Inicio
Dende Amiens ó sentimento Normando
Escrito por xpab
lunes, 18 de febrero de 2008

Cando preguntan cal foi o mellor de facer a viaxe de Betanzos a Amsterdam, atravesando Francia, hai división de opinións. Sen embargo no que solemos estar dacordo (os que fumos) é que o máis impresionante i (poñéndome sensible) espiritual foi a visita a Normandía, en concreto ás súas praias e ceminterios. Puxen a galería como é habitual na zona de viaxes, cunha primeira parte de monumentos e paisaxes e con outra adicada ós viaxantes.

Dálle a "Leer más" se queres ver un pouco o que fixemos por alí.

No ceminterio normando 

Saímos de Holanda rumbo Francia. Tras algún pequeno inconvinte na fronteira, paramos a comer á beira dun río preto de Amiens. Non houbo problema para atopar aloxamento en Amiens. O homiño do hotel tiña unha irmán en Madrid, co cal falaba un correcto castelán. Durmimos os catro por uns 60 euros.

En Amiens ceamos nunha crepería, xa que nuns días xa non estaríamos en Francia e aínda tíñamos que probar moitas cousas.  Saíunos por uns 50 euros. Fumos a tomarlle unha, tendo en conta que ó ser sábado noite quizais houbera algo de ambiente, pero case que non foi así. Polo tanto, antes de que fora demasiado tarde, xa estábamos nas camiñas durmindo.

Decidimos levantarnos cedo ó día seguinte para ir visitar a catedral e que dese tempo a pernoctar en Normandía (Bayeux ou Caen, ainda que ó final nos decidimos polo primeiro). Por esa época do ano xa ía bastante frío por eses lares.

Unha vez de camiño, decidimos parar a comer nunha zona de acantilados espectaculares (Féchamp-Etretal) e de paso estivemos un rato na praia de pedras.

Non tardamos en chegar a Bayeux, onde atopamos un albergue (Family Home) que nos sae a uns 20 euros por cabeza. De noite fumos ata Arromanches, onde aínda se conservan construccións nazis na praia. É bastante impresionante, sobre todo en plena noite e se eres capaz de poñerte no pelexo dos alemáns que nunha noite como na que estábamos nós, estaban a punto de ser sorprendidos por miles de americanos. De volta a Bayeux, non temos mellor idea que cear nun McDonalds. Supoño que tamén é típico de Francia (está chea de estos chiringuitos).

Ó día seguinte (o décimo da viaxe), fumos á praia de Omaha, sen demasiada calma, xa que pola tarde queríamos chegar a St. Michell. Demasiadas cousas que ver e moi pouco tempo. Ás 8 e pico estábamos en marcha de Bayeux a Omaha e chegamos alí pola mañá. Tras un bo rato nun interesante museo, baixamos á praia. Pese a que quizais foi máis impresionante a noite anterior en Arromanches, en Omaha un ten tempo a meditar, porque é enorme para pasear por ela, e polo silencio. Pero bueno, a meditación acaba en seguida cando estando en Omaha beach tes que estar pola tarde en St. Michell (por certo, parte do próximo "capítulo"). Así que un "xa é moi hora" cortou os pensamentos e fixo que o único que quedara na cabeza é un desexo de volver alí, pero para a próxima vez, con máis tempo.

 

Comentarios
Añadir nuevo
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

< Anterior   Siguiente >
Últimos comentarios
Próximos eventos
No hay eventos previstos
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Sindicación