Inicio
Crónica de Ortigueira. O brigantio virtualmente eliminado.
Escrito por xpab
jueves, 12 de julio de 2007

Seguindo o meu estilo popurrí-noticias das últimas semanas, vou describir un pouco o que pasou en Ortigueira (aínda que non terei fotos porque Sedenka non mas pasou a tempo...) xa que foi moi solicitada, e de paso, vou comentar a debacle do Brigantio en fútbol praia.

Crónica dunha Ortigueira... fugaz

Poucos foron os días que permanecimos en Ortigueira este ano. Os que máis, un par de días. Todo comezou o venres 6. Novo i Estela xa foron para alí pola tarde, para que cando chegáramos Sergio i eu o seu nivel de alcool en sangue compensara co noso para ter unha media entre todos digna de Ortigueira. Polo medio, algúns (bueno, mellor dito "algún") foi a xogar a fútbol praia co Brigantio. A viaxe dende Betanzos a Ortigueira foi tendo unha discusión entre Seoanes, como non podía ser doutra forma no consemanmóbil. Xa coa noite pecha, os catro supervivintes da opción Ortigueira -en principio íamos ser moitos máis- reuníronse para unha noite de xolda. Cos niveis de alcool baixo mínimos na zona de acampada (jovendemente e sedenka acabaron con casi todo) o grupo tiña que decidir: ou quedarse a durmir ou ir de carallada. Sobra decir a opción que se escolleu. Quedaba un cartón de viño, que pedía algo de coca (cola...en Ortigueira é necesario aclarar) para facer o noximocho. Ala foi o grupo de espabilados a comprar 3 latas de coca (cola) por o módico prezo de 6 euros. Xa co combustible, o grupo decidiuse a baixar ata o pobo, ás 3 da mañá cando, evidentemente, non había xa concertos. Sempre a contracorrente, os catro chegaron ata o pobo. A pesar de non quedar concertos "oficiais", había os típicos que cuns tamborciños amenizan a noite nas escaleiras do concello. Alí estivo o grupo un bo rato. Unha vez que se cansou de escoitar ós dos tamborcillos, NoEsPaSe cambiaron de emprazamente e renovaron avituallamento nun 24 horas improvisado. Entón Sergio sacou a petaca (sí, a súa mítica petaca!!!) pero esta vez en forma de botelliña de pisco. Entón fixeron un culín de cubata con pisco (bebida chilena parecida á caña) que o señor Seoane (pero esta vez Sergio Seoane) se baixou case íntegramente. Aínda viría un cubata máis de ron cacique que lles "prestou" un espontáneo a cambio de coca(cola) ó que o señor Seoane (seguimos falando de  S.S.R.) non dubidou en darlle uns bonitos lingotazos. Os demáis tivéronse que conformar co noximocho, porque se intentaban beber das outras bebidas xa sabían o que lles esperaba. Unha vez improvisado o sitio para facer unha especie de botellón, os protagonistas da historia tiveron a boa sorte de atoparse con outro grupo musical calexeiro que se emprazou o suficientemente preto para que puidéramos bailar os seus sensuales ritmos. Entón unha rapariga achegouse... a Estela, durante un rato, ata que nos veu ó resto. Despois de estar un bo rato bailando, o grupo subíu ata a zona de acampada en medio de xente surrealista con comentarios surrealistas. Xa arriba, o grupo foi a durmir... bueno, case todo o grupo. Aínda algúns (digamos señor Seoane, pero esta vez non o do ron ou pisco, o outro) tiveron os folgos de irse a dar un chapuzón, onde había cousas moooi extrañas (o que fan as drojas) como un tío que estaba escribindo na area con letras enormes "madre, porque nos has hecho así?" ante a atenta mirada dun colgao (de P. Seoane non, doutro) máis cheo que S.Seoane. Entón P. Seoane tivo a feliz idea de preguntarlle se era católico e o tío respondeu que se refería á nai terra. P. Seoane tivo o suficiente sentido como para saír dalí pitando. Antes de chegar á tenda, case de día, tivo tempo a ver como unha parella satisfacía os seus desexos sexuais na orilla mentres que el paseaba placidamente a uns metros deles. 

O sábado pola mañá, tras unha poucas horas durmidas, os "veciños" empezaron a utilizar os megáfonos, de moda en Ortigueira nesta edición, para decir perlas como que "quen quera coca que veña por aquí" ou o "o Jose de Touro é un drojadicto", reiteradamente, por se non te enterabas ben á primeira. Polo demáis, a tarde pasou rápido entre sestas e baixar ó pobo, onde o grupo se atopou con Julia e cía., compañeiros de acampada deste ano. E despois en Betanzos na feira medieval, á que xa se adicou Valentín de facerlle unha crónica.

Debacle do Brigantio 

A pesar de ir este ano con moitas ganas, a falta de ambición e a presencia dun par de equipos difíciles no grupo fan que o Brigantio esté xa, con tres partidos transcorridos, virtualmente eliminado. No último partido, no que faltaron Pena, Sera e Bello e con Dani de porteiro, polo menos prantouse cara. O Brigantio fixo quizais o seu mellor partido, e ata se chegou a adiantar no marcador con gol de Argui. Sen embargo ó descanso xa se chegaría con empate a uns. A cousa foi bastante rápido despois, ata chegar a un desalentador 1-6. Finalmente Argui e Juan maquillarían o resultado ata o 3-6 final que deixa ó Brigantio practicamente fora (salvo miragre) da fase final. 

Comentarios
Añadir nuevo
sergio  - un pequeniño detalle Registered | 2007-07-13 06:17:04
Moi boas,

gran cronica de Ortigueira salvo por un pequeno erro que case provoca unha crise de carater diplomático. O pisco é unha bebida Chilena e non Mexicana, polo que por a miña integridade fisica (xa sufrin ameazas por parte do meu compañeiro de traballo), pido unha correción.

P.D.: Esto pode acabar nunha guerra entre Chile e España, así que por favor, non temos tempo....
xpab  - correxido SAdministrator | 2007-07-13 07:25:46
En fin, vaia lapsus ... pois mentres o escribía non tiña dúbidas ningunhas e ademáis xogaríame a vida a que puxen "chilena". En calquera caso, correxida.
valba SAdministrator | 2007-07-13 14:13:22
Xa que estás, podias separar esos parrafos por favor.. que é imposible ler un churro así.
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Hay 1 invitado en línea
Sindicación