande parte das asctividades comentadas. No more
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# xpab 05-06-2009 21:24
Tamén falta o futbol praia Sada, onde se ve o glamour máis casposo da comarca -si Como sempre será incógnita ata os días anteriores ó comezo. Aquí podemos ver a portada de... hai 2 anos!!!

http://www.futbolplayasada.com/

O do paintball... pois me parece a min que como non quedemos un día para lanzarnos ovos....

Por certo, en plenas eleccións europeas, hai que sentirse galego, español e europeo, non? Así que tan "europeo como el europeo".... forza bélxica!! jejeje :whistle:
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# sergio 03-06-2009 13:10
Eso, eso, patacada... Espero veros a todos allí!!!!
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# modificaciónxpab 03-06-2009 14:25
Este ano a patacada vai ser de modalidade "cachelada" -si .

Xa hai uns cantos confirmados, xa porei a lista.

Se tedes leña, avisade, así me aforrades a mini deforestación doutros anos :P
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# alineación momentáneaxpab 03-06-2009 17:12
Esta é a lista de invitados ó evento. Hai dúbidas, así que tanto poderían caerse algúns da lista, como darse de alta outros:

(por orde de confirmación)
Myself
Angelito
Alexito
Juanito
Leire
Sergio
Mariela
George(?)
Fran
Lorena(?)
Javi(?)
Izaro(?)
Patri
Xeme
Adriana
Novo(?)
Maryem
Alberto(?)
Villita
Inesita
Valen
Silvia

Así que a cousa está agora mesmo entre 22 e 16 persoas -banana
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# lista... definitiva?xpab 13-06-2009 01:22
Esta é a lista de invitados ó evento cuasidefinitiva:

(por orde de confirmación)
Myself
Angelito
Alexito
Juanito
Leire
Sergio
Mariela
Fran
Javi
Izaro
Patri
Xeme
Adriana
Maryem
Alberto
Villita
Inesita(?)
Valen
Silvia
Ana

Así que a cousa está agora mesmo entre 20 e 19 persoas
Responder | Responder con una citación | Citar
 
 
# lista... definitiva??xpab 20-06-2009 14:06
Tras os movementos de fichaxes de última hora, a lista definitiva (ás 14:05) é a seguinte:

Myself
Angelito
Alexito
Juanito
Leire
Sergio
Mariela
Fran
Javi
Izaro
Xeme
Adriana
Maryem
Alberto
Villita
Valen
Silvia
Ana
Julia
Txiki
Fany (en ppio non, pero ó mellor se pasa)

Así que a cousa estará agora mesmo entre 20 e 21 persoas
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente
  • 1ª Protesta Mundial
    Las convocatorias locales más próximas serían estas: -Coruña 18h Plaza Pontevedr...
    12.10.11 17:44
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 13 invitados conectado(s)