Caneiros pasados por auga
Escrito por xpab
domingo, 19 de agosto de 2007
Entretidos. Ese foi o adxetivo xeral que se utilizou para definir os Caneiros-18A07 polo grupo de xente que fumos xuntos. Houbos mellores pero dende logo tamén teñen sido moito (moitísimo) peores. Polo menos parece que esta vez todos os que íamos recordaremos o que pasou en todo momento, o que é de agradecer. En xeral había bo ambiente, coma sempre, salvo algún que outro roze (entre a rapazada presente) que non chegou a máis. Coas avispas calmadas -pero non de todo, senón que llo pregunten a Yelina- a única precaución que había que ter era a de non mollarse moito, tanto por fora (o clima non foi moi benigno) como por dentro (ata sobraron cartóns de viño).
Crónica 
A cita era ás 14:00 no campo. A esa hora so estaban os tres "Viveirenses" Javi, Pedro e un colega. Despois foi aparecendo a xente a contagotas. Pablo, Txiki, Juan, Daniela, Novo, Estela, David, Yelina e Iván. Alguén dixo o de "estamos todos?" e ante as respostas afirmativas xa podíamos poñer rumbo ós Caneiros, mentres que VíctorOza quedaba na fonte manchando accidentalmente(?) a Paco Buyo de viño (quizais para atraer a atracción da súa filla), pero esa é outra historia.
O gran ausente nesta caso foi Angelito. Non houbo quen non preguntase polo meticuloso informático, pero el non se dignou a aparecer. Quizais apareza nos seguintes, os que tamén virá (en principio) outro gran ausente, o gran caudillo. Ata o campito de comida nada salientable. Unha vez alí vimos a dantesca imaxe do mítico campito cortado en dous polo paso de tuberías de gas. A gran atracción alí foi un cráneo de cabra (bautizado máis tarde por "La Virgen Santísima" por unha señora que nos cruzamos) que atopamos preto de onde comíamos, que xa nos acompañaría ata os Caneiros, e dende alí a David ata Vigo.
Tras facer todo tipo de actividades lúdicas no campito (tirarnos a rolos, marearnos voluntariamente, etc) puxemos rumbo hacia o campo dos Caneiros, xa sen Javi e cía. Coa xente cada vez máis animada, comezou a volar o calimotxo xa convertido en noximotxo, e as camisetas. De camiño a marcha era guiada por "La Virgen Santísima" espetado nun pau a modo de bandeira. Xa no campo vimos ós de sempre... e máis. Así, Villa's Brother, Seoane Brothers ó completo, Bello, Álex Conse, Tere, Vi, Infante, Ines' family, Víctor Oza (aínda afectado polo de Buyo) and cía., grupiño de Julia (sen Julia), bébedos, bébedas e demáis familia que rogaban unha oración polos que non se querían manchar que pouco lles quedaba de pulcra limpeza. Tamén se deixou ver a fauna política da vila: De la fuente, Pena, Enrique-kike, etc. Tras destrozar todas as camisetas que tiñan á vista, Iván e Yelina marcharon, xa a unha hora "decente" despois de acabar a orquesta. Pouco despois foron Juan e Daniela os que abandoaron o campo, xa coa noite asexando. A partir de aí todo estaba máis oscuro e confuso. Sen embargo seguiuse o guión habitual: discusión política con Quique (ata que veu a súa nai a buscalo), volta a casa cantando o que se nos ocurría, etc. Despois despedida e quedada para ver os fuejos, quizais demasiado cedo para algúns. Moita xente en terra por saturación de buses para Coruña, sinal esta do boa acollida da festa polos Coruños. Bueno, se vos soupo a pouco, para a semana máis.
Non á festa da tortilla 
Seguindo o meu estilo de aproveitar noticias para poñer distintos apartados, informo de que a proposta de Pepe a facerlle unha festa á tortilla de Betanzos non tivo boa acollida no resto de grupos da corporación municipal. Se ben non coñezo os motivos da abstención, en principio a min persoalmente non me parece mala idea. De todos xeitos a festa levarase a cabo cos votos a favor do PP e coas abstencións dos demáis.
O globo aterrou en Papucín de Frades 
... e de paso estregou parte dunha leira de millo. A sorpredida propietaria díxolle ó seu sobriño "Fuches á festa de Betanzos para ver o globo, pero non facía falta porque veu ata a porta de casa". 48 qm. recorreu o aerostato. O do 2006 non chegou a aparecer. 
Comentarios
Añadir nuevo
Jovendemente Registered | 2007-08-20 07:14:43
"48 qm. recorreu o aerostato. O do 2006 non chegou a aparecer."

Menos mal que existe un dispositivo de seguridade que o controla en todo momento. ¿Non estaría de máis poñerlle un GPS ao globiño? Ou unha corda para turrar del e que non lle caia enriba do coche da Marifaraldo cando volve para a sua casa, ou mellor aínda, un sistema de autodestrucción, para que cando lle caia enriba non deixe ningunha proba...
xpab  - como complemento 213.60.183.xxx | 2007-08-20 11:24:14
Decir tamén que a "Pomba Lagoa" cobrou 3000 eurazos. A mín paréceme moooooooooooooooooooooooooooooooo
oooooooooooooooo oooooi excesivo.
Jovendemente Registered | 2007-08-21 15:25:38
Pois miña naiciña dí que ven os gañou, que falou moi ben, que dixo que betanzos era moi bonito, e que ela era de Ferrol, e que había que ter coidado co viño. Coitadiña, que nos importa a débeda escoitando palabras tan fermosas...
xpab  - entón coidadiño.... 80.38.225.xxx | 2007-08-21 17:01:08
Joer pois se ven Anguita hai que ter coidado, porque coa oratoria que ten vai levar todo o presuposto das festas
xpab  - fe de ratas SAdministrator | 2007-08-21 07:11:38
Parece ser que o nome do cráneo cabrío era "La Virgen María" e non "Virgen Santísima". Ademáis decir que as avispas non só "atravesaron" a Yelina, senón que tamén ó seu Iván.
xpab  - ás 14 again?? SAdministrator | 2007-08-21 20:40:51
Volvemos quedar ás 14 este sábado?? A min pareceume unha boa hora...
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >