Vida Social
Fiesta
Especial despistados Dous son os temas que abarcaron os pensamentos da xente Brigantio estes días: A celebración do San Xoan e a inscripción do Brigantio en fútbol praia.
Empezarei polo que, en teoría, lle interesa a máis xente: A noite de San Xoan. Finalmente farase (agora sí que sí), se o tempo o permite, na praia de Bastiagueiro. De todos xeitos, existen outras opcións, como o Orzán, a onde parte da xente irá pasar esa enmeigada noite. Centrándonos no de Bastiagueiro, decir que a hora de quedada será sobre as 22:00, pero algúns probablemente non poidan acudir a esa hora. Para levar leña, prestáronse voluntarios Angelito, Yelina e Pablo. En canto ó transporte, parece que Yelina and cía levarán un par de coches, que xunto cos de Angelito e Sergio, deberían chegar para transportar á tropa. Cada un levará o que crea convinte para comer e beber. Se finalmente chove, Sergio ofreceu a súa casa para resgardarnos. Pouco máis, decir que son moitos os confirmados (Sergio, Yelina, Novo, Estela, Angelito, Javi, Pablo....) e moitas tamén as dúbidas (Valen, Silvia, Xeme, Maryem...).
En canto ó de fútbol praia, vai vento en popa. Queda por tratar o tema das camisetas. Da lista dada hai uns días, finalmente é Jota o que se queda fora por molestias nun xeonllo. O venres 22 hai que entregar o papel en Sada nunha reunión que terá lugar ás 20:00 da tarde. O equipo estará formado por (utilizo as posicións de fútbol sala, que non sei se son as correctas):
Porteiro: Argui
Cierres: Dani, Valen, Mauro
Alas: Pablo, Pena, Juan M., Angelito, Alexito
Pivots: Sera, Bello, Moi
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|