Alá foi a quinta patacada
domingo, 20 de junio de 2010
xpab

Un ano máis a xa tradicional patacada transcorreu sen incidentes no apartado lugar de Illobre. Aparte dalgunha novidade como as hamburguesas valentinianas e unha coción máis deficiente do normal dos tubérculos protagonistas, o único que intrigaba ós asistentes eran as negras nubes do ceo e o par de amagos de choiva que sufriron. A continuación conto (e ilustro con imaxes) o que deu a noite de si, e comentarei algunha das suxerencias (a maioría anónimas) que se escribiron no caderno deixado con tal fin.

Así comezou todo

Ata as 20 largas non comezou a chegar a xente. Leire e Patri foron as máis madrugadoras para poder ver ó anfitrión tiznándose en acción.

O anfitrión preparando o equipo musical

Patri e Leire, fumando esperan

Consemán, Susam e Mariela pronto se sumaron á festa

Despois empezaron a chegar individuos extraños, con distintos atuendos e peiteados. Richard, Xulia, Javi, Izaro e XemeS fixeron acto de presencia.


Richard e Xeme, con pose ameazante

Charlando na mesita de campo

A tarde transcurría sen maiores novidades, seguindo o guión habitual nos derradeiros anos: primeiros invitados afumados, agardando por comida e bebida.

Aproveitando os últimos momento con luz

Así, mentres agardábamos polos rezagados, deu tempo a facer retratos para a posteridade. O caudillo dos Brigantionos, Consemán, e un dos seus lacaios, Angelito, foron retratados por Jasava.

Sergio I

 

Angelito II

Como sempre, tivo que sair o impresentable de turno. Neste caso, foi un excalvo adicto ó minoxidil e a ex-alcaldes senís.

 

Alexito I (como indica o seu dedo)

Como non podía ser doutra forma en pleno mundial, colouse un adicto á Roja (á selección, non á pasionaria) que conseguíu pasar todos os controis de Illobre coa súa diplomacia e encanto.

 

Juan de branco con La Roja

Unha vez que apareceron os encargados da comida carnívora, Alexito, Valen, Silvia e Juan M, os da comida Fungi, Novo e Estela, os señores da capital, Angelito e Maryem, e o señorito Villa (que apareceu so, xa que Inés I, ó igual que Inés II, tiveron imprevistos e deixaron a noite desInesada), só había que ir a buscar a George e a Eli, perdidos en algún lugar de Illobre, para comezar a comilona.

George amarrando a súa salchicha

Zona Fungi

Minero Valen

Dobres parellas (como ben indica Alexito)

Panorámica cabeceira

Outra panorámica

Só Richard esta atento...

Patri lucíndose coa SÚA tarta de queixo

Silvia Geisha

Novo vendo unha pantasma

Derradeiros intres

Tradicional reflexión na fogueira

A última hora había que aproveitar a calefacción natural

 

Con ese ceo... gracias que non diluviase

Noite Meiga... en Illobre

Como ben se dixo ó comezo, deixouse unha libreta de suxerencias e sinaturas... que apenas se utilizou. Sen embargo, a libreta de suxerencias convertiuse incríblemente nunha libreta de queixas. Así, Susam queixouse de que se ceaba tarde (ainda que dixo tamén que estaba todo ben), e unha coalición entre Valen-Juan M-Alexito pediron:

-Que a bebida non estivese caducada

-Que as hamburguesas non estiveran sosas, as patacas carbonizadas e que non fixese frío.

-Patacas en papel albal

-Un toldito

-Un boli que escriba

-Coxíns para o banco

-Un trono medieval

 As suxerencias teranse en conta para a patacada 2011.Queda un ano para preparala.

Agora só queda agradecer a colaboración e participación de todo o mundo nas diversas modalidades: carretando cousas, prestándoas, cociñando ou preparando postres.

D'hoxe un ano e daquí alá moitas máis, camaradas!

 

 

Comentarios
Añadir nuevo RSS
fromoza 88.7.227.xxx | 2010-06-20 21:25:01
esa cronica al momento y bien documentada, buen colofon al acto.
saludos a todo el mundo!
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Hay 9 invitados en línea