Vida Social
Fiesta
EuroPatacada 2008 Pasou a Eurocopa. Pasou a febre vermella. Dende Galicia disfrutamos como os nosos compatriotas Euskeras, Catalás, Canarios, Asturianos e Brasileiros levantaban a copa por ser mellores que outros no xogo nacional. Todos nos sentimos rojos e dimos a gracias a Dios por algo tan transcendente na nosa vida. E alí estaba esta páxina para informar. Para informar dos bos españoles que somos, de la alegría de ver a los príncipes abrazados (uyyy, se me escapa el castellano!), de ver ó Rey campechano celebrar un gol, de ler as noticias das primas multimillonarias e sentilas no noso peto como se foran nosas.... , ou sexa, de todo o que nos encanta ós galegos. Pero o luns había que volver ó choio, ós sueldos de risa, pero co orgullo de ser Español e de alegrarse que uns cantos ricos aínda son máis ricos. Merece a pena dar 200000x25 euros porque España (enteira!, excepto os demonacionalistas) sinta unha tarde de ledicia....
En fin, a min gustoume que gañase, pero creo que me quedei un pouco lonxe de sentirme orgulloso (de que?), de darlle as gracias a Dios, de bañarme nun fonte, de ir pitando co coche polas rúas.....
En fin, despois desta reflexión sen importancia, ía escribir que tal foi a III patacada. No que respecta ó acto culinario, nada fora do normal: patacas duras ó principio que había que reasar, algunha salchicha pasada por brasas tras un mal cálculo ó collela da parrilla, algunha chuchería, etc.
En canto á xente, os de sempre e un pouco máis. George e Patri apuntáronse ós de sempre (bueno, a case todos): Loreto, Lorena, Leire, Laura, Inés, Villa, Angelito, Maryem, XemeS, Javi, Izaro, Alexito, Valen e Pablo. Para o karaoke (ó final houbo karaoke, pero non Operación Fracaso), estivo especialmente activo Jorge, que debutou con éxito neste tipo de actos. E todo o barullo, cante, risas, sen un gramo de alcool, como era de agardar nunha festa organizada por P.Seoane. Hai vídeos que agardemos que algún día vexan a luz, onde case todos mostran as súas dotes de karokeros, en especial os xemes, Leire, Jorge ou Angelito. A pena foi que showman Saavedra non puidera estar ata o momento karaoke (xa preto da 1 da mañá) para poder rememorar a súa época de cantante. Outra vez será. A festa prolongouse ata un par de horas pasada a media noite, mentres durou a batería do xeme-karaoke-portátil.
Nesta noticia sustitúo a habitual galería por esta cutre-montaxe que vos poño a continuación. Como xa dixen, espero que aparezan os vídeos algún día, pero eso denpende do camarada Alexito. Ala, como ben di o vídeo que vos poño ó final, ata a cuarta!
| Comentarios |
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|