Algo Distinto
Escrito por xpab
domingo, 03 de junio de 2007

Por fin sucedeu. A II Patacada celebrouse (casi)  sen incidencias en Illobre o día 2 de xuño de 2007. Finalmente acudiron todos os que estaban anotados á cita menos Yelina, que foi baixa de última hora. Nas próximas datas publicaranse na galería fotos, tanto de Valen, como de Pablo. En canto á patacada non foi nin algo especial nin algo que pasase desapercibido, foi o que o organizador pretendía, foi algo distinto.

 

O Gran ausente 

Foron varias as persoas que por distintos motivos non puideron acudir á patacada, pero creo que todo o mundo estará dacordo en sinalar a Juan como o gran ausente na patacada. Bueno, en realidade ausente fisicamente, xa que fixo unha chamada para saudar a tódolos presentes. A súa presencia barallouse ata o venres, pero finalmente non puido ser.

 

A Incidencia 

A patacada transcurría sen grandes incidencias, cando sucedeu a incidencia (sen feridos, felizmente) do acto. Resulta que un banco tiña os días contados. Días antes, Pablo e Villa estiveran "reforzando-amañando" un banco que, cando menos, era pouco fiable. Incluso o propio día da patacada, os mesmos protagonistas máis Novo "apuntalaron" tal banco. De todos xeitos o pobre non estaba para moitos trotes. Sen embargo, xa se sabe, se non queres caldo.... Así, o banco chegou a estar ocupado por xente en toda a súa lonxitude. Polo tanto, que sucedese o obvio era cuestión de tempo. Cando sucedeu, moitas risas e poucos lamentos. Incríblemente os restos do banco seguiron ocupados toda a noite.

 

...e a crónica

A xornada comenzaba cedo para un, máis tarde para outros, e máis tarde todavía para outros. Sobre as 19 prantouse Pablo en Illobre co seu vehículo non contaminante. A queima de borralla e de madeiros empezaría un rato despois. Nas dúas horas seguintes, basicamente, nada. Despois foi aparecendo a xente, o máis selecto da sociedade (este apartado ben podería estar na sección do corazón): Señores de Novo xunto con Julia Saavedra e o seu clube de princesitas, as 4 eLes. Non tardaría moito en aparecer Don Primo de Xemelgos, caudillo madrileño. A presencia dos marqueses de Villaverde foi a seguinte da lista. Un rato despois farían acto de presencia (eso sí, polo prado das vacas) o señor Valentín e a súa dona acompañados polo inxeñeiro e artista A. Santos. Parece ser que se non é pola señora Silvia, acabarían nalgunha leira... de Miño. A esas alturas empezouse a meter as patacas en borralla para o seu asado. Tamén tras unha pequena aventura-tour por Illobre apareceron (sorpresa da noite) os primos do caudillo, condes de Olas, os xemecal brothers. O penúltimo en chegar foi o irmanísimo de Julia Saavedra, Don Javier, que tamén tivo os seus problemas para dar coa finca de P.Seoane, sendo "abucheado" por vairos cans polo camiño. Para rematar chegou Angelito que presentaba en sociedade á súa nova acompañante, a mestra Maryem.

Unha vez chegados todos os invitados, a velada transcurríu normalmente, con algúns "incidentes" para elexir reproductor de mp3 e adaptándonos á pouca luz que había. Sobre a unha da madrugada algúns invitados comezaron a abandoar a velada (literalmente velada), para quedar finalmente unha sección formada por Valen, Álex, Silvia, Maryem, Angelito, Novo, Estela, Sergio e Pablo. Sobre as 3 da mañá, nas terras do Cepiño, os últimos invitados despedíanse indo cada un polo seu lado. Será ata o ano que ven (agardemos) na patacada III ou (rebautizada onte) a terceira festa abstemia. 

 

Que pretendía?

Bueno, pois primeiro variar un pouco co que estábamos facendo ultimamente. Como ben titula a noticia, facer algo diferente. En segundo lugar xuntar á xente. Creo que dende fin de ano non veía tantas caras xuntas coñecidas. Decir tamén que somos todos os que estábamos pero non estábamos todos os que somos (tristemente, faltou xente do grupo).

A verdade é que dá gusto ser o responsable dunha cousa así cando sae máis ou menos ben. Creo que o ambiente, sen ser cousa de outro mundo, foi moito mellor que o da primeira patacada. Na terceira patacada hai que intentar superalo, e que a cousa vaia a máis e non a menos. De feito, xa se recibiron propostas como a de cubrir a zona da mesa cun toldo caseiro para evitar a xiada, engadir focos ou facer a patacada máis entrado o verán.

O fin último realmente é que todos pasáramos un rato entretidos. Evidentemente onte todo o mundo me dixo que ben, que todo moi rico e que o pasara ben. É probable que a xente dixera a verdade... ou non. Que como o saberei?   Se para o ano que ven, á altura de Febreiro ou Marzo alguén me pregunta algo así como "oes, Pablo, este ano tes pensado facer esa cousa rara con patacas na leira esa perdida de Betanzos?" saberei que esa persoa non mentíu cando me dixo que a cousa estivera ben, porque aparentemente, quererá repetir. De todos xeitos, espero que agora ninguén mo diga para quedar ben. Ademáis, seguro que o notaría ;-)

Comentarios
Añadir nuevo
valba  - Xa puxen algunha foto SAdministrator | 2007-06-03 22:03:28
Xa puxen as fotos que sacamos coa cámara de Silvia, para o que lle interese.
xpab  - nin 1 triste.... SAdministrator | 2007-06-04 14:33:12
...comentario

En fin a fórmula (patacada+brigantio.com = fracaso) parece unha realidade

En fin, que se podía agardar??
valba SAdministrator | 2007-06-04 14:49:46
Hai q esperar, q a xente está de resaca...
xpab  - menuda resaca SAdministrator | 2007-06-06 08:27:46
Non sei que entendes ti por resaca... , pero creo que xa houbo tempo de recuperación...
fromoza  - ok... go! 212.51.52.xxx | 2007-06-08 09:45:01
muy buena la patacada, solo juntarnos casi todos y charlar ya cumple de sobras, pero ademas las patatillas estaban en su punto!
saludossss
auto promo que acabo de subir:
http://www.youtube.com/watch?v=FYW0v6Px9i8
xpab  - gracias SAdministrator | 2007-06-08 19:07:43
Eu tamén penso que xuntarnos hoxe en día é todo un logro. A ver se no novo evento (deixa que mire...., ah si! "San Xoan!!" volvemos a estar a lo menos gran parte de nós.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >